Skip to Content

SAMAÍN 2021: PREVIO

SAMAÍN 2021

Ante a próxima chegada do Samaín, retomamos un vídeo para achegarvos

ás orixes e características desta antiga celebración.

Fai clic na imaxe e mergúllate na maxia do Samaín!

PLANO ENTRADAS E SAÍDAS CURSO 2021-22

 

 

OBRAS-FAMILIAS REQUETEARTÍSTICAS 2

Ola, familias!

Aquí tedes un pequeno vídeo con todas as obras que participaron na mostra "Familias requeteartísticas". Agardamos que gocedes con elas tanto coma nós. Graciñas de novo a tódolos que participáchedes.

 

OBRAS-FAMILIAS REQUETEARTÍSTICAS 1

Estimadas familias requeteartísticas:

Non queremos rematar este curso sen disfrutar dunha nova expresión da vosa arte, que podedes plasmar na realización desta especial tarefa.

Trátase de facer unha interpretación persoal e familiar dun cadro famoso, de calquer estilo e xénero. Podedes utilizar libremente tamén a técnica e materiais (fotografía, collage, pintura, debuxo, fotografía e pintura, debuxo e collage…).

- Tamaño: A4, indicando por detrás autor/es e título no que se basea, así como os vosos nomes.

- Prazo de presentación: ata o venres 4 de xuño.

- Lugar de entrega: podedes facernos chegar as vosas obras maestras a través das titoras.

Dádelle renda solta á vosa creatividade! Queremos facer unha exposición das vosas obras mestras ata o final de curso.

Aquí tedes algúns espectaculares exemplos:

Autorretrato de Van Gogh

 

Ofelia de John Everett Millais

 

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

 

EXPOSICIÓN VIRTUAL "NAZARELOS"

SE QUERES DESFRUTAR DESTA CHULADA!

PREME NA IMAXE

 

CONCURSO ENTROIDO 2021

“UN SOMBREIRO REQUETEARTÍSTICO”

                              

Estimadas familias,

             Queremos invitarvos e animarvos a participar neste Gran Concurso,

       co que pretendemos celebrar o Entroido, dentro das múltiples restricións

       que nos impón a máis que coñecida pandemia.

             Trátase de elaborar un sombreiro requeteartístico que podedes

       facer por completo ou ben usar un feito como base, engadíndolle todo

       aquelo ca vosa imaxinación considere oportuno e que estea relacionado

       co tema que estamos a traballar este curso: A Arte. Podédevos inspirar

       polo tanto en obras de pintores, escultores, arquitectos...

             Valorarase especialmente a participación dos nenos e nenas, aínda

       que haxa colaboración de toda a familia.

 

             Haberá 4 premiosUn para E. Infantil, e tres para E. Primaria, un

       por cada ciclo (1º e 2º; 3º e 4º; 5º e 6º).

 

             O alumnado que queira participar deberá presentarse no colexio

coa súa obra o vindeiro xoves 11 de febreiro de 2021.

 

       Graciñas de antemán pola vosa participación, que agardamos con

enorme curiosidade.

 

                                GAÑADORAS COS SEUS AGASALLOS

 

 

DETALLE SOMBREIROS

    

    

OBRADOIRO DE ROBÓTICA 5º e 6º

Para información sobre o obradoiro de robótica preme na imaxe

INFORMACIÓN CENTRO ADSCRITO MARÍA SOLIÑO

Informamos que por mor da pandemia, este ano non se realizarán as charlas informativas para as familias-alumnado co profesorado do centro adscrito ao noso colexio (IES María Soliño) como viña sendo habitual en cursos pasados.

De todos xeitos, coa intención de que coñezades mellor este instituto deixáronnos esta información para que a consultedes.

(PREMEDE NAS IMAXES)

           

 

PRESENTACIÓN DA NOVA BIBLIOTECA

OLA TRASNIÑ@S E FAMILIAS:

DESPOIS DE VARIOS ANOS VIVINDO NA MIÑA ÁRBORE, PÚXOSE MALIÑA.

PRECISABA UN NOVO FOGAR…

ASÍ QUE APROVEITAMOS PARA REFORMAR TOOOOODA A BIBLIOTECA.

FOI UN TRABALLO LONGO, ENTRETIDO E DURO, PERO MERECEU A PENA.

NESTE VÍDEO PODEDES VER O CAMBIO QUE LEVOU.

QUERO DAR AS GRAZAS A TODAS AS PEROAS QUE AXUDARON A QUE FORA POSIBLE!

(FACEDE CLIC NA IMAXE)

SAÍDAS DOS/AS NENOS/AS: HISTORIA SOCIAL CON PICTOGRAMAS

O NOSO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN QUERE FACERSE ECO DESTAS MENSAXES DO CENTRO ARAGONÉS PARA A COMUNICACIÓN AUMENTATIVA E ALTERNATIVA (ARASAAC)  E FACERVOS CHEGAR AS FAMILIAS ESTAS RECOMENDACIÓNS PARA SAÍR DA CASA A PARTIR DO 26 DE ABRIL

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido



by Dr. Radut