Skip to Content

Blogues

Xornal O Facho

 Xornal O Facho

 

Nova entrega do Xornal O Facho!

 

Esta semana a clase encargada do TEMPO foron os nenos e nenas de 5 anos B que escolleron unhas nubes moi bonitas para alegrar estos días tan chuviosos.

 

As NOVAS elaboráronas o alumnado de 6ºB que elixiron noticias positivas sobre temas variados.

 

A clase de 3ºB encargouse do apartado de CURIOSIDADES que adicaron a ofrecernos datos importantes sobre as Olimpiadas que, como xa sabedes, é a temática do cole para este curso.

 

Bo traballo reporteiros e reporteiras!

Pasádevos polo noso xornal, sempre hai novidades!

Comeza o xornal O Facho

Xornal O Facho!

 

Cada semana 3 aulas encargaranse da súa edición e os venres subiremos unha foto de todo o elaborado.

Na primeira semana  os encargados da sección O TEMPO foron os alumnos e alumnas de 5 anos A que dende o martes foron sinalando a data, a estación do ano, o tempo e a temperatura diaria con debuxos feitos por eles mesmos.

O alumnado de 6ºA encargouse das NOVAS que elaboraron sobre o cambio climático e o medio ambiente xa que é un tema moi de actualidade e que ademais lles interesa moito.

A sección de CURIOSIDADES estivo a cargo da aula de 3ºA que explicaron datos interesantes como " Por que se tira das orellas cando se está de aniversario?" ou " Cal é a orixe dos caramelos?"

 

Esta primeira edición quedou xenial, esperamos que vos gustara tanto como a nós e vos animedes a participar cando sexa a vosa quenda.

 

Ata pronto reporteiros e reporteiras! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut