Skip to Content

Blogues

FÁLTANOS O GARFO...PARA DAR MOITO MÁIS MEDO.

FACEMOS UN GARFO CON  MATERIAL QUE TEÑADES NA CASA.

E ASÍ DAR TANTO MEDO COMO....heart

PENSAMOS!!!

HOXE TOCA DISFRAZARSE...

BUSCAMOS POLA CASA UN PANO PARA A CABEZA E COMO DI O CONTO " UN PARCHE NO OLLO", PODÉMOLO FACER CON CARTOLINA, GOMA EVA OU UN ANACO DE CALQUERA TEA, DESPOIS POÑÉMOSLLE UNHAS CINTAS PARA PODER AMARRALO.

 

FAMILY

Hi, kids! Ola, rapaces!

Today we review the basic words about the family. Hoxe repasamos as palabras básicas da familia

Here are a couple of videos:

Aquí tedes un par de vídeos:

https://www.youtube.com/watch?v=d_WQEw13TCo

https://www.youtube.com/watch?v=Im3rlc5b7MA

Finally, you can make the worksheet. Para rematar, podes facer a ficha. 

If you want, make the drawing of your family in a different sheet.

Se queres, fai o debuxo da túa family nunha folla diferente.

Bye-bye! Adeus!

XA TES NOME PIRATA????

GUSTOUVOS O CONTO  " O PIRATA PATA DE LATA" QUE CONTOU A PROFE MONTSE??

AGORA TOCA INVENTAR O NOSO PROPIO NOME PIRATA.

QUEREDES SABER CALES SON  OS NOMES PIRATAS DAS PROFES???? smiley

 

MONTSE, A PIRATA DO NORTE.

 

MIRIAM, A PIRATA CAIMÁN.

 

MARTA, A PIRATA LANZACARTAS.

 

CAL É O VOSO NOME PIRATA?

 

 

OLA PEQUEN@S...ESTADES PREPARADOS??? ESTA SEMANA COMEZAMOS UNHA AVENTURA PIRATA...

COÑECEDES O CONTO " O PIRATA PATA  DE LATA", O ESCRITOR É DE CANGAS; CHÁMASE OLI E O ILUSTRADOR É RAMÓN TRIGO.

Ó REMATAR PODEDES FACER UN DEBUXO DO CONTO.

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA 2º

Bos días amiguiñ@s!!!

Xa estamos rematando esta primeira semana de volta as clases virtuais e queremos seguir achegándovos propostas para amenizar este tempo na casa.

As nosas propostas para hoxe son as seguintes:

  • Comezamos cuns xogos de cálculo! Nestes enlaces podedes atopar unha sopa de sumas e un suma e colorea, no que vos aparecerá un debuxo ao resolver as operacións correctamente. Estou convencida de que estos xogos vos gustarán moito!

 

https://www.cokitos.com/sopa-de-sumas/play/

https://www.cokitos.com/suma-y-colorea/play/

 

 

  • No seguinte enlace repasaremos o reloxo, un instrumento que seguro que agora consultamos moito. Con este xogo podemos repasar tanto o reloxo analóxico como o dixital. Tamén tedes un apartado chamado “contrareloj” no que teredes que resolver unha serie de preguntas nun minuto de tempo.

        A practicar!!

 

https://www.digipuzzle.net/minigames/clocks/index.htm?language=spanish&linkback=../../es/juegoseducativos/las-horas/index.htm

 

 

  • Continuamos cun xogo de cálculo. Aquí atoparedes a pirámide matemática de Einstein, un xogo moi sinxelo no que a peza de arriba é o resultado da suma das dúas que ten debaixo. Pero debedes estar moi concentrados para poder completar a pirámide!!

 

https://www.digipuzzle.net/minigames/mathpyramid/mathpyramid.htm?language=spanish&linkback=../../es/juegoseducativos/index.htm

 

 

  • E agora….un bingo!!! Conectade os altavoces e estade moi atentos aos números que vos van indicando para ser os primeiros en cantar…. BINGO!!

 

https://www.digipuzzle.net/minigames/wordbingo/wordbingo_one_till_hundred_es.htm?language=spanish&linkback=../../es/juegoseducativos/mates-contar/index.htm

 

 

  • Respasamos un pouco as partes do corpo humano? Fixádevos moi ben no debuxo e arrastrade o nome a parte de corpo correspondente.

 

https://www.digipuzzle.net/kids/humanbody/puzzles/sorting_body_parts.htm?language=spanish&linkback=../../../es/juegoseducativos/ciencia/index.htm

 

 

  • Continuamos co Sistema Solar. Neste xogo deberemos facer memoria e nombrar os planetas que compoñen o noso sistema solar. O primeiro enlace levaravos a un vídeo no que poderedes repasar para poder completar con éxito o puzzle que atoparedes no segundo enlace.

 

https://www.youtube.com/watch?v=ZykXgSqet6A

https://www.digipuzzle.net/kids/space/puzzles/sorting_solar_system.htm?language=spanish&linkback=../../../es/juegoseducativos/ciencia/index.htm

 

 

  • E xa por último o xogo do aforcado. Practicade cantas veces queirades para averiguar as palabras antes de completar o debuxo.

 

https://www.digipuzzle.net/minigames/hangman/hangman_es.htm?language=spanish&linkback=../../es/juegoseducativos/espanol/index.htm

 

 

Moito ánimo amig@s!!

Botámosvos moito de menos e querémosvos moito!!!

ESCRIBIMOS CON....

BOS DÍAS NENOS E NENAS!!!                                                             

HOXE PROPOÑÉMOSVOS UNHA NOVA  ACTIVIDADE  QUE

VAI SER MOI DIVERTIDA. QUEREMOS QUE ESCRIBADES

LETRAS, NÚMEROS, O QUE SE VOS OCORRA, PERO NON

SOBRE PAPEL, SENÓN SOBRE UNHA NOVA SUPERFICIE.

PARA ISO, TEMOS QUE CREAR O NOSO "ENCERADO 

MÁXICO".

NECESITAMOS:

- UN BOTE, UNHA BANDEXA OU CALQUER RECIPIENTE UN

  POUCO GRANDE. 

- SAL, PAN RELADO, FARIÑA.... O QUE TEÑADES POR CASA

  PARA POÑERLLE DENTRO. NON NECESITAMOS MOITO,

  SÓ FORMAR UNHA PEQUENA CAPA NO FONDO.

- IMAXINACIÓN PARA CREAR DEBUXOS, ESCRIBIR LETRAS, NÚMEROS... 

PODEDES EMPREGAR IMAXES DE CARTAS, LETRAS, DEBUXOS... PARA INTENTAR COPIALAS. O

IMPORTANTE É DIVERTIRSE. RECORDADE QUE PODEDES FACELO EMPREGANDO O VOSO

DEDO, UN PEQUENO PINCEL, UN LAPIS... IDE PROBANDO E A DIVERTIRSE. 

REPASANDO O ABECEDARIO

BOS DÍAS A TODOS E TODAS ¡¡¡

 

HOXE IMOS DARLLE UN REPASIÑO O ABECEDARIO.

PREME NA IMAXE E TENTA LEMBRAR A LETRA QUE FALTA

 

Distribuir contido



by Dr. Radut