Skip to Content

Educación Física

SUPERATLETA GALEGA

ORGULLO GALEGO

Como estamos a tratar o Atletismo, e en Galicia temos a unha MULLER  das MELLORES atletas do MUNDO no triple salto, Campiona do mundo Sub-20, e actual Capiona de Europa en pista cuberta.

Se o mesturamos todo con esta semana na que imos celebrar as Letras Galegas, pois podemos ter algo tan bonito como isto.

PROPOSTA DE TRABALLO SEMANA DO 11 AO 17 DE MAIO: A OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA

ESTA SEMANA INTERÉSANOS RETOMAR UN XOGO QUE XA VOS PROPUXEMOS NOS PRIMEIROS DÍAS NOS QUE SE SUSPENDERON AS CLASES…

O XOGO DA OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA

AGORA QUEREMOS QUE SEXADES VÓS OS QUE ELABOREDES O XOGO POR COMPLETO:

TANTO O DEBUXO DO TABOLEIRO,

COMO AS DISTINTAS PROBAS QUE HABERÁ QUE REALIZAR AO CAER EN CADA RECADRO

(Achegamos vídeo explicativo que podedes tomar como referencia)

 

SEGURO QUE SAEN TABOLEIROS MOI CHULOS E EXERCICIOS MOI VARIADOS!!!

VEÑA, MANS Á OBRA E A DIVERTIRSE!!!

TEDES TODA A SEMANA!!!

 

PARA PODER FACER UN PEQUENO MURAL AO REMATE DA SEMANA, E QUE OS/AS COMPAÑEIROS/AS VEXAN O ARTISTAS QUE SODES E CANTO EXERCICIO FÍSICO FACEDES…

ENVIÁDENOS FOTOS OU PEQUENOS VÍDEOS AO CORREO ELECTRÓNICO DOS PROFES DE EDUCACIÓN FÍSICA.

PROPOSTA DE TRABALLO SEMANA DO 11 AO 17 DE MAIO: VÍDEO EXERCICIO AERÓBICO

XA QUE A SEMANA PASADA NON O PROPUXEMOS E HOUBO SOLICITUDES...

AQUÍ VOS DEIXAMOS OUTRO VÍDEO DE EXERCICIO AERÓBICO

 RECORDADE…

 Aínda que esta proposta está máis orientada aos niveis de 4º, 5º e 6º,

coas adaptación necesarias podedes realizala tamén de xeito lúdico os máis cativos.

TEDE EN CONTA TAMÉN QUE:

  • Necesitades un pouco de espazo para facer a actividade con comodidade
  • É convinte hidratarse antes, durante e despois do exercicio.
  • É a segunda rutina deste tipo que enviamos… tede paciencia se non vos sae todo á primeira, podedes repetila varios días á semana.
  • Podedes regular vós mesmos a intensidade, o número de repeticións e o tempo de cada exercicio (ánimo que o conseguides!!!)
  • Sempre será máis entretido se convencedes a alguén da casa para que faga  a rutina con vós.

PERO SOBRE TODO NON VOS ESQUEZADES DO MÁIS IMPORTANTE…

MOVERSE  APRENDER  E  DIVERTIRSE

Vídeo obtido de youtube: canal Siéntete Joven

PROPOSTA DE TRABALLO SEMANA DO 11 AO 17 DE MAIO: Atletismo II, velocidade e vallas

Ola unha semana máis,

Nesta semana seguimos coa proposta de Atletismo, desta vez coas disciplinas de velocidade e vallas.

Algúns dos compañeiros/as estanos a facer chegar vídeos ou fotos facendo algunha das actividades que propoñemos, pouco a pouco iremos subíndoas ao blog.

Para as sesións desta semana, iniciade cunha carreira suave, se pode ser en compañía dalgún familiar da casa mellor, (irmán, papá, mamá... ) e despois os estiramentos e movilidade articular da semana pasada.

Para a mellora da carreira hai moitos exercicios, estes que propón Paloma, son moi básicos. Ao final do vídeo hai sorpresa.

Ánimo

Para o traballo da coordinación e velocidade, podedes facer algúns de estes exercicios moi sinxelos. Soamente tedes que marcar unhas liñas no chan.

Estes xa son mais difíciles wink, pero de seguro que os sodes capaces de facer, Non fai falla ter unha escaleira, podemos utilizar as baldosas do chan como referencia. No final do video tedes unha pautas para realizar estes exercicios.

Nas carreiras de velocidade, a saída, faise dende unha posición baixa. Estes exercicios traballan este tipo de saída.

A velocidade de reacción, é moi importante nos velocistas. En clase xogabamos a "Pepas e pepes", para pillar o compañeiro/a. Outros exercicios para traballar a velocidade de reacción poden ser estes.

