Imos ao teatro!

Os rapaces de terceiro, cuarto, quinto e sexto, foron ao auditorio para ver a obra de teatro  “O Ogrocho”, unha obra de teatro baseada nunha historia de  Suzanne Lebeau, e interpretada por María Salgueiro (nai), Lois Soaxe (Ogrocho).

A obra representa a historia dun pequeno ogro que vive só coa súa nai nunha casa no medio dun tupido bosque, apartado da comunidade. O día en que empeza a ir á escola e ve a outros nenos descobre a súa diferenza, non só no seu tamaño, senón tamén no seu instinto: é o fillo dun ogro que a súa nai amou de forma apaixonada.

O Ogrocho, cos seus seis anos, a súa forza extraordinaria e a súa terrible herdanza, intenta reconciliarse coa súa parte oculta, dominar os seus instintos nun intento de parecerse aos demais.. Para elo ten que superar tres probas....

O Ogrocho aborda moitos e variados conceptos: a superación, a imaxinación, o amor, a natureza humana, a valentía, a moral, o lúdico da vida, a morte, a violencia, a represión, o abandono, a mentira, a soidade e o engano.

Gustounos un montón !!