Skip to Content

COMEDOR ESCOLAR INICIO CURSO 23-24 (EMPRESA CALIDUS)

INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR CEIP NAZARET

A empresa CALIDUS CATERING SERVICES S.L. será a encargada dos comedores escolares xestionados polo Concello de Cangas durante o curso 2023/24.

Os comedores escolares iniciarán a súa actividade o luns 11 de setembro.

A alta no servizo realizarase a través da correspondente ficha de inscrición-autorización de domiciliación bancaria que podedes recoller no colexio ou descargala no arquivo adxunto 1. Para os/as alumnos/as que queiran empezar o 11 de setembro o prazo de inscrición remata o 8 de setembro.

O prezo do comedor é de 3,85 € menú/día. 

 

O horario do comedor será de 14:00 a 16:00 horas. O horario de recollida dos/as nenos/as será entre as 15:30 e as 16:00 h. Prégase respectar os horarios e puntualidade.

 

Cando a persoa que recolla o/a neno/a non sexa a autorizada, deberá presentar un documento que acredite a autorización correspondente. Este documento deberán presentalo tamén as familias que autoricen aos nenos/nenas a irse sós/soas para casa. (Arquivo adxunto 2)

 

Os teléfonos de información e contacto son 699398490 (tamén a través de WhastApp) ou  986603693.

E-mail: cocinacentral.calidus@gmail.com.

 

1.FICHA DE INSCRICIÓN E AUTORIZACIÓN DE DOMICILIACIÓN BANCARIA

2.AUTORIZACIÓN PARA RECOLLIDA DO ALUMNADO DO COMEDOR

 

AdxuntoTamaño
FICHA INSCRICIÓN COMEDOR ACTUALIZADA CEIP NAZARET CURSO 23-24_1.pdf238.68 KB
AUTORIZACIÓN PARA RECOLLIDA DO ALUMNADO DO COMEDOR.pdf20.14 KB



story | by Dr. Radut