Skip to Content

COMPLEMENTARIAS

23 DE ABRIL DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2024

O pasado mércores celebramos o Día do Libro cunha saída ao entorno natural de Punta Balea.

Nesta completa xornada:

1.Realizamos unha bonita andaina ata a zona elixida.

2.Gozamos dunha “xornada ao aire libro” na que o alumnado padriño e afillado compartiu lectura en parella

3.Coa intención de concenciar da importancia de deixar mellor do que o atopamos o marabilloso entorno natural que nos é común, rematamos cunha limpeza da praia na que estivemos

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2024

8 DE MARZO

DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES

 

QUE MELLOR XEITO DE CELEBRAR O DÍA DA MULLER HOMENAXEANDO AS MÁIS CERCANAS A NÓS!

PROXECTO: RECUPERANDO A HISTORIA DAS MIÑAS VECIÑAS

 Dende a Concellería de Benestar, Igualdade, Ensino e Muller do Concello de Cangas, organizaron a terceira parte do proxecto iniciado no 2021 para desenvolver  co  alumnado dos centros educativos de Cangas.

O programa ten como finalidade a sensibilización e a concienciación sobre o papel das mulleres dirixida a promover cambio de valores no ámbito educativo e na sociedade.

 A proposta foi dirixida aos centros educativos no mes de marzo na que se propuxo que o alumnado traballara sobre unha ou dúas mulleres, ou sobre colectivos de mulleres que naceran en Cangas ou que desenvolveran o seu traballo en Cangas.

Cada centro tiña que escoller sobre que mulleres do noso pasado histórico ou mulleres contemporáneas ían a realizar o seu traballo de divulgación. A finalidade é que cada centro dera a coñecer e investigara sobre mulleres que tiveran algún tipo de relación co seu centro ou do lugar onde está situado o centro para ampliar as nosas referentes.

 Co traballo realizado cos Centros Educativos que participaron no proxecto: Ceip de O Hío, CEIP Nazaret, Colexio Compañía de María, Ceip Espiñeira e Ies Montecarrasco realizáronse lonas para expoñer na rúa os seus traballos ao resto da veciñanza ao igual que se realizaron marca páxinas para distribuír nas bibliotecas e nas librarías.

As Mulleres seleccionadas nesta terceira edición foron: Maruxa Barrio, Marisa Núñez, Sandra Bastón, As Redeiras, María Teresa Miniño e Sonia Cordeiro. (Se queredes ampliar o texto facede clic na imaxe)

                             

                                   

                                  

                                                     

                              

                               Exposición “Recuperando a Historia das Miñas Veciñas III”.

                                           Concello de Cangas. Do 1 ao 11 de marzo.

                          Bibliotecas de Aldán, Hio, Coiro e Darbo. Do 11 marzo ao 9 de abril.

     Esta exposición está elaborada cos traballos feitos en marzo de 2023 polo alumnado dos Centros Educativos:

           Ceip Espiñeira, Colexio Compañía de María, Ceip O Hío, Ies Montecarrasco, CEIP Nazaret (alumnado de 3ºA do curso 2022-23).

 

ENTROIDO 2024

ENTROIDO 2024

UNHA FLORA

MOI COLORIDA

 

 

 

DETALLES DO DESFILE POLA VILA

 

 

 


 

 

 

 

DETALLES DAS COPLAS NO COLE

 

 

 

SAMAÍN 2023

XA CHEGA O SAMAÍN!

Apunte histórico.

A palabra Samaín provén do celta Samhain, que en gaélico significa ‘fin do verán’. E é precisamente na época de transición entre o verán e o inverno, que marcaba o fin das colleitas, cando se celebraba o Samhain nas antigas comunidades celtas de Europa, en especial en Irlanda, pero tamén en Galicia. Esta festividade sinalaba o inicio do aninovo dos celtas e da estación escura, pois eles dividían o ano en dúas estacións: a luminosa ou clara (verán) e a escura (inverno)

Durante a noite do Samaín honrábase aos devanceiros e críase que a fronteira que separa o mundo dos vivos e o dos mortos estreitábase, polo que era moito máis fácil que os defuntos (tanto bos como malos) traspasásena e regresasen aos seus fogares. Tamén podían cruzar ao noso mundo outras criaturas máxicas como as fadas e os trasgos. Facíanse diversos rituais e acendíanse fogueiras para guiar aos espíritos bos e escorrentar aos malos.

