Bos días a tod@s!
Para estes próximos días e para seguir traballando a comprensión lectora e
outros contidos de L.G. e Coñecemento do medio, vouvos propoñer
outras 5 fichas de distintos animais e que continúan as que vos enviei o 27 de
no blogue de 4º.
Neste caso as fichas son de : monos de África, monos de Sudamérica,
algúns felinos, o hipopótamo pigmeo e o morcego.
Ide distribuindo nas vosas casas estas fichas durante uns 15 días
aproximadamente.
Ás familias que vos fotocopiara todo o material previamente, buscade
estas 5 fichas para realizalas tamén durante estes días.
Lembrade que o máis importante para min é que :
- Teñades unhas rutinas e hábitos de estudio diarias, polo menos, de
luns a venres.
- Que esteades a facer un ou varios Proxectos de Investigación, coa súa fase
final incluída (exposición e gravación en video , tal e como faciamos no
cole, con todo o material adicional que consideredes para poder facelo o
máis atractivo e interesante posible).
- Que me enviedes un escrito semanal, contándome as vosas experiencias, o
voso día a día, algunha situación agradable ou desagradable que vos sucedera, os
vosos medos,alegrías, enfados, tristezas,...
Todo o que queirades contarme!! (para iso é interesante que escribades todos os
días algo, "en sucio", para non olvidarvos ao final, do que fixechedes durante
eses 7 días)
- Ata fin de curso é importante tamén que tod@s participedes no Xogo
Interactivo de Marcelino na nosa canle de You tube, pois traballaremos
e repasaremos distintos e interesantes contidos, tendo coma base os vosos
propios traballos de investigación....
E ademais podedes conseguir un máxico e alucinante premio
máxico!!
- A lectura, aínda que non insistira moito nela durante estas semanas, sabedes
que é fundamental na nosa aprendizaxe (adultos tamén) e é por iso que
recomendo como mínimo 20-30 minutos diarios.
A partir disto, engadide as fichas estándares que vexades convinte en cada
casa e circunstancia familiar.
Este próximo mércores e venres teremos 2 novos videos en "O Canal de
Marcelino 4ANazaret" para que poidamos seguir aprendendo e conseguindo
máis Marcelinopuntos.
Estes son os enlaces para esta semana:
- (Dende onte) https://www.youtube.com/watch?v=YXZmw2VWXqA
- Para o mércores, a partir das 10 da mañá
https://www.youtube.com/watch?v=E_GBz6Ya9vI
- Para o venres, a partir das 10 da mañá
https://www.youtube.com/watch?v=wso9PF1DNzw
Espero que os disfrutedes e tomedes boa nota!!
Xa por último comentarvos que esta semana faremos a videochamada, nun
principio, o xoves 21 de maio ás 12:30 h da mañá.
Espero vervos a tod@s!!
Lembrade que dixeramos que podiamos ir disfrazad@s, contar chistes,
adiviñas e demais cousas que vos apetezan ....
Tamén podemos aproveitar e se tedes algunha dúbida con algún exercicio
ou actividade que esteades a facer, podedes preguntalo en grupo e eu ou
algún dos nosos compis, pode axudarvos.
Deséxovos coma sempre o mellor do mellor!!!
Disfrute do presente o máximo que poidades!!
Apertas infinitas!!!