Skip to Content

Blogues

Visitade o blog da BIBLIOTECA de NAZARET

Lembrarvos de ir visitando o blog da biblioteca de Nazaret, ahí colgan as actividades que facemos no colexio, recomendan libros e fan moitos propostas divertidas sobre animación á lectura.

 

DÍA DOS MAIOS

En Educación Primaria este ano festexamos o primeiro de maio cunhas coplas, flores e maios feitos polo alumnado.

Clicar na imaxe para ver as nosas creacións!!!

 

Día das Letras Galegas

Este ano no CEIP Nazaret festexamos o día das Letras Galegas cunha homenaxe a Florencio Manuel Delgado Gurriarán e cun baile con todo o alumnado e profesorado podedes ver alguha imaxe neste link.

Facede click na imaxe para DISFRUTALO!!!

 

Unha presentación de libro

A clase de 2º A tivo unha visita moi especial…

Mateo, Andrés e Jacinto viñeron a presentar o seu primeiro libro: O algodón de Don Pirimpón, aí tedes o vídeo, aprendemos un motón! Clica na imaxe para ver o vídeo

Día do libro e Día das Letras Galegas

Neste mes de abril e maio festexamos o Día do Libro cun picnic literario e coa presentación do libro que fixo Jacinto, o pai de Andrés e Mateo de 2ºB.

 

 

Pequena gran homenaxe a Florencio Delgado

O pasado venres celebramos no noso cole o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Nunha soleada mañá saímos ao patio para...

Aplaudir aos nenos e nenas de primeiro e segundo que fixeron unha estupenda LECTURA da

BIOGRAFÍA de Florencio Delgado.

 

Gozar cun grupo de alumnos e alumnas de distintos niveis de Primaria que prepararon

coa mestra Miriam esta pequena INTERPRETACIÓN dun poema do autor homenaxeado.

Premede na imaxe para ver o vídeo

 

Acabamos a festa cun gran BAILE de todo o alumnado do cole escoitando

o tema "Terra" das Tanxugueiras.

 

Salvando a obra de Florencio Delgado.

Ola rapaces e rapazas!

Un feitizo está a punto de facer desaparecer a obra do escritor homenaxeado de este ano nas letras galegas... Serás ti capaz de desfacer o encantamento?

PONTE A PROBA. Clica na imaxe e resolve os enigmas. ( Esta actividade aparece no blog https://www.afiestradamestra.gal agradecemos a súa xenerosidade e o seu estupendo traballo)

As nosas letras!

O día 17 de maio celebraremos o día das letra galegas.

Este ano recordaremos a obra de  Florencio Delgado Gurriarán poeta. escritor de artigos, editor e abogado ourensán, nacido en Córgomo, Vilamartín de Valdeorrasno ano 1903,que se exiliou a América no ano 1939, por mor da guerra civil e do franquismo, e que morreu en Fair Oaks, California,  no ano 1987.

Na entrada da biblioteca poderedes atopar varios libros de este autor e botarlle unha ollada para saber máis da súa obra.

 

 

 

 

Baile das letras galegas: Terra Tanxugueiras

Excursión á Casa Grande de Xanceda

 

 

 

Distribuir contido



by Dr. Radut