Skip to Content

Comedor

MENÚS MENSUAIS DO COMEDOR ESCOLAR

MENÚS DE MAIO

 

 

MENÚS DE ABRIL

 

MENÚS DE MARZO

 

MENÚS DE FEBREIRO

 

MENÚS DE XANEIRO

 

MENÚS DE DECEMBRO

 

MENÚS DE OUTUBRO 2023

 

MENÚS DE SETEMBRO 2023

 

COMEDOR ESCOLAR: CAMBIO DE EMPRESA ENCARGADA

Poñemos en coñecemento das familias do noso centro que cambia a empresa encargada do comedor escolar . O proceso de cambio implicará os seguintes pasos:

  1. A partires do 16 de outubro de 2023 e durante o resto do curso 2023-2024 e o curso 2024-2025, a empresa Alimentación Saludable Gallega S.L. será a encargada dos comedores escolares.
  2. Durante o mes de outubro o servizo seguirá a prestarse según a inscrición realizada ao inicio do curso
  3. Para poder seguir usando o servizo de comedor escolar en novembro, as persoas usuarias deberanse dar de alta no servizo de Alimentación Saludable Gallega S.L., antes do 27 de outubro de 2023. Esta alta realizarase a través da APP Colechef. Nos arquivos adxuntos podedes atopar manuais e indicacións de como darse de alta (fai clic nas imaxes). Para calquera dúbida ou ampliación de información podedes dirixirvos ao teléfono 630363844, ou ao email info@alimentacionsaludablegallega.net . Este sistema de altas seguirá funcionando durante o resto de curso escolar.
  4. O prezo do comedor a partires do 16 de outubro será de 3,79 €

 

 

COMEDOR ESCOLAR INICIO CURSO 23-24 (EMPRESA CALIDUS)

INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR CEIP NAZARET

A empresa CALIDUS CATERING SERVICES S.L. será a encargada dos comedores escolares xestionados polo Concello de Cangas durante o curso 2023/24.

Os comedores escolares iniciarán a súa actividade o luns 11 de setembro.

A alta no servizo realizarase a través da correspondente ficha de inscrición-autorización de domiciliación bancaria que podedes recoller no colexio ou descargala no arquivo adxunto 1. Para os/as alumnos/as que queiran empezar o 11 de setembro o prazo de inscrición remata o 8 de setembro.

O prezo do comedor é de 3,85 € menú/día. 

 

O horario do comedor será de 14:00 a 16:00 horas. O horario de recollida dos/as nenos/as será entre as 15:30 e as 16:00 h. Prégase respectar os horarios e puntualidade.

 

Cando a persoa que recolla o/a neno/a non sexa a autorizada, deberá presentar un documento que acredite a autorización correspondente. Este documento deberán presentalo tamén as familias que autoricen aos nenos/nenas a irse sós/soas para casa. (Arquivo adxunto 2)

 

Os teléfonos de información e contacto son 699398490 (tamén a través de WhastApp) ou  986603693.

E-mail: cocinacentral.calidus@gmail.com.

 

1.FICHA DE INSCRICIÓN E AUTORIZACIÓN DE DOMICILIACIÓN BANCARIA

2.AUTORIZACIÓN PARA RECOLLIDA DO ALUMNADO DO COMEDOR

 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-24

DESDE A CONCELLERÍA DE ENSINO, BENESTAR, MULLER E IGUALDADE INFÓRMANNOS QUE XA ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS PARA O COMEDOR ESCOLAR DO VINDEIRO CURSO 2023-24. Período de presentación de solicitudes do 1 ao 25 de agosto.

ESTAS AXUDAS QUE CONCEDE O CONCELLO ACÓLLENSE ÁS SEGUINTES BASES REGULADORAS:

Bases reguladoras para a concesión de axudas de comedor escolar 23-24

PARA OS/AS INTERESADOS/AS EN SOLICITAR ESTAS AXUDAS, ACHEGÁMOSVOS O MODELO DE SOLICITUDE QUE TEREDES QUE PRESENTAR NO REXISTRO MUNICIPAL DO CONCELLO DE CANGAS, XUNTO COA DOCUMENTACIÓN REQUERIDA.

ANEXO I Solicitude axuda comedor escolar 23-24

 

Para máis información podedes dirixirvos ao Centro Municipal de Benestar Social, Rúa Andalucía 3 baixo, ou ao correo electrónico benestarsocial@cangas.gal

 

Distribuir contido



by Dr. Radut