Skip to Content

Consellería

Distribuir contido
Actualizado: hace 3 anos 15 semanas

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de grego

Xov, 05/11/2020 - 13:02
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 5 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de grego (590002)

Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial
Categorías: Novas

A Xunta rexeita que o Goberno central cree un conflito inexistente co uso da lingua na nova lei educativa

Mér, 04/11/2020 - 21:14

Summary: 

O conselleiro de cultura lamenta que se empregue a lingua como elemento de confrontación e recoméndalle ao Executivo que se fixe no modelo de Galicia Galicia é un referente en materia lingüística, tal e como reflicte o último informe PISA, que sitúa á nosa comunidade como a de maior nivel de bilingüismo e respecto por outras culturas Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, lamentou hoxe que o Goberno central cree un conflito inexistente co uso da lingua na nova lei educativa “cunha clarísima intencionalidade política”. Neste sentido, o representante da Xunta de Galicia recalcou que en Galicia “a lingua non é motivo de confrontación”.

A este respecto, explicou que Galicia “non vai apoiar modelos que vaian en contra da convivencia das linguas ou que as usen como escusa para o conflito social. Se o Goberno pretende facelo, nós recomendámoslle que se fixe no modelo galego como referencia e que non cree problemas onde non existen”.

Román Rodríguez recordou que Galicia é un referente en materia lingüística, tal e como queda reflectido no último informe PISA, que constata que Galicia é a comunidade autónoma onde os estudantes falan dúas linguas con máis facilidade. De feito, o 96% do alumnado afirma falalo o bastante ben como para conversar con outras persoas, por diante das outras comunidades con lingua propia.

O mesmo informe PISA sitúa ás nenas e nenos galegos en cabeza xunto a Canarias en respecto e tolerancia por outras culturas, fronte a outras comunidades con lingua propia, que están nas últimas posicións.

O conselleiro fixo fincapé en que Galicia conta cun modelo de bilingüismo “totalmente normalizado” e cunha lingua e unha cultura integradora, un modelo que “non confronta, que busca sempre a convivencia e que aposta por relacionarnos cos demais en pé de igualdade”.

Ademais, engadiu que Galicia non vai permitir que este modelo de convivencia “se vexa alterado por decisións que, sen dúbida, responden a outro tipo de intereses e fomentan a intolerancia e incomprensión entre as linguas”.

Audio: 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Novas

Román Rodríguez destaca que 15 científicos de prestixio internacional se unirán ás universidades galegas nas vindeiras semanas

Mér, 04/11/2020 - 15:04
Idioma Gallego

Summary: 

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela visitaron os laboratorios do CIMUS A Xunta de Galicia vén de resolver a primeira convocatoria do Programa de Atracción e Retención do Talento dotado con 5 millóns de euros As tres institucións académicas de Galicia contarán cunha inxección de case 14 millóns de euros para facer fronte aos gastos derivados da covid-19

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o reitor da USC, Antonio López, visitaron hoxe en Santiago os laboratorios do CIMUS (Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas), onde o representante autonómico puxo en valor a aposta decidida que fai a Xunta de Galicia coa investigación e a innovación, así como a súa importancia para o desenvolvemento como sociedade e como país.

Durante a visita a un dos oito centros de investigación punteiros en Galicia, o titular de Educación destacou o compromiso do seu departamento coa carreira investigadora e anunciou que a Administración autonómica vén de resolver a primeira convocatoria do Programa de Atracción e Retención do Talento coa incorporación de 15 científicos cunha ampla e recoñecida traxectoria internacional en calidade de Investigador Distinguido, dez deles procedentes de fóra da Comunidade e outros cinco xa en Galicia.

Precisamente, a Universidade de Santiago de Compostela vai contar con catro destes científicos, dos cales dous desenvolverán o seu traballo no Instituto Galego de Físicas de Altas Enerxías (IGFAE), mentres que un estará no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) e outro no Departamento de Filoloxía Galega da USC. Ademais, na Universidade de Vigo serán sete os Investigadores Distinguidos (catro de Atracción e tres de Retención) e catro na UDC (tres de Atracción e un de Retención).