As vallas, forman parte das carreiras de velocidade en pista. As vallas están preparadas para cair no sentido da carreira, e non para tropezar con elas. Non poñer obstaculos para practicar vallas, porque pode ser perigoso.

Este video ten un exercicios moi simples para vallas. Podedes practicar a primeira parte, actividades sen vallas.

Como sempre animámosvos a poñer en práctica estas propostas e que nos mandedes os vosos vídeo ou fotos.

Moito ánimo.

PROPOSTA SEMANA DO 4 AO 10 DE MAIO: MÓVETE CONNOSCO NA CASA

ADEMAIS DO ATLETISMO...

PROPOÑÉMOSVOS ESTES DIVERTIDOS XOGOS PARA QUE MELLOREDES A VOSA FORMA FÍSICA DIVERTÍNDOVOS.

ENTRADE NESTE ENLACE (FAI CLIC NA IMAXE)

NON VOS ESQUEZADES DE ENVIARNOS AO CORREO DOS PROFES DE EDUCACIÓN FÍSICA ALGUNHA FOTO OU PEQUENO VÍDEO (10" - 15") VOSO REALIZANDO AS TAREFAS.

SEGURO QUE AO LONGO DE TODA SEMANA ATOPADES UN MOMENTO PARA ESTA ACTIVIDADE.

MOITO ÁNIMO!!!

PROPOSTA DE TRABALLO SEMANA DO 4 AO 10 DE MAIO: ATLETISMO

Ola a todas e todos,

Esta semana que xa recuperamos as saídas pola rúa, imos tentar volver algunhas das cousas que tiñamos que dar no Cole.

Recordade que este ano era olímpico, e un dos deportes mais importantes dos Xogos é o Atletismo.

Pero como ides ver o Atletismo é una disciplina moi ampla. Así que imos a dividila para poder dala ao longo de varias semanas

Estas primeiras semanas darémonos a carreiras e marcha atlética.

Atentas e atentos os vídeos e aos traballos voluntarios que podedes entregar se queredes mellorar. (están na parte final desta entrada no Blog)

INTRODUCCION

Para abrir boca

 

QUECEMENTO

Parte fundamental para practicar calquera deporte smiley

 

MARCHA ATLÉTICA.

Importante na marcha atlética, como na vida, ter sempre un pe no chan wink.

EXERCICIOS PARA TÉCNICA DE MARCHA

Para realizar estes exercicios temos que coller unha liña recta e camiñar sobre ela. Aínda co vídeo ten unha parte persoal da nena,atendede aos exercicios

.

ESTIRAMIENTOS

Para rematar sempre hai que dedicarlle un tempo aos estiramentos angry.

.

INSTALACIÓNS NO ENTORNO

 

Pista de Atletismo do Concello de Cangas,

Sabedes que preto do Colexio temos unha pista de atletismo

Ademais hai varios clubes de Atletismo que de seguro nos reciben con brazos abertos se queremos practicar este deporte, cando se poida de novo.

 

PROPOSTA DE TRABALLO.

Agora toca traballar o que aprendemos.

Pois ben, o traballo voluntario é que nos fagades chegar aos nosos correos (Profe Duarte ou Jose Manuel) fotos ou vídeos vosos de Atletismo. Correndo, facendo algúns dos exercicios que están lo blogue ou outros.

Tamén podedes mandarnos, se gañastedes algunha medalla nunha carreira, a vosa foto xunto cunha breve explicación de como a conseguiches, que tipo de carreira era, onde, etc

Se estades nalgún clube de atletismo, tamén podedes poñervos a camiseta de competición e mandarnos a vosa foto.

Animádevos.

 

PROPOSTA SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 3 DE MAIO: VÍDEO EXERCICIO AERÓBICO

Ola a tod@s!

Como xa podedes saír a pasear, esperamos que aproveitedes para correr, saltar, montar en bici, patinar, xogar coa pelota e a todos os xogos populares que vos achegamos… Un pouco máis de exercicio sempre está ben. Iso si, saíde seguindo as normas (podedes consultalas na páxina web do cole).

Esta semana propoñémosvos novos retos e ademáis…

Invitámosvos a que nos enviedes algunha foto facendo as tarefas ou outro tipo de exercicio físico para poñer algunhas neste blog e así poder mirar e que vos miren os vosos compañeiros e compañeiras.

XA QUE VOS GUSTOU O DA SEMANA PASADA, AQUÍ VAI OUTRO VÍDEO DE EXERCICIO AERÓBICO. NESTA OCASIÓN CUN TOQUE DE KICKBOXING.

 RECORDADE…

 Aínda que esta proposta está máis orientada aos niveis de 4º, 5º e 6º,

coas adaptación necesarias podedes realizala tamén de xeito lúdico os máis cativos.

