Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2024

8 DE MARZO

DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES

 

QUE MELLOR XEITO DE CELEBRAR O DÍA DA MULLER HOMENAXEANDO AS MÁIS CERCANAS A NÓS!

PROXECTO: RECUPERANDO A HISTORIA DAS MIÑAS VECIÑAS

 Dende a Concellería de Benestar, Igualdade, Ensino e Muller do Concello de Cangas, organizaron a terceira parte do proxecto iniciado no 2021 para desenvolver  co  alumnado dos centros educativos de Cangas.

O programa ten como finalidade a sensibilización e a concienciación sobre o papel das mulleres dirixida a promover cambio de valores no ámbito educativo e na sociedade.

 A proposta foi dirixida aos centros educativos no mes de marzo na que se propuxo que o alumnado traballara sobre unha ou dúas mulleres, ou sobre colectivos de mulleres que naceran en Cangas ou que desenvolveran o seu traballo en Cangas.

Cada centro tiña que escoller sobre que mulleres do noso pasado histórico ou mulleres contemporáneas ían a realizar o seu traballo de divulgación. A finalidade é que cada centro dera a coñecer e investigara sobre mulleres que tiveran algún tipo de relación co seu centro ou do lugar onde está situado o centro para ampliar as nosas referentes.

 Co traballo realizado cos Centros Educativos que participaron no proxecto: Ceip de O Hío, CEIP Nazaret, Colexio Compañía de María, Ceip Espiñeira e Ies Montecarrasco realizáronse lonas para expoñer na rúa os seus traballos ao resto da veciñanza ao igual que se realizaron marca páxinas para distribuír nas bibliotecas e nas librarías.

As Mulleres seleccionadas nesta terceira edición foron: Maruxa Barrio, Marisa Núñez, Sandra Bastón, As Redeiras, María Teresa Miniño e Sonia Cordeiro. (Se queredes ampliar o texto facede clic na imaxe)

                             

                                   

                                  

                                                     

                              

                               Exposición “Recuperando a Historia das Miñas Veciñas III”.

                                           Concello de Cangas. Do 1 ao 11 de marzo.

                          Bibliotecas de Aldán, Hio, Coiro e Darbo. Do 11 marzo ao 9 de abril.

     Esta exposición está elaborada cos traballos feitos en marzo de 2023 polo alumnado dos Centros Educativos:

           Ceip Espiñeira, Colexio Compañía de María, Ceip O Hío, Ies Montecarrasco, CEIP Nazaret (alumnado de 3ºA do curso 2022-23).

 



story | by Dr. Radut