Este programa, ao que a Consellería destina un total de 5 M€, súmase ao de formación e retención de persoal investigador (con contratos predoutorais e posdoutorais) e ao apoio estable que a Xunta mantén cos grupos e estruturas de investigación, entre os que se atopan os oito Centros de Investigación, todos eles axentes científicos punteiros e recoñecidos tanto a nivel nacional como internacional.

Esforzo para garantir a seguridade

Ademais do impulso aos investigadores, o conselleiro referiuse tamén ao reforzo do apoio da Xunta de Galicia ás universidades galegas cunha inxección de case 14 M€ para facer fronte aos gastos derivados do contexto covid no eido universitario.

Como explicou Román Rodríguez, isto permitirá paliar o sobreesforzo económico que agora mesmo están realizando as universidades para garantir a seguridade sanitaria. Neste marco, o conselleiro puxo en valor o grao de consenso acadado entre os equipos reitorais das universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) para o reparto destes fondos en beneficio do conxunto da comunidade universitaria.

Información xeral Universidade Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Novas

Resolución provisional da convocatoria de axudas para centros privados concertados en materia de bibliotecas escolares e fomento da lectura. Curso 2020/21

Mér, 04/11/2020 - 14:31
Idioma Gallego

Publícase a Resolución provisional da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se dan a coñecer os centros seleccionados nas diferentes liñas de axuda contempladas na Orde de 11 de agosto de 2020 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2020/2021 (DOG do 1 de setembro).

Na resolución recóllense os anexos I, II e III correspondentes aos centros que se integran ou continúan no Plan de mellora de bibliotecas escolares, con indicación das contías concedidas. Así mesmo, os anexos IV (Clubs de lectura), V (Radio na biblio) e VI (Biblioteca Inclusiva) contemplan as axudas concedidas aos centros solicitantes que reúnen os requisitos requeridos nestas liñas de axudas.

Ábrese un prazo de dez días para a presentación de renuncias, no seu caso, ou de alegacións a esta resolución provisional, segundo se recolle no artigo 11, punto 2 da Orde de 11 de agosto de 2020, de convocatoria. Renuncias ou alegacións enviaranse por fax (981 54 65 42) a efectos de axilización e, paralelamente, á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

Anuncio principal: 

Convocadas axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2020/21

Tema: 

Plan LÍA Bibliotecas escolares Centros concertados

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Centros Servizo de Xestión de Programas Educativos

Colectivo: 

Centros
Categorías: Novas

Resolución conxunta, do 2 de novembro de 2020, de Plan de Continxencia ante peches

Mar, 03/11/2020 - 21:07
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución conxunta da Secretaría Xeral Técnica e da Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se aproba o Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centros educativos no contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021 e o Anexo I (Plan de continxencia).

File: 

Resolución conxunta de Plan de Continxencia ante peches Anexo I Plan de continxencia

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Centros
Categorías: Novas

Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional sobre horarios e ensino virtual ante a Covid-19

Mar, 03/11/2020 - 20:55
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para a elaboración de horarios nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021 para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros como consecuencia da pandemia da COVID-19.

File: 

Resolución da SXEFP sobre horarios e ensino virtual ante a Covid-19 Modelo Anexo I

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Centros
Categorías: Novas

A Xunta e as tres universidades consensúan o reparto dos 10,9 M€ dos fondos covid estatais ás universidades

Mar, 03/11/2020 - 14:29
Idioma Gallego

Summary: 

É unha cantidade adicional aos 3 millóns que lles destinou a Consellería de Educación para facer fronte aos gastos extra desde a declaración do Estado de Alarma en marzo

A Xunta de Galicia vén de consensuar coas tres universidades galegas o reparto dos fondos covid estatais que lles corresponden, un total de 10,9 millóns de euros que se suman aos 3 millóns de fondos propios da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que xa se asignaron a estas institucións académicas para facer fronte aos gastos derivados da covid desde a declaración en marzo do Estado de Alarma.

Por universidades, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibirá máis de 4,2 millóns de euros, a Universidade de Vigo (UVigo) 3,6 millóns e a Universidade da Coruña 3 millóns.

O criterio de reparto acordouse nunha xuntanza entre as consellerías de Educación e Facenda cos equipos reitorais das tres universidades. En concreto decidiuse empregar como base da distribución o número de alumnado de grao e máster de cada universidade. O gasto baséase en programas aos que se deben axustar as propostas das universidades, estruturadas en tres áreas: melloras sanitarias, dixitalización e actuacións en infraestruturas.

