Skip to Content

blogue deAmalia

Anguleamos?

Hoxe empezamos o tema novo de matemáticas... como non saibas contar... a levas boa!!!

O transportador será o teu mellor amigo, aínda que non te levará a ningunha dimensión descoñecida.

Si eres AGUDO saberás que un ángulo RECTO mide 90º, non sexas OBTUSO! se queres debuxar un ángulo llano deberás saber que  mide 180º.

Aprendemos tamén a debuxar ángulos xenerosos: OS CONSECUTIVOS! que comparten o vértice e un dos lados.

Mañá máis ...pero non mellor; e para mostra...un botón!

 

 

 
 
 
 
 
 
 

Monicreques na Bibioteca.

Nécora -Zon da Ardora presenta...

Monicreques na Biblio.

Despois da estupenda acollida do público no seu estreo, aquí temos os primeiros vídeos para que que poidas gozar de novo da creatividade dos nosos artistas.

Clica no seguinte enlace : 

 

https://biblionazaretcanga.wixsite.com/monicreques

 Continurá...

En breve poderás ver o resto dos vídeos.

Canto sei sobre a Biblioteca.

Ola rapaces e rapazas!

Este curso está rematando, e para o ano que ven vou precisar de novo axudantes de biblioteca que me boten unha man durante os recreos....

Si eres dos maiores do cole, che gusta ler, coñeces a biblioteca como a palma da túa man... esta é a túa oportunidade. Comproba o que sabes sobre a biblio xogando con este kahoot.

E o próximo curso espérote na biblio durante os recreos.

Un biko de ondas de mar...

Nécora- Zon de Ardora.

Semana do día do libro

Esta semana estivo chea de celebracións na biblioteca... 

Cangas literaria

Clica na imaxe e poderás ver un vídeo da actividade do día do libro.

Roteiro Literario.

Aquí está o roteiro do día do libro, si clicades nos símbolos morados poderedes volver ler os textos.

Día do Libro. Un roteiro literario por Cangas.

Lobo feroz

O alumnado de Terceiro B preparou unha gran sorpresa aos seus afillados: Un teatro musical de padriños para afillados que te deixará anonadado.

Clica na imaxe para poder ver esta estupenda actuación.

Arriba o pano!

 

Es un artista? Tes imaxinación, gústanche as manualidades?

Pois non o dubides esta é a túa actividade.

Trae un calcetín (limpo) e na hora do recreo atoparás no patio cuberto todo o necesario para  convertelo nun monicreque estupendo!

Despois anímate e cun compañeiro inventa unha pequena  historia, e nós encargarémonos de gravala co escenario máis apropiado.

 

Biblioroteiro

Distribuir contido



by Dr. Radut