Skip to Content

O NOSO COLE

  

 

BENVIDA

CURSO 2020 - 2021

PROXECTO ANUAL

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-22 (LISTAS PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO)

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO NO NOSO COLEXIO.

 

A consulta das listaxes provisionais polas familias só se poderá realizar de forma:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior

do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección

de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de

publicación.

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado

empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e

Timbre. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos

persoais non se considerará válido ningún outro medio electrónico de publicación.

 

DE TODOS XEITOS, QUEREMOS COMUNICARVOS QUE TODOS/AS ALUMNOS/AS QUE SOLICITARON PRAZA NO NOSO CENTRO DISPORÁN DESA PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022 (PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES)

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-22

 

DO 1 AO 22 DE MARZO

 

ACCEDE A TODA A INFORMACIÓN QUE NECESITAS PREMENDO NESTA IMAXE

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022 (CONSIDERACIÓNS PREVIAS)

CONSIDERACIÓNS PREVIAS ANTE A PROXIMIDADE DO PERÍODO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

 

  1. O alumnado que xa está actualmente no centro NON ten que facer ningún trámite para seguir matriculado con nós o vindeiro curso (paso de infantil a primaria tampouco).
  2. O prazo de PRESENTACIÓN DE SOLICITIDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO será do 1 ao 22 de marzo.
  3.  Este ano, debido as especiais condicións que estamos vivindo, non se organizarán “Xornadas de portas abertas”. As familias interesadas en traer aos seus fillos ou fillas ao noso colexio non poderán visitarnos.
  4. Desde hoxe, e durante o período de presentación de solicitudes, teremos publicada na nosa páxina web máis información sobre o funcionamento e as características do noso centro para poder suplir, alomenos en certa medida, esta ausencia física das novas familias.
  5. Tentaremos contestar ás vosas preguntas ou dúbidas en horario lectivo de 9:00 a 14:00 horas.

 

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN TRÍPTICO INFORMATIVO DO CENTRO

(Preme na imaxe)

     

 

 

E UN PEQUENO VÍDEO-PRESENTACIÓN DO NOSO COLEXIO

(Preme na imaxe)

EXPOSICIÓN VIRTUAL "NAZARELOS"

SE QUERES DESFRUTAR DESTA CHULADA!

PREME NA IMAXE

 

CONCURSO ENTROIDO 2021

“UN SOMBREIRO REQUETEARTÍSTICO”

                              

Estimadas familias,

             Queremos invitarvos e animarvos a participar neste Gran Concurso,

       co que pretendemos celebrar o Entroido, dentro das múltiples restricións

       que nos impón a máis que coñecida pandemia.

             Trátase de elaborar un sombreiro requeteartístico que podedes

       facer por completo ou ben usar un feito como base, engadíndolle todo

       aquelo ca vosa imaxinación considere oportuno e que estea relacionado

       co tema que estamos a traballar este curso: A Arte. Podédevos inspirar

       polo tanto en obras de pintores, escultores, arquitectos...

             Valorarase especialmente a participación dos nenos e nenas, aínda

       que haxa colaboración de toda a familia.

 

             Haberá 4 premiosUn para E. Infantil, e tres para E. Primaria, un

       por cada ciclo (1º e 2º; 3º e 4º; 5º e 6º).

 

             O alumnado que queira participar deberá presentarse no colexio

coa súa obra o vindeiro xoves 11 de febreiro de 2021.

 

       Graciñas de antemán pola vosa participación, que agardamos con

enorme curiosidade.

 

                                GAÑADORAS COS SEUS AGASALLOS

 

 

DETALLE SOMBREIROS

    

    

OBRADOIRO DE ROBÓTICA 5º e 6º

Para información sobre o obradoiro de robótica preme na imaxe

INFORMACIÓN CENTRO ADSCRITO MARÍA SOLIÑO

Informamos que por mor da pandemia, este ano non se realizarán as charlas informativas para as familias-alumnado co profesorado do centro adscrito ao noso colexio (IES María Soliño) como viña sendo habitual en cursos pasados.

De todos xeitos, coa intención de que coñezades mellor este instituto deixáronnos esta información para que a consultedes.

(PREMEDE NAS IMAXES)

           

 

PLANO ENTRADAS E SAÍDAS CURSO 2020-21

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut