Skip to Content

Consellería

Distribuir contido
Actualizado: hace 3 anos 16 semanas

Publicación da Resolución provisional de centros seleccionados e actuacións concedidas da convocatoria de contratos-programa 2020/21

Ven, 20/11/2020 - 14:43
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Resolución do 30 de xullo de 2020 pola que se regulan os contratos-programa dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria para o curso 2020/21

Xúntase Resolución provisional Contratos-programa 2020/21  e  Listaxe provisional de centros seleccionados (ordenados por código de centro).

O prazo de reclamacións e/ou renuncias remata o venres 27 de novembro de 2020.

 

Servizo relacionado: 

Contratos-programa

Tema: 

Contratos-programa

Ensinanza: 

Educación infantil Educación primaria Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros
Categorías: Novas

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, organización e proxectos de fabricación mecánica

Ven, 20/11/2020 - 12:45
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 20 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario , especialidade de organización e proxectos de fabricación mecánica (590112).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.  

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Creación das comisións provinciais de seguimento ante as posibles situacións de absentismo con orixe na COVID-19

Ven, 20/11/2020 - 11:30
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 13 de novembro de 2020 pola que se crean as comisións provinciais de seguimento ante as posibles situacións de absentismo con orixe na COVID-19.

File: 

Orde do 13 de novembro de 2020 (DOG)

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Familias Centros
Categorías: Novas

A Xunta presenta as instrucións para garantir as prácticas presenciais en empresas na FP no contexto da covid-19

Xov, 19/11/2020 - 16:45
Idioma Gallego

Summary: 

O conselleiro Román Rodríguez abordou o documento con representantes empresariais O titular de Educación subliña que a prioridade absoluta é que as prácticas se realicen nos centros de traballo de xeito presencial, dado que proporcionan unha cualificación máis completa ao alumnado, pero hai que ter unha folla de ruta alternativa por se a evolución da pandemia non o fai posible O obxectivo é darlle ás máximas facilidades ao alumnado para que poida completar o seu currículo sen que se vexa afectada a calidade dos contidos académicos recibidos

O Goberno galego presentou as instrucións para o desenvolvemento do período de formación en empresas nas ensinanzas de Formación Profesional, artísticas e deportivas na situación excepcional de pandemia derivada da covid-19. O texto foi presentado hoxe nunha reunión de traballo que o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, mantivo co empresariado galego ao que asistiron representantes das asociacións provinciais de empresarios, das cámaras de comercio e das asociacións de xoves empresarios. O texto foi tamén analizado cos directores dos Centros Integrados de FP (CIFP).

Segundo avanzou Román Rodríguez, “a prioridade máxima é que os alumnos completen a súa formación nos centros de traballo” xa que “a formación en empresas é un elemento fundamental para a adquisición de competencias por parte do alumnado cara á súa inserción laboral”. Non obstante, “temos que estar preparados” por se a evolución da pandemia pode dificultar ou impedir o desenvolvemento desta Formación en Centros de Traballo (FCT).

Nesta liña, as instrucións recollen unha serie de mecanismos e alternativas a poñer en marcha en función do tipo de ensinanza, co fin de flexibilizar as condicións da formación práctica co obxectivo de darlle as máximas facilidades ao alumnado para que poida completar o seu currículo, sen mermar a calidade na adquisición de coñecementos e destrezas asociadas a cada título.

Flexibilización e teletraballo

Así, no caso excepcional de que non se poidan completar ou levar a cabo as prácticas en empresa de xeito presencial, dáse a posibilidade de que o módulo de Formación Práctica en Empresa se realice de xeito telemático. Isto é, que os centros tamén poderán optar por favorecer a realización ou o remate do módulo FCT mediante a fórmula de teletraballo, sempre que a empresa ou institución en cuestión ofreza esa posibilidade.

Así mesmo, poderase reducir o período de formación práctica ata o mínimo establecido na normativa (220 horas nas ensinanzas de grao medio e superior e 130 horas en FP Básica). Nestes casos, a FCT completarase por prácticas nos talleres dos propios centros ou por unha proposta de actividades asociada á contorna laboral deseñada e supervisada polo centro educativo.

Tamén se poderán flexibilizar os tempos de prácticas, ben empregando días non lectivos ou ampliando ao máximo a estadía de horas en empresas, e incluso se amplía o período de prácticas ata o 31 de agosto (ata o de agora as prácticas rematan en xuño, coincidindo co remate do curso escolar).