Estes fondos adicionais teñen como obxectivo paliar este sobresforzo económico, en beneficio da seguridade sanitaria das universidades públicas galegas, tendo en conta os gastos adicionais nos que tiveron que incorrer, que son imprevistos pero imprescindibles para manter a calidade da oferta académica e da investigación.

Estes 10,9 millóns proceden do Fondo COVID creado polo Real Decreto-lei 22/2020, do Goberno central, que ascende para Galicia a preto de 93 millóns de euros. Cómpre lembrar que a Xunta destina este ano un total de 162 millóns de euros para a loita contra a covid en educación.

Información xeral Universidade Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Novas

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de matemáticas

Mar, 03/11/2020 - 12:17
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 3 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de matemáticas (590006).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de filosofía

Mar, 03/11/2020 - 12:11
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 3 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de filosofía (590001).

Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Relación provisional de persoas admitidas, excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, Organización e proxectos de fabricación mecánica

Lun, 02/11/2020 - 14:00
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 2 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de organización e proxectos de fabricación mecánica (590112).

 

Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

A Xunta presenta o Plan de ensino virtual ante a Covid-19 como folla de ruta para blindar a calidade da Educación en Galicia

Lun, 02/11/2020 - 13:33
Idioma Gallego

Summary: 

O conselleiro de Educación explicou hoxe que o obxectivo é adiantarse e estar preparados para actuar de inmediato nunha hipotética situación deste tipo Créanse ‘horarios espello’ para un seguimento das materias similar ao presencial cunha organización estable que garante a interacción profesor-alumno Recolle as accións previas que os centros escolares deben ter completadas con planificación, así como o protocolo a seguir no momento dun peche Incorpora pautas para a avaliación e o control de asistencia O plan está acompañado de formación para o profesorado no ámbito das novas tecnoloxías “ A crise sanitaria non pode interromper o dereito da nosa mocidade a recibir un ensino de calidade, dando ademais certezas ás familias para saber con antelación a folla de ruta prevista”, salientou o conselleiro

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe en rolda de prensa o Plan de ensino virtual ante a covid-19, unha folla de ruta para blindar os valores que sistema educativo galego, como son a calidade e a equidade. O plan recolle un conxunto de actuacións elaboradas en base a criterios pedagóxicos, didácticos e metodolóxicos que permitirá continuar coa formación do alumnado nos casos nos que sexa preciso pasar ao escenario de educación non presencial por hipotéticos confinamentos. O obxectivo é que esta circunstancia ”incida o mínimo posible no normal desenvolvemento da actividade lectiva”, afirmou.

A este respecto, o responsable do departamento educativo da Xunta explicou que como Administración, a Xunta de Galicia “ten un mandato claro: que esta crise sanitaria non interrompa nin interfira no dereito do alumnado a recibir un ensino de calidade e equidade”, polo que a finalidade desta iniciativa é dar unha resposta áxil e axeitada no caso de peches ou corentenas de aulas, garantindo que unha situación deste tipo non afecte á calidade e equidade do ensino.

“Ante un escenario de pandemia que pode prolongarse no tempo, as familias deben saber que, no caso de que os seus fillos deban quedar na casa nalgún momento por confinamentos de maior ou menos duración, van contar cun plan de ensino virtual, completo, con horarios definidos, clases e tarefas organizadas, que se suma ás medidas xa en marcha”, expuxo o conselleiro de Educación. Como sinalou, trátase de estar preparados “para o caso hipotético non desexable de confinamento, que agardemos non sexa preciso, aínda que de selo hai que telo previsto”.

Tal e como explicou Román Rodríguez, deséñase un sistema regrado e estable de docencia virtual que ofreza ao alumnado unhas rutinas similares ás do ensino presencial, coa realización de tarefas e a avaliación do progreso do estudante, ao tempo que se mantén a interacción entre alumno e profesor. Estas pautas aplicaranse de terceiro de Primaria en diante. Nos niveis anteriores poderán empregarse opcionalmente as aulas virtuais, se ben debido á súa idade os expertos recomendan centrar o ensino noutras actividades como tarefas ou deberes, explicou o conselleiro.

O Plan de ensino virtual ante a covid-19 estrutúrase arredor de cinco liñas de actuación: o funcionamento en horario espello (similar ao do ensino presencial empregando ferramentas de comunicación e aulas virtuais), as instrucións no caso de peche ou confinamento, a distribución de medios informáticos en función das necesidades para o seguimento da actividade lectiva, a avaliación e control do alumnado e a realización de accións formativas para o ensino a distancia.

Carga lectiva e tempos de descanso

Para desenvolver o horario espello cada centro elaborará un horario para a docencia a distancia similar ao do ensino presencial. Deste xeito, no caso de ter que pasar ao escenario de ensino virtual, poderíase seguir un esquema de seguimento das materias moi similar ao das clases presenciais.

Esta programación respectará a carga lectiva de cada materia e distribuirase de tal forma que un mínimo do 60% se centre na docencia virtual e o 40% se destine á realización de tarefas e actividades por parte do alumnado. Así mesmo, respectaranse os tempos de descanso dos estudantes.

Os centros deberán elaborar nos vindeiros días este horario, que será remitido á Inspección Educativa para a súa supervisión e autorización definitiva e posterior posta a disposición do alumnado e familias.

Comunicación coas familias

O plan establece o protocolo a seguir no caso de que se decrete o peche ou confinamento do alumnado, segundo o cal o mesmo día do peche a dirección deberá enviar unha comunicación a través de aplicación abalarMóbil e publicar unha nova na web do centro.

Así mesmo, habilitaranse de inmediato na aula virtual do centro os recursos e actividades iniciais e trasladarase orientación ás familias. A partir dese momento, o alumnado e profesorado conectarase á aula virtual e á plataforma de videoconferencias para seguir as clases segundo o estipulado no horario espello.

Titorías e relación de actividades

A Xunta de Galicia defende a cultura do esforzo como parte fundamental do éxito do sistema educativo e dos seus resultados en informes como o PISA. Por iso o Plan de ensino virtual ante a covid-19 contempla un sistema de avaliación do traballo realizado, que incluirá unha sesión de titoría para os alumnos e para as familias. Do mesmo xeito, atenderase especialmente ao alumnado con necesidades educativas especiais, dotándoo dos medios e recursos organizativos e didácticos necesarios.

Así mesmo, a través da xefatura de estudos, requirirá ao final de cada semana unha relación das actividades realizadas polo profesorado no horario establecido.

Por outra banda, a modalidade de ensino virtual garantirá tamén o control de asistencia dos alumnos, a través da supervisión de asistencia por parte do profesorado polas canles habituais.

Formación e información

A situación de ensino completamente virtual, inédita ata o momento, esixe a formación e información da comunidade educativa. Neste sentido, o Plan presentado hoxe contempla a realización de accións de información e formación nesta materia por parte da dirección do centro. A maiores, pódese consultar co asesor Abalar de cada centro ou do Centro de Formación e Recursos.

O conselleiro explicou que nos últimos meses se puxeron en marcha accións de formación dirixidas ao profesorado sobre novas tecnoloxías e ensino mixto. As actividades continúan, con 900 cursos para o profesorado neste eido en marcha neste momento. Entre o último trimestre do curso pasado e o que vai deste formáronse 26.000 profesores.

Cobertura inmediata

O plan recolle, así mesmo, pautas para o reparto dos dispositivos electrónicos que a Xunta de Galicia pon a disposición do alumnado máis vulnerable. Unha vez atendidas as necesidades iniciais, as direccións dos centros trasladarán con carácter de urxencia á Inspección Educativa as necesidades de equipos, indicando a prioridade de cada unha delas. A Inspección trasladará á Amtega estas necesidades para a súa cobertura inmediata. Os dispositivos serán entregados no centro educativo, que os repartirá ás familias coa maior celeridade.

File: 

Plan ensino virtual Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas Consellería de Cultura, Educación e Universidade Profesorado Alumnado Familias Centros
Categorías: Novas

Adxudicación das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do SUG para o ano 2020

Lun, 02/11/2020 - 11:18
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 21 de outubro de 2020 pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento ED431H e ED431I).

Anuncio principal: 

Axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do SUG para o ano 2020

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Planificación e Estruturación de Investigación

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas

Convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2020

Lun, 02/11/2020 - 11:07
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2020 (código de procedemento PL500E).