TEDE EN CONTA TAMÉN QUE:

  • Necesitades un pouco de espazo para facer a actividade con comodidade
  • É convinte hidratarse antes, durante e despois do exercicio.
  • É a segunda rutina deste tipo que enviamos… tede paciencia se non vos sae todo á primeira, podedes repetila varios días á semana.
  • Podedes regular vós mesmos a intensidade, o número de repeticións e o tempo de cada exercicio (ánimo que o conseguides!!!)
  • Sempre será máis entretido se convencedes a alguén da casa para que faga  a rutina con vós.

PERO SOBRE TODO NON VOS ESQUEZADES DO MÁIS IMPORTANTE…

MOVERSE  APRENDER  E  DIVERTIRSE.

FAI CLIC NA IMAXE

PROPOSTA SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 3 DE MAIO: PÁXINA WEB MOI INTERESANTE PARA INFANTIL

Ola, esta vez para os máis peques,

Déixovos unha lizagón a unha páxina web onde podedes atopar moitos recursos para Ed Infantil, entre eles ides atopar moitos xogos para facer coas nenas e nenos mais noviñas/os do noso cole.

Escolas Infantís de Galicia

Saúdos.

PROPOSTA SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 3 DE MAIO: XOGOS POPULARES NA RÚA

Ola a todos e todas,

Por fin xa podemos saír un pouquiño a rúa, e témolo que aproveitar, se o tempo o permitecool.

Deixo unhas propostas de xogos populares, para que xoguedes. Hai que practicar que o próximo mes son as Letras Galegas.wink

Recordar normas que aínda temos que cumplir, como poden ser... distancia social entre persoas, non compartir os xoguetes con outros compañeiros/as, xogar coas persoas do ambito familiar,  etc.

Aproveitar o pouco tempo que temos para poder xogar na rúa,

E moito ánimo.

 

Chapas

Podemos usar calqueira tipo de tapón que teñamos por casa dalgunha botella. Incluso decoralas pola parte interior.

A mariola, tejo, La rayuela.

Ten moitos nomes dependendo do lugar onde se xogue, soamente necesitamos algo para pintar no chan e una pedra para lanzala.

Tres en raia.

O video amosa como facer un taboeiro, pero non ten porque ser tan sofisticado, cun pouco de imaxinación tamén serve calqueira outro tapete.

A este xogábamos, wink, e voltaremos a xogar

 

Ra

Como no anterior deixovos unha das multiples formas que hai de fabricar unha ra caseira para poder xogar.

 

 

Bolas, canicas

Entramos nos xogos que fai falla material para xogar, pero son moi divertidos e seguro que no faiado, trasteiro dalgún avo atopamos canicas.

 

 

Bolos

Xogo de toda a vida, como na ra, un dos múltiples videos onde podedes ver como facer unha bolos caseiros.

 

 

Saltar a corda

O de saltar a comba é de repaso para moitos de vos,surprise

 

Trompo, (peonza)

Xa non estamos no San Martiño, pero podemos xogar igual.

Xogo do aro

Antiguamente xogábase con aros tos toneis de viño, agora xa é dificil conseguilos. E un xogo tradicional, que é imprescindible coñecer .

 

Tedes moitas propostas, agora sodes vos que elixe e xoga.

Animo, que de seguro que nos imos ver pronto.

Saudos.

PROPOSTA SEMANA DO 20 AO 26 DE ABRIL (2) EXERCICIO AERÓBICO

PROPOSTA PARA A SEMANA DO 20 AO 26 DE ABRIL

Ola a tod@s!

Quen se atreve con esta tarefa??? (SESIÓN EN VÍDEO DE EXERCICIO AERÓBICO)

Aínda que está máis orientada aos niveis de 4º, 5º e 6º,

coas adaptación necesarias poden realizala tamén de xeito lúdico os máis cativos.

TEDE EN CONTA QUE:

  • Necesitades un pouco de espazo para facer a actividade con comodidade
  • É convinte hidratarse antes, durante e despois do exercicio.
  • É a primeira rutina deste tipo que enviamos… tede paciencia se non vos sae todo á primeira, podedes repetila varios días.
  • Podedes regular vós mesmos a intensidade, o número de repeticións e o tempo de cada exercicio (ánimo que o conseguides!!!)
  • Sempre será máis entretido se convencedes a alguén da casa que a faga con vós.

PERO SOBRE TODO NON VOS ESQUEZADES DO MÁIS IMPORTANTE…

Moverse  Aprender  e  Disfrutar.

 

FAI CLIC NESTA IMAXE E A MOVER O CORPO

 

Distribuir contido



by Dr. Radut