Skip to Content

Blogues

Imos de ruta por Cangas!!

O alumado de 6º A o pasado venres día 30 de setembro empezamos a recorrer a nosa vila, íamos na procura de números romanos, non atopamos moitos pero si descubrimos que a nosa vila está chea de números, escudos e curiosidades.

Gustounos tanto a actividade que pretendemos repetila por outras zonas de Cangas. Acabamos a nosa andaina no lavadeiro de fonte Ferreira. Este será o primeiro dos lavadeiros que visitaremos ao longo deste curso.

 

 

 

ATOPAMOS OS NÚMEROS ROMANOS!!!

LAVADOIRO DE FONTE FERREIRA.

 

CANGAS, MOITO QUE VER, MOITO QUE APRENDER

 

Estimadas familias, este curso no CEIP Nazaret traballaremos sobre CANGAS.

Dende o equipo de biblioteca solicitamos a vosa colaboración na actividade

“Cangas onte e hoxe”

Pretendemos facer unha exposición  comparando fotografías antigas e actuais de Cangas (poden

ser fotografías de calquera recuncho do municipio: Cangas, Aldán, Hío, Coiro ou Darbo)

O que queira participar deberá  traer ao cole fotocopia da fotografía antiga e fotocopia da foto

actual. 

No reverso deberá aparecer nome do alumno, curso,  data e localización da fotografía antiga.

 

Deixámosvos un exemplo:

Cangas onte CANGAS ONTE. PRAZA DA CONSTITUCIÓN.

 

Cangas hoxe CANGAS HOXE

Entregar antes do venres 14 de outubro.

Animádevos a participar!!!

 

FOURTH - NUMBERS REVIEW

FOURTH - NUMBERS REVIEW

Boas a todos/as!

Imos repasar os números cardinais coa axuda deste xogo:

https://www.gamestolearnenglish.com/

Cando entremos nesa páxina debemos seguir este camiño para poder xogar:

Fast Vocab } Numbers.

 

Despois, para repasar os números ordinais temos este xoguiño:

https://www.eslkidsgames.com/esl-board-games-interactive/ordinal-numbers

 

E por último, se te atreves con este xogo sobre os meses so tes que premer nesta ligazón:

https://www.eslgamesplus.com/months-and-ordinal-numbers-esl-vocabulary-g...

 

FOURTH - NUMBERS REVIEW

Boas a todos/as!

Imos repasar os números ordinais coa axuda deste xogo:

https://www.gamestolearnenglish.com/

Cando entremos nesa páxina debemos seguir este camiño para poder xogar:

Fast Vocab } Numbers.

 

Despois, para repasar os números ordinais temos este xoguiño:

https://www.eslkidsgames.com/esl-board-games-interactive/ordinal-numbers

 

E por último, se te atreves con este xogo sobre os meses so tes que premer nesta ligazón:

https://www.eslgamesplus.com/months-and-ordinal-numbers-esl-vocabulary-g...

 

Divertídevos!!!

BENVIDA A 4º

ALUMNADO DE 4ºA                                                                           ALUMNADO DE 4ºB

                                                        

 

 

 

Non me rompas a cabeza

Ponte a proba,  serás quen de resolver estes crebacabezas sobre personaxes da mitoloxía galega?

Clica na imaxe e averíguao. ( As imaxes son ilustracións de Pinto e Chinto, do calendario de Personaxes mitolóxicos galegos editado polo diario A voz de Galicia este ano 2022)

 

 

Críticos literarios do CEIP Nazaret

O curso está rematando xa... pensa en todos os libros que liches durante este curso. seguro que hai algún que se converteu no teu favorito. Queres facer unha pequena recomendación?

Ponte en contacto coa profe que está na biblioteca, ela encargarase de que a túa recomendación chegue a todos os compañeiros do centro.

Anímate e participa!

Os mellores lectores

Aquí temos aos mellores lectores deste curso 2021/2022 do Ceip Nazaret: Iria e Mateo, os dous de 2º de E.P, destacaron este curso por ser uns fans fieis da nosa biblio. Parabéns!

Mirade que contentos están cos agasallos!!

No sofá con Adrián

Traballamos diferentes tipos de textos, aquí temos a entrevista que Adrián lle fixo a un familiar sobre unha festa tradicional galega... O futuro do periodismo está no CEIP Nazaret! Clica para escoitar a entrevista.

Petiscos de Poesía

Os alumnos e alumnas de 5º A aproveitaron a visita a biblio para xogar coa poesía... Pequenos versos para lembrar a grandes poetas.Clica na imaxe para ver a actividade.

    

Distribuir contido



by Dr. Radut