 

TÚNEL DO TERROR

Acabamos de recibir estas espectrais imaxes do interior do túnel do terror...

Se sodes valentes facede clic enriba dos vídeos

 1    2    3

 

 

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

    

    

    

    

    

    

    

    

    

  GAÑADORES DO CONCURSO:

          CICLO DE INFANTIL

         

         GAÑADOR - MATEO 5º EDUC INFANTIL

         

 

 

        1º CICLO DE PRIMARIA

        

 

        GAÑADOR - TIAGO 2ºB

        

 

         2º CICLO DE PRIMARIA

        

 

        GAÑADOR - MATEO 3ºA

        

 

         3º CICLO DE PRIMARIA

        

 

         GAÑADOR - JANI 5ºA

        

    

    

     GAÑADORES

    

MAIOS 2023

OS MAIOS

“Os Maios” é o nome dunha festa galega coa que damos a benvida á primavera, na que celebramos o esplendor da natureza e despedimos o inverno.

É unha celebración ancestral que ten lugar para festexar a eclosión do mundo vexetal. As súas orixes remontanse ás civilizacións prerromanas. Ter unha boa colleita era fundamental para conservar o alimento anual. Por iso se celebran no momento da eclosión da primavera, non cando se inicia. Adóitanse celebrar arredor do 1 de maio.

Na súa manifestación máis habitual, a festa consiste en relizar diversas representacións, bailes e cantos (coplas) arredor dunha escultura vexetal chamada “maio”. O maio pódese manifestar de diferentes formas: a árbore do maio, os maios humanos, os figurados e os artísticos. A forma máis estendida na nosa provincia son os maios figurativos: «estruturas cónicas ou piramidais que se adornan con motivos vexetais».

 

AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS E VÍDEOS DA NOSA CELEBRACIÓN NO COLE

 

  

  

 

FOTO E COPLA DE 1ºA E 1ºB

  

FOTO E COPLA 2ºA E 6ºB

  

 

FOTO E COPLA 2ºB E 6ºA

  

 

FOTO E COPLA 3ºA

  

 

FOTO E COPLA 3ºB

  

 

FOTO E COPLA 4ºA

  

 

FOTO E COPLA 4ºB

  

 

FOTO E COPLA 5ºA

  

 

FOTO E COPLA 5ºB

  

 

PATIOS MELLORADOS

ROCÓDROMO ESPACIAL

QUE CHULADA DE MURAL!

MOITÍSIMAS GRACIAS AOS QUE O FIXERON POSIBLE.

E A ALGUÉN EN ESPECIAL!

ENTROIDO 2023 DESFILE

DESIFLE

BAIXO O TEMA DO PROXECTO ANUAL

"CANGAS"

ENCHEMOS DE COR AS RÚAS DA VILA

(PREME NAS IMAXES SE QUERES VER AS ESTUPENDAS FOTOS)

 

             EN GRUPO                             EN MARCHA                           EN DETALLE

                           

 

ENTROIDO 2023 ORDES DA SEMANA

 

ORDES DO MECO

 

O rei do Entroido son

Meco danme en chamar

obedece as miñas ordes

se ben o queres pasar.

 

O Entroido vai comezar

 e dor de cabeza nos vai dar

 O LUNS para a dor espantar

 algo na cabeza traerás.

 

Igual que as ovellas ao redil

 O MARTES trae da casa un mandil.

 

O MÉRCORES para seguir xogando

virás cunha gravata adornando.

 

O gran día chegará

e o XOVES todo o cole

por Cangas desfilará.

 

O VENRES para rematar

 co teu disfrace favorito virás.

SAMAÍN 2022 CONCURSO DE CABAZAS

CABAZAS GAÑADORAS DO CONCURSO

PREME NA IMAXE E DESCUBRIRAS UN DIVERTIDO GIF ANIMADO COA FUSIÓN ENTRE CABAZA E AUTOR/A

 

EDUCACIÓN INFANTIL

 

1º CICLO DE PRIMARIA

2º CICLO DE PRIMARIA

3º CICLO DE PRIMARIA

SAMAÍN 2022 EXPOSICIÓN DE CABAZAS

MIRADE QUE MARABILLOSA PARTICIPACIÓN

ARTISTAZOS E ARTISTAZAS!!!

 

 

 NORABOA FAMILIAS!!!

Distribuir contido



by Dr. Radut