Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025

NORMA

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia 20.05.2024).

 

DESTINATARIOS

- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º
e 4º da ESO.
En todos estes cursos manteranse os libros de texto do curso escolar 2023/2024.

- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación
especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional
primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específcas de
apoio educatio –EAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude.

- Axudas para adquirir material esiolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.


- O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no
proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2024/25 está excluído da partcipación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. –on obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN

Ademais da presentación de forma presencial no centro, os cidadáns poderán realizar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación Fondolibros. Unha vez que teñan cubertos todos os datos, poderán gardala e obter o número de solicitude. Posteriormente, disporán das seguintes formas de presentación:

1. No centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro
(debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación). 

2. Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia:

En ambos casos, o centro deberá comprobar e completar os datos da solicitude e a documentación presentada e, de ser o caso, proceder á súa validación para continuar coa tramitación.

 

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

- ANEXO I (solicitude) debidamente cuberto.
- ANEXO II para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.
Se a persoa solicitante (Anexo I) e/ou os membros computables (Anexo II)
se opoñen a esta consulta, deberán
indicalo no cadro correspondente, ademais de achegar os documentos xustificativos.
DNI ou NIE
Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia
Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de
pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou
inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%)
Declaración do imposto sobre as persoas físicas ou, a falta desta, o certificado de imputacións de renda do
exercicio 2022. Será necesario o consentimento expreso. No caso de non autorizar a consulta deberán achegar
os documentos xustificativos.
DOCUMENTACIÓN:
Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio
regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
Excepcionalmente, cando a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo
4.1 da orde ou non sexa posible acreditar a súa composición polos medios anteriores, poderase
xustificar o número de membros computables utlizando algún dos seguintes medios:
1º. Certfcado ou volante de convivencia.
2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a
familia.
a) Certfcado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non
pertenza á Xunta de Galicia.
b) Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artgo 5 da Lei 11/2007, do 27
de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
c) Resolución xudicial de curatela representativa ou de patria potestade prorrogada ou rehabilitada
mentres non se produza a revisión desta medida. No caso que corresponda.
d) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro
de menores para o
alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
e) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano
equivalente do concello onde resida a familia,
óo iaso de que o pai e a nai ou o titor/titores carezan de
DNI e NIE
.
En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a
situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2022, agás cando unha sentenza de separación
ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, nos casos de
violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específca, e nos casos de falecemento
dalgunha das persoas proxenitoras.

 



story | by Dr. Radut