Skip to Content

Axudas de material escolar e libros de texto.

Fondo solidario de libros de texto e material escolar

Publicouse no DOG do 20 de maio de 2021 a Orde do 6 de  maio pola cal se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e educación especial en centros docentes sostidos conn fondos públicos, para o curso 2021/2022 (código de procedemento ED33B).

O prazo para solicitar tanto as axudas de material e libros como o fondo solidario abranguen dende o 21 de maio ate o 22 de xuño de 2021.

O alumnado de 5º Ed. Primaria o vindeiro curso non terá libro de texto por entrar a formar parte o centro educativo do Proxecto Edixgal, o cal permitirá que o alumnado traballe co libro dixital, sendo dotados/as cun ordenador portátil de préstamo.

Nos documentos adxuntos vai:

-Orde que o regula.

-Pequeno resumo do centro.

- Formulario en castelá.

-Formulario en galego.

Entrega de libros de préstamo do fondo solidario

Os libros de prestamo do fondo solidario de libros serán entregados nas seguintes datas:

3º e 4º Ed. Primaria: Luns 7 de setembro  entre as 11:30 e as 13:00.

5º e 6º Ed. Primaria: Martes 8 de setembro entre as 11:30 e as 13:00.

AS familias que teñean que recoller libros ambos días poden vir un dos dous días.

A entrega realizarase no patio andaluz, gardando a distancia de seguridade e con uso obrigatorio de mascarilla. Aconséllase traer bolígrafo propio para a firma do documento de entrega.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Hoxe saiu publicado no DOG a Orde pola que se regula a participación no fondo solidarios de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado de educación Primaria. O prazo para presentar as solicitudes é dende mañá, día 20-05-2020, ate o 19-06-2020 (artigo 11). A presentación pódese facer no propio centro ou ben de xeito telemático, a través da chave 365 preferiblemente.(artigo 10)
Adxuntámosvos a orde. A solicitude non está dispoñible ata mañá, publicarémola na páxina web e  tamén podedes recoller a solicitude no propio centro. 
A documentación complementaria podedes consultala no artigo 12 da Convocatoria.
Como ben indica a orde, débense devolver os libros que tedes de préstamo, pero, a Consellería ten previsto sacar unha resolución para que poidades recoller os materiais dos vosos/as fillos/as que quedaron no centro e logo nós, concretaremos dende o centro, o proceso de recollida  e á vez a devolución dos libros , para evitar aglomeracións e que teñades que vir, o menor número de veces posible.
Faremos un documento/publicación coas datas nas que se van publicar as listaxes de alumnado que é beneficiario dos libros de texto, periodo de reclamacións e todos os trámites. Adiantamos que, non está permitido publicalo na páxina web por protección de datos, as listaxes estarán publicadas na taboleiro de anuncios do centro.
A día de hoxe, non é necesaria a cita previa, pero, se vemos que existe moita aglomeración de xente, preservando a vosa saúde, procederemos a comezar a este sistema e seredes informados.

Resumo da Orde

Anexos I e II
Enviámosvos o enlace do video que temos preparado para a entrada ao centro, a cal, dende mañá está permitida para admisión e fondo libros. (Video)

Distribuir contido


by Dr. Radut