Skip to Content

blogue deAmalia

Imos ao teatro!

Os rapaces de terceiro, cuarto, quinto e sexto, foron ao auditorio para ver a obra de teatro  “O Ogrocho”, unha obra de teatro baseada nunha historia de  Suzanne Lebeau, e interpretada por María Salgueiro (nai), Lois Soaxe (Ogrocho).

A obra representa a historia dun pequeno ogro que vive só coa súa nai nunha casa no medio dun tupido bosque, apartado da comunidade. O día en que empeza a ir á escola e ve a outros nenos descobre a súa diferenza, non só no seu tamaño, senón tamén no seu instinto: é o fillo dun ogro que a súa nai amou de forma apaixonada.

O Ogrocho, cos seus seis anos, a súa forza extraordinaria e a súa terrible herdanza, intenta reconciliarse coa súa parte oculta, dominar os seus instintos nun intento de parecerse aos demais.. Para elo ten que superar tres probas....

O Ogrocho aborda moitos e variados conceptos: a superación, a imaxinación, o amor, a natureza humana, a valentía, a moral, o lúdico da vida, a morte, a violencia, a represión, o abandono, a mentira, a soidade e o engano.

Gustounos un montón !!

 

Contamos un conto... escoitamos historias.

Xa está todo listo...

Comezamos coas visitas...

Que nervios, hai novidades na biblio, teremos que aprender a situar os libros, a saber como e onde colocalos ...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pero hoxe empezaremos escoitando historias, as profes de Infantil contarán historias os máis pequenos, Olalla contará historias arrepiantes aos nenos de primerio e segundo, e a profe Miriam tennos preparada unha historia que nos vai facer  tremer como maceiras .

Moitos biquiños de fadas e trasnos para todo@s.

Espérovos na biblio.

 

Os maiores do cole colaboran na Biblioteca.

Ola rapazada!

As cousas van amodo pero van...

Aquí temos aos maiores do cole colaborando para poñer en marcha a biblio...

Son estupendos e moi mañosos

Tanto ordenan alfabeticamente os libros para colocalos nos andeis, como axudan a preparar os carnés dos novos alumnos do cole!

 

 

 

Con este equipo somos invencibles.

Moitos biquiños de fadas e trasnos para  tod@s.

Curso 2021/2022 ANO DA MITOLOXÍA NO CEIP NAZARET

Ola rapaces e rapazas!

Chegou o día que estábamos  esperando, por fin a Biblio abre de novo as súas portas.

Seguro que estades a preguntarvos quen son ...

Chámome  Seshat e son a deusa exipcia dos libros e das contas, e este curso que  imos a dedicar a investigar sobre a mitoloxía decidín visitarvos e compartir os meus tesouros con todos vós.

Pronto recibiredes unha carta miña invitándovos a celebrar o día das bibliotecas escolares.

 

 

 

 

 

Unha aperta agarimosa e que as grandes aventuras dos libros vos acompañen.

 

Distribuir contido



by Dr. Radut