  • O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

File: 

Orde do 23 de outubro de 2020 (DOG) Extracto da Orde do 23 de outubro de 2020 (DOG)

Tema: 

Bolsas Lingua galega

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2020/2021

Lun, 02/11/2020 - 10:45
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 22 de outubro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2020/21 (código de procedemento ED301I).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes computado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

 

File: 

Orde do 22 de outubro de 2020 (DOG) Extracto da Orde do 22 de outubro de 2020 (DOG)

Tema: 

Alumnado con necesidade específica de apoio educativo Bolsas Centros concertados

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Subdirección Xeral de Centros

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

15 científicos de recoñecida traxectoria incorpóranse como ‘Investigadores Distinguidos’ ás Universidades Galegas co apoio da Xunta de Galicia

Dom, 01/11/2020 - 10:00
Idioma Gallego

Summary: 

Son os primeiros investigadores captados a través do Programa de Atracción e Retención do Talento que puxo en marcha a Consellería de Cultura, Educación e Universidade A través desta nova modalidade de Investigador Distinguido (ID), o Goberno galego financia os contratos de incorporación ou permanencia no Sistema Universitario Galego, cuxa axuda oscila entre os 91.000 euros/ano ou os 71.000 euros/ano por investigador segundo as modalidades de atracción ou de retención Deste xeito dáselle un novo impulso á carreira investigadora, que arranca co apoio ás etapas formativas iniciais (contratos predoutorais), continúa coa formación posdoutoral e se completa agora cos contratos para investigadores distinguidos cunha traxectoria recoñecida e afianzada

Un total de 15 científicos de recoñecido prestixio vanse incorporar nos próximos meses ás universidades galegas en calidade de Investigadores Distinguidos (ID), figura impulsada pola Xunta ao abeiro do primeiro Programa de Atracción e Retención do Talento científico en Galicia, e cuxa resolución sairá publicada mañá no Diario Oficial de Galicia.

A través desta nova categoría de Investigador Distinguido, o Goberno galego busca atraer e reter persoal investigador cunha ampla e recoñecida traxectoria co obxectivo de desenvolver as capacidades de investigación dos centros e das unidades de I+D do SUG.

Cunha dotación orzamentaria de 5 millóns de euros, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade asume o financiamento íntegro da contratación, por parte do Sistema Universitario Galego (SUG), dos 15 investigadores que foron seleccionados por unha comisión avaliadora externa. Trátase de 10 científicos que se incorporarán a centros de investigación universitaria de Galicia procedentes doutros organismos de fóra (Modalidade de Atracción) e outros cinco da Modalidade de Retención (orientada á contratación de persoal investigador actualmente con contrato nunha universidade galega).

Na modalidade de Atracción de Talento, catro dos dez seleccionados incorporaranse á Universidade de Vigo, tres á Universidade de Santiago de Compostela e outros tres á Universidade da Coruña. Dos cinco seleccionados na Modalidade de Retención de Talento, tres traballarán na UVigo, un na USC e outro na UDC.

Os científicos seleccionados vanse integrar nos próximos meses nalgunha das estruturas de investigación do SUG con axuda vixente, como pode ser un centro de investigación acreditado pola Consellería, o centro de excelencia Severo Ochoa radicado en Galicia e con acreditación vixente, ou nunha agrupación estratéxica modalidade A no ano 2018.

Este novidoso programa de axudas enmárcase dentro do conxunto de accións de apoio á carreira investigadora desde as etapas formativas iniciais (apoio predoutoral), ata completar a formación posdoutoral ao longo de cinco anos. Agora dáse un chanzo máis cunha nova medida na procura da atracción, incorporación e retención de talento investigador para garantir a excelencia da investigación científica en Galicia.

A contratación desta figura de Investigador Distinguido faise a través de dúas modalidades: a modalidade de atracción e a modalidade de retención.

Modalidade de atracción de talento

No primeiro dos casos, de atracción, búscase atraer investigadores de recoñecido prestixio e incorporalos ao sistema universitario galego. Para iso a Consellería de Educación financia a contratación de ata un máximo de 10 investigadoras ou investigadores por un período de catro anos e cun importe por axuda de 91.000 euros/ano (50.000 euros de soldo e outros 40.000 euros para a liña de investigación).

