Skip to Content

Notas informativas e documentos

DOCUMENTO ENTREGA/RECOLLIDA ALUMNADO EN HORARIO LECTIVO

AQUÍ TEDES O DOCUMENTO QUE VOS ENTREGA O CONSERXE  E QUE DEBEDES CUBRIR CANDO RECOLLEDES OU DEIXADES A/AO VOSA/O FILLA/O NO COLEXIO FÓRA DAS HORAS DE ENTRADA OU SAÍDA HABITUAL.

CON ESTE IMPRESO XUSTIFICADES A SÚA AUSENCIA E FACILITADES A LABOR DO/A TITOR/A NO REXISTRO DAS FALTAS.

PREMEDE NA IMAXE ONDE VOS DEIXAMOS UN MODELO AUTOEDITABLE PARA QUE O POIDADES CUBRIR, IMPRIMIR E TRAER XA PREPARADO DA CASA.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025

NORMA

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia 20.05.2024).

 

DESTINATARIOS

- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º
e 4º da ESO.
En todos estes cursos manteranse os libros de texto do curso escolar 2023/2024.

- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación
especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional
primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específcas de
apoio educatio –EAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude.

- Axudas para adquirir material esiolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.


- O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no
proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2024/25 está excluído da partcipación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. –on obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN

Ademais da presentación de forma presencial no centro, os cidadáns poderán realizar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación Fondolibros. Unha vez que teñan cubertos todos os datos, poderán gardala e obter o número de solicitude. Posteriormente, disporán das seguintes formas de presentación:

1. No centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro
(debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación). 

2. Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia:

En ambos casos, o centro deberá comprobar e completar os datos da solicitude e a documentación presentada e, de ser o caso, proceder á súa validación para continuar coa tramitación.

 

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

- ANEXO I (solicitude) debidamente cuberto.
- ANEXO II para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.
Se a persoa solicitante (Anexo I) e/ou os membros computables (Anexo II)
se opoñen a esta consulta, deberán
indicalo no cadro correspondente, ademais de achegar os documentos xustificativos.
DNI ou NIE
Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia
Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de
pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou
inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%)
Declaración do imposto sobre as persoas físicas ou, a falta desta, o certificado de imputacións de renda do
exercicio 2022. Será necesario o consentimento expreso. No caso de non autorizar a consulta deberán achegar
os documentos xustificativos.
DOCUMENTACIÓN:
Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio
regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
Excepcionalmente, cando a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo
4.1 da orde ou non sexa posible acreditar a súa composición polos medios anteriores, poderase
xustificar o número de membros computables utlizando algún dos seguintes medios:
1º. Certfcado ou volante de convivencia.
2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a
familia.
a) Certfcado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non
pertenza á Xunta de Galicia.
b) Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artgo 5 da Lei 11/2007, do 27
de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
c) Resolución xudicial de curatela representativa ou de patria potestade prorrogada ou rehabilitada
mentres non se produza a revisión desta medida. No caso que corresponda.
d) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro
de menores para o
alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
e) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano
equivalente do concello onde resida a familia,
óo iaso de que o pai e a nai ou o titor/titores carezan de
DNI e NIE
.
En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a
situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2022, agás cando unha sentenza de separación
ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, nos casos de
violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específca, e nos casos de falecemento
dalgunha das persoas proxenitoras.

 

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS AO CONSELLO ESCOLAR.

CONVOCATORIA


De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección
Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización
de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos
con fondos públicos
, pola que se establece o calendario para a celebración de elleccións de membros
dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30 de setembro), a
XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación
vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar
, SECTOR DE PAIS E NAIS DE
ALUMNOS/AS
, segundo as seguintes normas:


1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado
conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro
(DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 2
pais/nais, dun total de cinco
que debe ter o Consello Escolar. Dous representantes de pais/nais continúan como consecuencia
da súa elección anterior no ano 2020. O quinto representante é proposto pola ANPA.


2. Son electores/as todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no
Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día 10 de novembro está exposto no
taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado
dirixido á Xunta Electoral, ata as 14:00 horas do día 17 de novembro.


3. Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial
segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser
presentadas desde o día 11 ata as 14:00 horas do día 18 de novembro


4. O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se
presenten como candidatos, o día 21 de novembro, ás 14:05 horas. Dita mesa electoral estará
composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais,
actuando de secretario o de menor idade.


5. A campaña electoral comprenderá dende o 24 ao 28 de novembro, ambos días inclusive. As
dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao
presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento
educativo do Colexio. O día 28 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer
campaña electoral.


6. Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados
no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos
pola firma de 10 electores.


7. As votacións realizaranse neste Colexio Público o
día 29 de novembro, de 9:00 a 9:30h. e de
13:30 a 14:30hs
. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 08:50 h.


8. Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo
de 1 nome dos candidatos
presentados, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou
documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.


9. Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor/a legal dos alumnos.


10. Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado,
levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.


11. A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

 

Cangas 10 de novembro de 2022

Distribuir contido



by Dr. Radut