Así mesmo, tamén se incorpora a exención total ou parcial do módulo de FCT para aqueles alumnos que acrediten unha experiencia laboral mínima de seis meses (o período ordinario é dun ano), a tempo completo, relacionado cos seus correspondentes estudos profesionais.

Canto ao alumnado de FP Dual, ao igual que para o resto dos ciclos, con carácter xeral realizará as actividades formativas nos centro de traballo segundo o establecido nos convenios e/ou acordos de colaboración coas empresas. Se, debido á evolución da pandemia isto non fose posible, os centros educativos reprogramarán a formación de cada alumno, planificando actividades de reforzo dos aspectos que non fosen abordados na empresa.

As instrucións tamén establecen as condicións de formación práctica coas súas especificidades para o alumnado das ensinanzas deportivas, das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño e das ensinanzas artísticas superiores.

Información xeral Formación Profesional inicial Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Novas

Instrucións para o desenvolvemento do período de formación en empresas nas ensinanzas de formación profesional, ensinanzas artísticas e ensinanzas deportivas, na situación excepcional actual de pandemia derivada da COVID-19

Xov, 19/11/2020 - 13:52
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 13 de novembro de 2020 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do período de formación en empresas nas ensinanzas de formación profesional, ensinanzas artísticas e ensinanzas deportivas, na situación excepcional actual de pandemia derivada da COVID-19.

 

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial Ensinanzas deportivas Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Publicación das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Lingua estranxeira francés (597033)

Xov, 19/11/2020 - 13:44
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 18 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de lingua estranxeira francés (597033).

As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional, mediante un escrito dirixido á persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, no prazo comprendido entre o venres día 20 de novembro ata o martes día 24 de novembro de 2020, ambos incluídos.

 

Anuncio principal: 

Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES e profesores técnicos FP

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Listaxe definitiva de adxudicacións e exclusións de axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro

Xov, 19/11/2020 - 10:30
Idioma Gallego

Xúntase a listaxe definitiva de adxudicacións e exclusións de axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Anuncio principal: 

Publicada a convocatoria das axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Ensinanzas de música

Departamento: 

Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial

Colectivo: 

Centros
Categorías: Novas

Instrucións para o desenvolvemento do Real decreto lei 31/2020, do 29 de setembro, polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito da educación non universitaria

Mér, 18/11/2020 - 15:56
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 18 de novembro de 2020 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Real decreto lei 31/2020, do 29 de setembro, polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito da educación non universitaria. (Proximamente no DOG)

File: 

Resolución do 18 de novembro de 2020

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

O secretario xeral de Educación subliña que os retos de futuro son a innovación, a cualificación do profesorado, o aproveitamento do talento e a inclusión

Mér, 18/11/2020 - 15:48
Idioma Gallego

Summary: 

José Luis Mira interveu na Comisión Especial de Estudo sobre a Reactivación Económica, Social e Cultural de Galicia pola crise da covid-19

O secretario xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta de Galicia, José Luis Mira, interveu esta mañá ante a Comisión Especial de Estudo sobre a Reactivación Económica, Social e Cultural de Galicia pola crise da covid-19 para abordar o contexto de pandemia desde o ámbito educativo e os retos aos que se enfronta o sistema, entre eles o de asegurar que os mozos e mozas adquiran unha base competencial sólida de cara ao seu desenvolvemento persoal e profesional.

José Luis Mira subliñou a transcendencia que a educación ten como elemento transformador das sociedades, e que nun momento como o actual é imprescindible apostar por proxectos de futuro. Neste senso, o secretario xeral de Educación e FP asegurou que −en liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea−, o Goberno galego está traballando nunha serie de proxectos específicos como son a innovación educativa, a cualificación do profesorado, o aproveitamento do talento e a inclusión, a igualdade e a equidade de xeito que, en termos xerais, “o sistema educativo contribúa á mellora do noso capital humano”.

