Skip to Content

Blogue de Silvia Abrodos

Admisión 2019-2020

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 1 ate o 20 de marzo.  

O dia 18 o centro estará pechado, por ser un dos días non lectivos escollidos polo centro e aprobados pola X. Territorial.

Adxuntamos:

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión.

Instruccións da Xefatura Territorial de A Coruña.

Lexislación aplicable no proceso de admisión.

  Aplicación Admisión Alumnado.

Anexo II: Solicitude Admisión.

Información sobre o centro e prazos. 

Xornada de portas abertas

 

 

Todos os anos o CEIP PLurilingüe O Mosteirón organiza unha xornada de portas abertas para todas aquelas familias que quieran coñecer o centro, o xeito de traballo e resolver dúbidas que lle poidan xurdir, polo que o vindeiro mércores 22 de Febreiro,  todas as familias que queiran coñecer o centro educativo están convidadas a facelo.

Colaboración Comedor

Aberto o prazo para a colaboración de comedor. Do 22 de xuño ao 10 de setembro.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo curso 2020-2021, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección

A compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor que percibirán os membros da comunidade escolar será de 9,39 € por día de asistencia efectiva ao comedor e o xantar.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 10 de setembro de 2020, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2020.
 Durante o curso escolar 2020-2021 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

Experimentos 5º B

Debido ao coronavirus no puídemos facer no colexio os experimentos de Ciencias Naturais que tíñamos previsto, pero houbo rapaces que se animaron a facelos na casa, aquí queda unha mostra:

Ovo Saltarín por Iván Illanes

Ovo Radiactivo por Daniel Ferreño

Recreación dun castro por Diego Vargas

Coche eléctrico por Alberto e Julio Santos

Mes da poesía en 6º Ed. Primaria

Estámolo conseguindo.

Publicamos unha nova entrega das actividades do alumnado no tempo de confinamento.

Grazas!

 

Modificación das programacións.

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, fanse públicas as programacións para educación primaria relativas ao terceiro trimestre, modifcadas e adaptadas polos/as mestres/as.

1º Ed. Primaria.

2º Ed. Primaria.

3º Ed. Primaria.

4º Ed. Primaria.

5º Ed. Primaria.

6º Ed. Primaria

2 de maio- Día internacional do acoso

O vindeiro día 2 de maio é o día internacional do acoso e seguindo o noso PDI deste curso (alimentación e cociña), dende infantil ven unha receita de loita contra o  acoso. 

Instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o terceiro trimestre.

Poñemos o enlace para que poidades ver as instrucións que publicou a Consellería no día de hoxe.

Enlace.

Video lectura 6º B

Todo o día na casiña

Compartimos coa comunidade educativa unha canción que acaba de sair publicada e ten un bo toque dunha familia do cole, Paty Lesta e Cristian Leggiero, que xa viñeron compartir con nós o día da paz. 

Voz Natura

O equipo de Voz Natura invitavos a contruir un futuro sen plástico. Para animarvos os profes xa comezaron a facelo, estaremos encantad@s de aprender de vos!

 

 

Novo video da loita contra o coronavirus

Actividades 3º Trimestre

Deixamos os enlaces para cada curso, que serán os que se empreguen a partir de agora; en cada curso están os e mails dos/as mestres/as.

No espazo adicado ao Departamento de Orientación, tedes novas guias para para traballar a comprensión lectora e as lecturas. 

Lembrade o acceso é como convidado.

4º Educación Infantil.

5º Educación Infantil.

6º Educación Infantil.

1º Educación Primaria

2º Educación Primaria

3º Educación Primaria.

4º Educación Primaria.

5º Educación Primaria.

6º Educación Primaria. 

Actividades para o 14 de abril

Dado que neste momento non temos coñecemento exacto de como se vai abordar o terceiro trimestre e o período lectivo como o martes 14 de abril, deixamos unha actividade para cada nivel. Sentimos a situación que se está a vivir e sentimos non poder adiantarvos nada. 

Moito ánimo e moita forza, queda menos e xunto podremos!

Educación Infantil.

1º Educación Primaria.

2º Educación Primaria.

3º Educación Primaria.

4º Educación Primaria.

5º Educación Primaria.

6º Educación Primaria

Un pasiño máis na loita

Temos novos videos, que ao igual que os anteriores, amosan a gran forza que teñen as nosas alumnas e os nosos alumnos. Grazas por compartilo con nós!

 

 

Voltaremos a estar xunt@s!!

@s profes decidimos enviar unha mensaxe de ánimo para todo o alumnado e tamén para as familias, en modo de video, dado que somos conscientes de que se están pasando días complicados, pero.... un día máis é un día menos! Moita forza e moito ánimo a tod@s!

SUSPENSIÓN DO PERÍODO LECTIVO POR COVID-19

Toda a información e tarefas para este período de suspensión da actividade lectiva tédela na dereita da páxina a partir de agora.

Se alguen precisa de algo pode contactar con nós vía e mail: ceip.mosteiron@edu.xunta.es ou nos teléfonos 881.880.972/881.880.973.

Actividades 3º Semana sen clases

Deixamos os enlaces ás actividades para a terceira semana sen clases.

Lembrade deberedes acceder como CONVIDADO, non precisades en ningún momento contrasinal.

Actividades Educación Infantil.

Actividades Educación Primaria. 

Axudas de comedor

No DOG de  mañá van sair publicadas unhas axudas para as familias que os seus/suas fillos/as usen o comedor escolar e teñan a condición de gratuíto ou que aboen 1 euro ó día.
Con esta finalidade, adxuntamos un documento para que, a tramitación daquelas familias que o queiran solicitar sexa máis doado. Hai duas maneiras de solicitar a axuda: ou ben por chave 365 ou certificado dixital ou ben a través do noso centro (indicado nas instrucións): Rogamos que, todas as familias que desexen solicitalo o fagan antes do mércores día 1 de abril, dado que temos que verificar todos os datos e remitilos ao IES O Mosteirón, encargado da xestión do comedor do centro. Así como, que, tamén nos facilitaría o traballo que, os que o facedes por via telemática nolo indiquedes para ter presente que vos xa a presentastes e non estar pendentes de que perdades a axuda. 
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Un saúdo.
A dirección. 

Distribuir contido


by Dr. Radut