Os aspirantes deben estar en posesión dun título do grao de doutor, acreditar un mínimo de catro anos de experiencia posdoutoral (dos cales polo menos 2 deben ser de estadía no estranxeiro) e non ter sido contratados por unha universidade do SUG nos 24 meses anteriores á data límite de presentación de solicitudes.

Modalidade de retención de talento

Na modalidade de retención, o obxectivo é contratar e promocionar o persoal investigador que xa está vinculado ao Sistema Universitario Galego, ben nos campus de especialización ou ben en áreas de coñecemento estratéxicas. Para tal fin a Consellería financia a contratación de ata cinco persoas, cunha axuda de 71.000 euros/ano por axuda (50.000 euros de soldo e 20.000 euros para a liña de investigación) durante un período máximo de catro anos. Neste caso, os requisitos esixidos son catro anos de experiencia posdoutoral e contar coa acreditación para a categoría de profesor contratado doutor da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) ou da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego (ACSUG), entre outros.

Pagamento de contratos e gastos asociados

Ademais do pagamento dos contratos, dos custes sociais e complementos a cada entidade beneficiaria por Investigador Distinguido que contrata, a Xunta tamén corre a cargo dos gastos asociados ao desenvolvemento das liñas de investigación que abranguen o custe da contratación de persoal investigador ou auxiliar de investigación (sempre que non estean vinculados funcionarial ou estatutariamente coa universidade contratante), o pequeno equipamento inventariable e material funxible, o material bibliográfico, a formación do persoal do equipo, as ferramentas de xestión do coñecemento e información (aplicacións informáticas, bases de datos,...) e a organización de actividades de intercambio e difusión científica entre outros.

Información xeral Universidade Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Novas

A Xunta abre o prazo para presentarse aos Premios extraordinarios de Ensinanzas Artísticas Profesionais

Sáb, 31/10/2020 - 10:30

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade establece un total de seis galardóns, a razón de tres para a modalidade de Música, dous na modalidade de Artes plásticas e Deseño e un na modalidade de Danza Idioma Gallego

A Xunta de Galicia vén de abrir o prazo para presentarse aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes plásticas e Deseño. Tal como recolle o Diario de Galicia, o prazo de presentación de solicitudes para optar a estes galardóns rematará o día 30 de novembro.

O obxectivo destes premios, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, é recoñecer e valorar publicamente os méritos académicos e artísticos excepcionais baseados no esforzo e no traballo de seis alumnas e alumnos que remataron os seus estudos no pasado curso 2019/20 cun excelente resultado académico. Para tal fin habilítanse tres premios na modalidade de Música, dous na modalidade de Artes plásticas e Deseño e un na modalidade de Danza.

As persoas que resulten galardoadas obterán unha dotación económica de 850 euros e un diploma acreditativo de recoñecemento que constará nas súas certificacións académicas, ademais da posibilidade de concorrer ao correspondente premio nacional.

Entre outros requisitos que se poden consultar no DOG, para optar a estes premios as persoas aspirantes deben contar cunha nota media igual ou superior a 8,75 nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais, nas modalidades de Música e Danza, ou no ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño cursado.

Ademais, na modalidade de Música terán que realizar unha interpretación como solista e presentar unha copia dunha gravación de vídeo na cal interpretase tres pezas de diferentes estilos, dunha dificultade non inferior ao nivel de sexto curso de ensinanzas profesionais de Música. No caso dos estudantes de Danza, teñen que presentar unha copia dunha gravación de vídeo na que interpreten dúas obras da especialidade, dunha dificultade non inferior ao nivel de sexto curso das ensinanzas profesionais de Danza. Pola súa banda, as persoas aspirantes na modalidade de Artes Plásticas e Deseño deben presentar a memoria e documentación gráfica do proxecto integrado ou proxecto final do ciclo formativo de grao superior polo cal concorren.

Información xeral Premios autonómicos Ensinanzas de danza Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño Ensinanzas de música Ensinanzas superiores de música Consellería de Cultura, Educación e Universidade Alumnado
Categorías: Novas

Oito traballos presentados por sete centros educativos acadan os premios do II Concurso de Podcasts-Radio na Biblio

Ven, 30/10/2020 - 15:23

Summary: 

Os traballos debían xirar arredor do homenaxeado co Día das Letras Galegas, Ricardo Carvalho Calero, o patrimonio lingüístico galego ou a lectura de poesía e teatro en lingua galega O certame convócase en colaboración coa Radio Galega Idioma Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar a relación dos centros premiados no II Concurso de Podcasts-Radio na Biblio, que acadaron un total de 7 centros educativos de toda Galicia cos traballos realizados nos seus laboratorios radiofónicos.

