Arriba o pano!

 

Es un artista? Tes imaxinación, gústanche as manualidades?

Pois non o dubides esta é a túa actividade.

Trae un calcetín (limpo) e na hora do recreo atoparás no patio cuberto todo o necesario para  convertelo nun monicreque estupendo!

Despois anímate e cun compañeiro inventa unha pequena  historia, e nós encargarémonos de gravala co escenario máis apropiado.