Listaxe provisional de admitidos e non admitidos

Está publicada a listaxe provisional de admitidos e non admitidos para o curso 2021. 2022. Dita listaxe so se pode consultar ou ben no taboleiro de anuncios do centro (no interior) ou ben, quen presentara a solicitude electrónicamente, poderano facer na propia aplicación.

Pódense efectuar reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación. As mesmas irán dirixidas ao Consello Escolar.

Mosteirón 19.04.2021

COVID 19- Información

Se tedes calquer dúbida sobre a COVID 19 ou queres informar da calquera situación relacionada con el ponte en contacto co equipo COVID do centro. 881.880.972 ou ceip.mosteiron@edu.xunta.gal

Novidades abril 2021

Ola familias!

Unha vez máis, traémosvos as últimas novidades. No mes de marzo e abril estivemos reestructurando os libros de materias así como mercando e catalogando libros novos. Aínda nos quedan moitos máis!! 

Os albergues do camiño

Cliqueade nos diferentes puntos e teredes información sobre os nosos albergues.

Día do libro 2021

Continuamos o noso camiño cos contos! 

Para celebrar o día do libro 2021, traballamos baixo o lema "Escolle un conto, escolle un camiño" na que cada aula escolleu un destino e unha emoción relacionada cun conto. Decoraron dúas frechas coas palabras elexidas, quedan preciosas na biblioteca!

Deixamos a ligazón do vídeo para ver os resultados!

https://youtu.be/N2MwyJmw4bE

Gañador da palabra do mes de abril

Beltrán Arévalo Baltar, de 1.ºB de educación primaria, gañardor da palabra do mes de abril con "Ardentía": "Fosforescencia ou luminosidade das augas mariñas, producida polos movementos dos peixes ou doutros organismos que habitan nelas." Outras palabras finalistas foron: penuxe, furancho, apreixo, trebello, quérote, bafa, garatuxa, carrabouxo, albiscar, andoriña. mixiricas, ruliña.
En hora boa a todos os participantes!

Camino de Mosteirón en plena natureza

Finalizamos o trimestre cunha andaina, na que aproveitamos para recoller elementos naturais cos que facer un herbario.

Nesta andaina ata tivermos mensaxes de ánimo para os peregrinos e as peregrinas.

 

20 de marzo, Día da Narración Oral

Co gallo do Día da Narración Oral o EDLG quere sumarse a esta conmemoración engadindo seis novos podcast interpretados por diferentes alumnos e mestres. Podedes acceder a eles premendo na imaxe.

 

Recomendación Lectora

Temos unha nova recomendación lectora da man da profe Sule. A autora do conto é moi coñecida polo noso alumnado por libros como O Monstro De Cores ou Topito Terremoto. 

 

https://youtu.be/HpsUIhw2kJc

 

 

Creación de empresas do camiño 6º B

Na materia de ciencias sociais o alumnado de 6º B traballou a creación de empresas, "creando" empresas para o camiño de Mosteirón.

Gañador da palabra do mes de marzo: FOCHIÑAS

Lucas Boado García, de 6.º de educación infantil, gañador da palabra do mes de marzo con FOCHIÑA.

Outras palabras finalistas foron: garatuxeiro, luscofusco, arroutada, lareto, asexar, candorca, fíbula, bolboreta, solpor e parrula.

Parabésn a todos os participantes.

Sorteo Voz Natura

Por fin temos a nosa primeira colleita do invernadoiro novo... así sorteoamos entre os agricultores e as agriculturas 7 cestas de verduriña. Poñemos un video no que veredes o noso traballo, as nosas plantacións de invernadoiro e de clase e ... o sorteo! Haberá máis sorteos, así que... toca volver plantar!

 

Enquisa igualdade

Gustaríanos que participásedes nesta enquisa totalmente anónima e voluntaria sobre a "Repartición de tarefas domésticas e da toma de decisións de actividades de lecer no núcleo familiar."

Enlace á enquisa:
https://forms.gle/KpcJnn3vh1WrjajJ7

O obxectivo final é crear unha base de datos e reflectir os resultados da enquisa mediante gráficas que se expoñerán por todo o colexio para que os/as alumnos/as poidan ver a situación na contorna próxima e comparala cos datos que imos obtendo doutros traballos sobre este tema e así poder sacar conclusións. Estamos ben? Que temos que mellorar? Etc.
Para que este estudo sexa máis relevante gustaríanos facelo anualmente e así poder ver a evolución dos resultados.
Con todo isto podemos incidir desde o colexio nos aspectos que debemos mellorar e valorar positivamente todos aqueles aspectos que van cara unha igualdade na repartición das tarefas domésticas e toma de decisións de actividades de lecer.
Data límite: 7/03/2021

Boletín mes de febreiro

Febreiro pasou moi rápido entre libro e libro! Deixamos as novidades do mes de febreiro. Na sección de materias podedes ver todos os libros novos sobre o corpo humano!!

 

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

O alumnado de 2.ºB de educación primaria fixo este "mapa mental" para coñecer á autora.

Día da poesía 2021

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AO POEMA

Julieta Bassi Galleni, de 1.ºB de educación primaria, recita este bonito poema na radio escolar para conmemorar esta data (21 de febreiro, Día da Poesía).

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer