Skip to Content

PROPOSTA DE TRABALLO DO 25 AO 31 DE MAIO: ATLETISMO IV (LANZAMENTOS)

Atletismo IV (LANZAMENTOS)

Ola novamente, esta semana rematamos có Atletismo.

Imos ver pois a última disciplina que son os lanzamentos.

A modo de anécdota debedes saber que os lanzadores son os deportistas mais rápidos, pois deben facer que un obxecto alcance a máxima velocidade nun espazo moi pequeno e no menor tempo. Para facelo teñen que utilizar todos os músculos do seu corpo, pernas e brazos.

IMPORTANTE.- MEDIDAS DE SEGURIDADE

Antes de comezar hai que saber que si queremos practicar lanzamentos debemos facelo con seguridade, non queremos darlle a ninguén co obxecto que lancemos.

- Así que debemos escoller un lugar axeitado e seguro. Amplo e por onde non pase ninguén, nin tampouco onde podamos romper nada.

- A segunda medida é nunca poñerse diante do lanzador, ou na dirección do sentido de lanzamento. Sempre imos poñernos detrás.

- Nunca perder a visión sobre lanzador nin o obxecto lanzado.

- Ter claro que nos lanzamentos buscamos a maior distancia non a puntería.

- O artefacto para o lanzamento non terá punta. Utilizaremos basicamente balóns, ou pelotas de pequeno tamaño.

- Antes de empezar debemos saber cal é o noso brazo dominante. Con que extremidade lanzamos mais lonxe ou estamos mais cómodos para lanzar.

- Para que non exista descompensación entre extremidades, faremos os mesmos exercicios con ambos brazos.

 

Lanzamentos. Explicación xeral

 

 

PESO

Explicación e reglamento

Cómo facer un balón lastrado?

Para os lanzamentos de peso utilizaremos un balón lastrado.

PESO MÁXIMO DE 600 gr MEDIDOS CUNHA BÁSCULA, e para facer exercicios de asimilación non lanzamentos.

No seguinte vídeo podedes ver como facer un “balón medicinal” caseiro feito cunha pelota vella.

 

Execicios o peso.

 

XABALINA

Para este lanzamento imos utilizar pelotas de tenis.Non teñen porque estar lastradas (con area dentro).

O que buscamos é o xesto de lanzamento.

Para practicar a carreira, podemos utilizar un pau de escoba ou pica de madeira.

VORTEX

Para practicar xabalina con seguridade, podemos fabricar un vortex, que é un elemento que se utiliza para iniciarse neste lanzamento.

Exercicios

Antes podíase lanzar xabalina doutro xeito. O mellor lanzador e record mundial nese estilo era un español, Miguel de la Cuadra Salcedo. Se queredes investigar un pouco, buscade información sobre este estilo, que se prohibiu porque era moi perigoso.

 

DISCO

Tanto no disco como no martelo, os lanzamentos fanse dentro dunha “xaula” cunha rede de protección e con unha única zona de saída do artefacto. Dentro da xaula soamente pode estar o lanzador

Para estes lanzamentos necesitamos unha instalación apropiada. Así que non fagades lanzamentos, pero si podedes facer os exercicios de asimilación.

Para practicar podemos utilizar un disco de frisbee ou un prato de plástico duro.

MARTELO

Nesta proba ata fai poucos anos non podian participar as mulleres.

Animo!! Seguide a facer exercicio, e mandarnos as vosas actividades para que poidamos valoralas e subilas ao noso blog.

Saúdos.



blog | by Dr. Radut