Skip to Content

Blogues

Mes da ciencia en galego.

Xa estamos en novembro!

Mes da ciencia en galego, desde a biblioteca propoñemos a todo o noso alumnado unha actividade que seguro vos vai a gustar....

Experimentamos?

Unha caixa chea de sorpresas visitará as vosas clases, preparade esas neuronas científicas para resolver os grandes enigmas da ciencia.

Biblioteca edicións SL

Uns alumnos de sexto propuseron unha idea ... e pareceunos tan, tan estupenda que nos puxemos mans a obra...

Así que ... si eres un artista coas palabras e queres compartir as túas creacións con todos nós... prepara os teus escritos e achégate a biblioteca!!!!!

Horario de apertura da biblioteca no recreos.

Queres vir a biblioteca na hora do recreo e non sabes cando lle toca ao teu curso???

Pois... aquí vos queda o horario!

Esperámosvos!!!

Recreos na biblioteca!

Por fin a biblioteca volve abrir as portas na hora do recreo!!!

Queres ler tranquil@ sentad@ no sofá? Queres investigar sobre algún tema que che apaixona? Gústache debuxar, escribir historias, ou simplemente che gusta  remexer nos libros na procura de historias que che fagan viaxar a mundos estupendos?

Pois Esperámoste na biblioteca!

Ademais contamos cos mellores axudantes que che poderán botar unha man si o precisas!!!

Samaín na biblioteca... Hoxe toca pasar medo!

Ao corredor saíron os libros máis terroríficos… Corre corre Cabaciña, a bruxa regañadentes, vampiros, lobishomes, pantasmas nos corredores, zombies aterradores, e na biblioteca apagáronse as luces e os menos máis valentes foron quen de ver os curtos máis arrepiantes.

Pasámolo de medo!!!

Cangas, onte e hoxe

Unha personaxe descoñecida enviou unha carta ao noso alumnado para invitalos a exposición Cangas onte e hoxe....

Quen será ? De onde virá? Cal será a súa historia?

Ademais de poder visitar a exposición que supuxo unha viaxe no tempo na que puidemos comprobar os cambios na nosa vila durante os anos. Todas as titorías recibimos un agasallo para enriquecer a nosa biblioteca de aula

O día das bibliotecas foi celebrado cunha gran festa!

Seguiremos informando sobre este novo habitante da nosa biblioteca.

 

MOVILízate por la selva

Boas!!

A aula de 6ºB participamos na campaña "MOVILízate por la selva" do Instituto Jane Goodall. Trátase dunha campaña de reciclaxe de móbiles para a protección dos ecosistemas africanos: recollida de fondos para axudar ós chimpancés do Centro de Rehabilitación de Tchimpounga (Congo), proxectos locais en centro escolares de nenos mutilados ou con necesiddes espaciais ou creación de postos de traballo, entre moitas outras accións.

Durante o mes de outubro levamos a cabo a recollida de teléfonos móbiles en desuso. O noso obxectivo era recoller polo menos 30 teléfonos xa que a fundación premiaríanos co apadrinamento dun primate durante un ano. Fainos moita ilusión poder axudar así que puxémonos a traballar:  estudamos ben as características da campaña, elaboramos carteis e explicámola por diferentes aulas e nas nosas casas.

As nosas familias, amigos e mestres colaboraron donando teléfonos e....

 

CONSEGUIMOS  31 MÓBILES!!!!!

 

Nos próximos días levaremos a cabo o apadriñamento oficialmente, estamos moi ilusionados!

 

Se vós tamén queredes colaborar, non é preciso recoller moitos teléfonos, un é suficiente!

Deixámosvos o enlace con toda a información :   https://mobilitzatperlaselva.org/es/como.html

 

 

Ruta por Cangas con afillados

O martes 3 de novembro o alumnado de 6ºB fixemos unha ruta por Cangas para coñecer o pasado da nosa vila.

Acompañáronnos os nosos afillados de 2ºA cos que pasamos un rato xenial.

 

Aprendemos un montón de cousas sobre como era a vida en Cangas no pasado: como vivían, como eran as súas casas e costumes. 

Tamén viaxamos a 1617 para coñecer como os e as canguesas defenderon a vila do ataque dos piratas e cales foron as consecuencias para algunhas mulleres como María Soliño.

 

Dámoslle as gracias a Óscar da Asociación Illa dos Ratos por as súas explicacións e chistes. Foi un rato moi divertido!

CANGAS, MOITO QUE VER, MOITO QUE APRENDER 2

GRAZAS POLA ESTUPENDA RESPOSTA!

AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS DAS FOTOS QUE NOS ACHEGASTES E QUE EXPUXEMOS NOS PANEIS

                           

                           

                           

                           

                               

Os nosos traballos

Distribuir contido



by Dr. Radut