Segundo explicou no Parlamento, desde a Xunta de Galicia estanse poñendo en marcha iniciativas dirixidas a formar á comunidade educativa (tanto a alumnos como a profesores) para o uso e aproveitamento das competencias dixitais e lingüísticas. Nesta liña asegurou que, dentro do sistema educativo galego, se vai promover un proceso de acreditación das competencias dixitais con valor para a carreira profesional e a empregabilidade. Mira fixo especial fincapé na adaptación da cualificación do profesorado e na necesidade “de orientarse de cara aos novos tempos”

Así mesmo, tamén destacou a aposta por proxectos relacionados coa innovación educativa aplicada ao proceso de ensinanza e aprendizaxe mediante a creación de espazos de educación e formación que favorezan a experimentación, a innovación e o emprendemento a través da creatividade e o deseño. Precisamente para favorecer estes procesos, José Luis Mira explicou que desde a Consellería de Educación se vai incidir na capacitación dos formadores así como na participación dos profesionais educativos nas redes de formación do Espazo Europeo de Educación.

Reforzo educativo

Outro dos piares da educación é a inclusión, a igualdade e a equidade; para o cal se van seguir implementando actuacións de reforzo xa asentadas e coas que se están logrando datos como que Galicia reducira ata o 12,6% a taxa de abandono temperá no ano 2019 (un 25,8% menos que hai unha década, e por debaixo do 17,3% estatal).

Así, ademais dos plans de reforzo específico a través do programa ARCO para o alumnado que o preciso, o secretario xeral de Educación incidiu na integración lingüística para o alumnado inmigrante, ou en liñas de acompañamento e mentoring para colectivos con dificultades de integración.

No apartado específico da Formación Profesional, incidiu na necesidade de seguir adaptando a oferta formativa de xeito que se adapte ás demandas do tecido socioeconómico, impulsar a colaboración público-privada, reforzar a orientación profesional para acompañar aos alumnos no tránsito da formación á incorporación ao mundo laboral, así como habilitar vías para a actualización de competencias de persoas que xa dispoñen dun título de FP pero que é necesario que adapten os seus coñecementos aos novos contextos.

“O obxectivo é −en palabras de José Luis Mira− ofrecer unha boa formación en competencias e en valores para os nosos mozos e mozas, que van constituír o capital humano do noso futuro inmediato”. “Con profesionais cualificados, estaremos favorecendo a competitividade do noso sistema produtivo e, con ilo, mellorando a economía, o consumo e o benestar dos galegos e galegas”, abondou.
 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade Profesorado
Categorías: Novas

Publicación das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Audición e linguaxe (597037)

Mér, 18/11/2020 - 15:22
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de mestres/as (597)

Xúntase a Resolución do 18 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Audición e linguaxe (597037).

O prazo de reclamacións contra a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional é de cinco (5) días hábiles e comeza o xoves día 19 de novembro e remata o mércores día 25 de novembro de 2020. As reclamacións deberán formularse por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de acordo co establecido na base sexta da Resolución do 18 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Audición e linguaxe (597037)

Non se admitirán as reclamacións formuladas por correo electrónico.

 

Para realizar reclamacións á relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional desde a sede electrónica da Xunta de Galicia deberá acceder a seguinte ligazón aquí.

Logo de acceder a ligazón os pasos a seguir son:

1º Premer no botón Tramitar en liña

2º Identificarse co seu usuario e contrasinal

3º Cubrir a solicitude xenérica do seguinte xeito nos campos:

  • Asunto Relacionado debe engadir: Alegacións á relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional do corpo de mestres, especialidade de Audición e linguaxe (597037)

  • Código de Procedemento debe engadir: 597037

  • Destinatario: Consellería de Cultura, Educación e Universidade

    Dirección Xeral de Centros e Recurso Humanos

4º No seguinte paso deberá anexar a documentación que presente para emendar a súa solicitude ou formular a reclamación

5º Finalmente deberá asinar e presentar no rexistro electrónico e obter o recibo xustificativo da súa presentación.

 

As persoas interesadas poderán consultar a admisión á lista e o seu baremo provisional no enderezo web: www.edu.xunta.es/substitutoslistas

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, especialidade de filosofía

Mér, 18/11/2020 - 15:11
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 17 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de filosofía (590001).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, especialidade de asesoría e procesos de imaxe persoal

Mér, 18/11/2020 - 14:58
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 17 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de asesoría e procesos de imaxe persoal (590103).

Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas.

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Concesión directa de subvencións a centros docentes privados concertados para afrontar gastos de organización e funcionamento no curso 2020/21 derivados da COVID-19

Mér, 18/11/2020 - 10:54
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 13 de novembro de 2020 de concesión directa de subvencións a centros docentes privados concertados para afrontar gastos de organización e funcionamento no curso 2020/21 derivados da COVID-19.