O concurso consta de catro modalidades. Na de Infantil e primeiro ciclo de Primaria resultan premiados o CEIP Nicolás del Río (Cedeira), polo podcast Primavera das Letras, o CEIP San Bartolomé (Vilanova de Arousa), por Entrevista a Antonio García Teijeiro e o CPI Suárez Marquier (O Rosal), por O rap de Carvalho Calero.

Na modalidade dirixida ao resto dos cursos de Primaria, os gañadores son o CEIP Mestre Manuel García (Oia), por Curiosidade espacial, e o CEIP de Foz nº 1 (Foz), por Teatro radiofónico: Auto do alugado (Manuel María).

Na categoría de ESO son galardoados o IES Punta Candieira (Cedeira), polo podcast Argallando coas palabras, e o IES Fontexería (Muros), por Confinamento nas ondas: especial Carvalho Calero. Finalmente na categoría dirixida a alumnado de Bacharelato ensinanzas de Persoas Adultas ou Ciclos Formativos o centro premiado é, de novo, o IES Punta Candieira (Cedeira), por Hoje vai de poesía.

Os centros gañadores nas distintas modalidades recibirán cada un unha asignación extraordinaria de 1.000€ para melloras no laboratorio de radio ou para actividades relacionadas co funcionamento do mesmo, sempre vinculado á biblioteca do centro.

Os podcasts premiados serán difundidos pola Radio Galega a partir desta fin de semana a través da súa páxina e a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (web de Bibliotecas Escolares de Galicia e outros).

Ademais, o alumnado implicado nos traballos seleccionados poderán visitar as instalacións da Radio Galega en Santiago de Compostela, tras o acordo previo con esta entidade, e sempre que a situación sanitaria o permita. Da mesma forma, a Radio Galega poderá realizar entrevistas a algúns dos grupos responsables dos traballos seleccionados.

Ferramenta pedagóxica

Este é o segundo ano no que a Consellería convoca, en colaboración coa CRTVG, este concurso, destinado aos centros públicos participantes no programa Radio na Biblio e a outros centros que traballan xa con este medio como ferramenta pedagóxica.

Este ano, co gallo da dedicación do Día das Letras Galegas ao filólogo e escritor Ricardo Carvalho Calero, os podcasts radiofónicos participantes debían xirar arredor do traballo do ferrolán, ou inspirados pola súa figura, en cuestións como a riqueza do patrimonio lingüístico galego, especialmente vinculado ao medio xeográfico, cultural e humano máis próximo ao centro. A temática dos traballos tamén podía ir dirixida a estimular a lectura de poesía e teatro galegos e en galego.

Información xeral Plan LÍA Bibliotecas escolares Ensinanzas de réxime xeral Educación das persoas adultas Consellería de Cultura, Educación e Universidade Centros
Categorías: Novas

O Comité Educativo aproba recomendacións de ventilación para facer compatible o máximo nivel de seguridade nas aulas co mellor nivel de confort do alumnado

Ven, 30/10/2020 - 13:46
Idioma Gallego

Summary: 

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, presidiu a reunión semanal do órgano que asesora á Xunta en materia escolar ante a covid-19 Apróbanse unhas directrices de ventilación, que os centros recibirán de inmediato, que amplían o contido do protocolo xeral e optimizan os tempos de ventilación co obxectivo de afrontar as temperaturas nos meses de inverno Tras realizar a consulta, o Comité Clínico determinou que a ventilación natural é imprescindible para a loita contra a covid-19 en espazos pechados e que os purificadores con filtros HEPA só poden utilizarse de xeito excepcional e complementario Un estudo en marcha avaliará as dinámicas ante distintas casuísticas para monitorizar a evolución e xerar maior coñecemento “Somos conscientes de que esta é unha preocupación latente nas familias, máis cando se achegan condicións máis adversas”, afirmou o conselleiro

