Skip to Content

Próximo curso

ACREDITACIÓN DOS CRITERIOS DO BAREMO- ADMISIÓN 2020-21

Para consultar a documentación acreditativa cliquee  (Acreditación baremo)

Comisión de escolarización

Foinos remitida hoxe a acta da comisión de escolarización, indicando onde se debe matricular o vindeiro curso o alumnado que non resultou admitido no centro.

Podenm consultalo no taboleiro de anucnios do centro.

Listaxe definitiva de admitidas e admitidos

Publicada a listaxe definitiva de admitidos e admitidas e non admitidos/as.

Non hai cambios con respecto á listaxe provisional.

Matrícula do 20 ao 30 de xuño. Publicaremos toda a documentación que será precisa e os formularios que é preciso cubrir.

Listaxe provisional de admitidos e non admitidos

Está publicada a listaxe provisional de admitidos e non admitidos para o curso 2021. 2022. Dita listaxe so se pode consultar ou ben no taboleiro de anuncios do centro (no interior) ou ben, quen presentara a solicitude electrónicamente, poderano facer na propia aplicación.

Pódense efectuar reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación. As mesmas irán dirixidas ao Consello Escolar.

Mosteirón 19.04.2021

Entrega de documentación xustificativa dos criterios- 6º Ed. Infantil

As familias que presentaron solicitudes de admisión  para 6º de educación infantil terán que presentar a documentación xustificativa dos criterios alegados entre o 25 de marzo e o 15 de abril.

O resto de cursos non deben presentar ningún tipo de documentación neste prazo, por non haber máis solicitudes presentadas que prazas ofertadas no centro.

Antes do 25 de abril publicarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional de admitidos/as (avisarase cando esté publicada na páxina web).

Admisión alumnado novo ingreso para o curso 2021.22

Informamos sobre algúns aspectos que se nos están preguntando por diferentes canles:

- Este curso non realizaremos xornada de portas abertas, como se fixo en cursos anteriores. Aquí tedes dous videos explicativos, un de como é o noso colexio e outro sobre o proceso de admisión.

-O prazo para realizar a preinscripción é do 1 ao 22 de marzo de 2021. 

- A lexislación que é de aplicación ao proceso podedes consultala no seguinte enlace (Ir)

-Para consultar o Proxecto Educativo de Centro e o Período de adaptación cliqueade no enlace (IR)

-O sorteo público que se realiza anualmente para coñecer as letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión do alumnado terá lugar o día 25 de febreiro ás 10:30 no edificio administrativo de San Caetano. Consultar o anuncio. 

-Resultado do sorteo público para coñecer as letras de prioridade para resolver empates. 

-Instrucións admisión da Dirección Xeral de Centros (Consultar)

- Información sobre os prazos, vacantes e documentación.

- Solicitude admisión en galego.

-Solicitude admisión en castelá.

-Acceso á aplicación "admisionalumnado", para quen queira facelo online (debe terse certificado dixital)

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES DE ADMISIÓN: DO 1 AO 22 DE MARZO.

Inicio proceso de admisión- So para alumnos/as de 6º EP que vaian para o IES O Mosteirón

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.No caso do noso centro para alumnado de 6º EP que queira reservar praza no IES O Mosteirón; os que non queiran ir a dito IES terán que agardar ao proceso de admisión ordinario (1 ao 20 de marzo)

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
  • Enlace ao DOG- O resto de lexislación pódese consultar na sección de lexislación.

ANEXO QUE É PRECISO CUMPLIMENTAR E ENTREGAR NO CEIP PLURILINGÜE O MOSTEIRÓN. 

Publicación listaxes definitivas e non admitidas

Están publicadas as listaxes de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso.

Non hai modificacións con respecto á listaxe provisional. 

Listaxe provisional de admitidos e non admitidos

Vense de celebrar o Consello Escolar polo cal se aproba a listaxe de admitidos e non admitidos provisionais para o vindeiro curso escolar.

Mañá, día 2 de xuño, estará exposta a lista no taboleiro de anuncios do centro. Tamén poden consultar se o seu/sua fillo/a está admitido se fixo a solicitude pola sede electrónica a través do portal de "admisionalumnado".

Seguindo a Lei de protección de datos e as intruccións enviadas aos Centros Educativos non se fará pública ninguna listaxe na páxina web do centro e tampouco se dirá se un/unha alumno/a está admitido/a por teléfono nin por e- mail (non podemos comprobar a identidade de quen chama).

O alumnado dos cursos nos que houbo menos solicitudes que prazas ofertadas están todos/as admitidos/as e son os seguintes: 1º Educación Primaria, 2º Educación Primaria, 3º Educación Primaria e 4º Educación Primaria. 

Non existen prazas vacantes en 5º Educación Infantil, nin en 6º Ed. Primaria, por tanto non hai ningún alumno/a admitido.

Mosteirón 1 de xuño 2020. 

PRAZO DE ADMISIÓN

ÁBRESE O PRAZO DE ADMSIÓN PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO, O ALUMNADO QUE ESTÁ MATRICULADO NON TEN QUE PASAR POR ESTE PROCESO, XA SE AVISARÁ DOS TRAMITES DE TRANSPORTE, COMEDOR, LIBROS... PARA O VINDEIRO CURSO.

Reestablécese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. Quen a presentara non ten que volver facelo. 

A presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo será dende o 19 ao 26 de maio. 4º Educación Infantil xa somos conscientes de que é preciso que entreguen.

A publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido será antes do 9 de xuño de 2020.

Dende que se publiquen a listaxe, hai 3 días hábiles, dende o día seguinte, para formular reclamacións á listaxe.

A publicación das listas definitivas de alumnado admitido e non admitido será ata o 26 de xuño 2020.

Matriculación do 1 ao 10 de xullo de 2020.

Poderanse presentar os documentos entre as 10:00 e as 13:00 horas.
Aconséllase traer bolígrafo propio.

Enlace á publicación do restablecemento do proceso.

D.O.G no que se informa do proceso.

Documentación a entregar. 

Información do centro e letras de desempate. 

Solicitude admisión. 

Información. 

Video de acceso ao centro.

Admisión alumnado 2020.2021

Información do centro. 

 

 Letras de desempate: "T" e "G" para o primeiro apelido. "E " e "x" para o segundo. Consultade a información no seguinte enlace.

No arquivo adxunto de admisión 

 podedes acceder directamente a toda a lexislación.

Distribuir contido


by Dr. Radut