O Comité Educativo aprobou hoxe unhas directrices de ventilación en centros educativos co obxectivo de facer compatible o máximo nivel de seguridade co mellor nivel de confort para o alumnado galego nas aulas ante un curso marcado pola excepcionalidade da covid-19. Estas recomendacións, que colexios e institutos recibirán de maneira inmediata, amplían o contido do protocolo xeral de inicio de curso e optimizan os tempos de ventilación, o que permite afrontar con máis garantías os meses de inverno con peor meteoroloxía.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, expuxo o labor desenvolto nas últimas semanas, logo de que na reunión anterior do Comité Educativo se decidise solicitar novas orientacións técnicas para a ventilación nas aulas e atender así as peticións trasladas pola comunidade educativa sobre esta cuestión. Ao respecto, informou do ditame do Comité Clínico, que conclúe que a ventilación natural é imprescindible na loita contra o virus en espazos pechados como as aulas, algo que vai en liña co expresado xa polo Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).

Así mesmo, os expertos sanitarios advirten que os purificadores con filtros HEPA non son suficientes por si mesmos e que só poden empregarse en todo caso como último recurso, de xeito complementario, nunca substitutivo, e excepcionalmente. A súa utilización require dun informe técnico especializado, así como a súa autorización en coordinación coas directrices da autoridade sanitaria.

Román Rodríguez compareceu acompañado polo director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, e polo doutor Pedro Rascado, ambos membros tanto do Comité Clínico como do Comité Educativo, dous órganos en permanente contacto para contribuír ao normal desenvolvemento do curso no contexto da covid-19.

“Somos conscientes de que esta é unha preocupación latente na comunidade educativa, máis cando se achegan condicións máis adversas”, afirmou o conselleiro. Por iso, expuxo, o compromiso do Goberno galego é “buscar fórmulas para reducir esta problemática”, sen perder nunca de vista que a seguridade dos membros da comunidade educativa é a prioridade e iso fai imprescindible a ventilación natural.

Tempos e dinámicas

As orientacións aprobadas hoxe no Comité Educativo, en coordinación por parte dos departamentos de Sanidade e Educación, fan un repaso das medidas previstas no protocolo xeral, analizan as referencias existentes sobre ventilación (entre elas a guía do CSIC), establecen un proceso na toma de decisións sobre ventilación (entre elas a guía do CSIC), establecen un proceso de decisións e incorpora unha serie de recomendacións específicas para previr a propagación do virus.

Estas recomendacións, que inciden na ventilación natural como medida de seguridade necesaria fronte á covid-19, optimizan tempos e fórmulas de ventilación. Como xa recollía o protocolo de inicio de curso, requírese facelo 15 minutos ao inicio e ao remate da xornada, 5 minutos entre clase e clase e durante todo o recreo. Aconsella facelo abrindo xanelas e portas para xerar ventilación cruzada.

O documento incorpora, así mesmo, pautas para ventilar as aulas durante o transcurso das clases dun xeito eficiente que permita a maior renovación posible do aire ao tempo que se mellora o confort térmico, sen necesidade de ter as xanelas abertas toda a sesión.

A maiores, a Consellería ten en marcha un estudo piloto en centros de ensino para guiar esta actuación. Sobre esta base, para monitorizar a situación e xerar un maior coñecemento, seguirá traballando en colaboración con expertos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) tendo en conta diferentes casuísticas posibles.

Contaxios fóra das aulas

O conselleiro fixo tamén unha valoración sobre o desenvolvemento do curso cunha mensaxe de tranquilidade á comunidade educativa. Neste sentido, recordou que nestes momentos os centros escolares son lugares seguros, cunha baixa incidencia de contaxios grazas ao esforzo de toda a comunidade. “Equipos directivos, profesores, alumnos e familias están poñendo o mellor de si mesmos para garantir a actividade lectiva presencial nun momento de dificultade sanitaria como actual”, resaltou.

Aínda que remarcou a importancia de non baixar a garda, subliñou que a situación nos centros é mellor que no conxunto da sociedade e tamén mellor en termos comparativos co conxunto de España. “Os centros escolares son espazos abertos á sociedade nos que cada día interactúan medio millón de persoas”, lembrou. Malia este volume de poboación, “no 87% dos centros onde se detectan positivos trátase de casos illados dunha ou dúas persoas, sen que o contaxio se propague”.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Novas


by Dr. Radut