File: 

Orde do 13 de novembro de 2020

Tema: 

Centros concertados

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Centros

Colectivo: 

Centros
Categorías: Novas

Román Rodríguez reúnese cos presidentes dos Consellos Sociais das universidades para comezar a planificar os retos de futuro

Mar, 17/11/2020 - 18:45
Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión de traballo cos presidentes dos Consellos Sociais das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) para abordar o desenvolvemento do curso escolar, escoitar as demandas, abrir vías de colaboración conxunta coa mirada posta na planificación dos retos de futuro. Trátase do primeiro encontro deste tipo entre o responsable do departamento e os representantes dos Consellos Sociais universitarios, órganos de participación da universidade na sociedade a través do impulso de proxectos vinculados co desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico e cultura. 

Na reunión, participaron Cecilia Sierra, presidenta do Consello Social da USC; Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da UVigo e Antonio Abril, presidente do Consello Social da UDC e presidente nacional de Consellos Sociais. Tamén asistiu o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro. 

Información xeral Universidade Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Novas

As instrucións da Xunta para corrixir o 'decreto do aprobado xeral' manterán os criterios de calidade do sistema educativo galego

Mar, 17/11/2020 - 16:07

Summary: 

A Consellería de Educación ten xa listo o documento, que ten como obxectivo manter os estándares de calidade do noso ensino, avalados por PISA Apóstase polo apoio e o reforzo de competencias, tal e como recollen as Instrucións do 30 de xullo, e non por rebaixar o nivel como pretende o Ministerio Idioma Gallego As instrucións da Xunta para corrixir o 'decreto do aprobado xeral' manterán os criterios de calidade do sistema educativo galego

A Xunta ten xa listas as instrucións para o desenvolvemento do chamado decreto do aprobado xeral –imposto de xeito unilateral polo Goberno central– que, tal e como explicou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, ten como obxectivo manter os estándares de calidade do sistema educativo galegos, avalados por informes como o PISA.

Nunha visita ao Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), o corazón da rede de formación do profesorado, o titular do departamento educativo do Goberno galego lembrou que o decreto do Goberno central abre a porta a rebaixar o nivel de esixencia do sistema educativo, baseándose na situación excepcional vivida a finais do curso pasado. Neste sentido o conselleiro incidiu en que “non podemos permitir que a pandemia marque o ritmo do sistema educativo”.

Cultura do esforzo

Román Rodríguez fixo fincapé en que o éxito do alumnado galego en informes como o PISA son froito, precisamente, do traballo da comunidade educativa e da cultura do esforzo que se lle vén inculcando aos alumnos e que prevalece na última década no ensino galego.

Neste sentido destacou, ademais, que a formación do profesorado que se deseña no CAFI e nos Centros de Formación e Recursos (CFR) é imprescindible para que os centros educativos galegos sexan hoxe referentes de calidade.

“O curso que estamos a vivir esixe o mellor de cada un dos axentes implicados no sistema educativo para dar normalidade ás aulas, dentro dun contexto totalmente excepcional”, dixo, recordando que a primeira prioridade da Xunta é a seguridade sanitaria nos centros de ensino neste contexto de pandemia.

En calquera caso, insistiu en que o fin último é a mellora dos resultados do alumnado galego. “Con esta resolución que imos publicar buscamos manter os estándares de calidade que caracterizan o noso sistema educativo”, declarou.

Apoio e reforzo

As instrucións de desenvolvemento do decreto do aprobado xeral manteñen os criterios de avaliación, promoción e titulación previstos para este curso 2020/2021. En concreto, nelas indícase que a Consellería de Educación aplicará os criterios de avaliación, promoción e titulación actualmente vixentes na normativa propia de Galicia e establecidas nas instrucións aprobadas o 30 de xullo para este curso, tanto para as ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, como para as de réxime especial.

Polo tanto, Galicia non adoptará a posibilidade aberta polo Goberno central de revisar á baixa os criterios de avaliación, promoción e titulación, é dicir, promocionar de etapa con independencia das materias aprobadas.

Estas instrucións céntranse na recuperación das competencias que non se puideron adquirir o curso pasado, así como no reforzo a través de iniciativas como os programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento; ao tempo que se manteñen os criterios de avaliación e promoción.

Titulación

Canto aos criterios de titulación, o Goberno central opta por facilitar a titulación en ESO e en Bacharelato sempre que se adquiran os obxectivos xerais da etapa e se observe evolución do alumno, é dicir, con independencia do número de suspensos.

As Instrucións galegas van un paso máis aló, de tal forma que, con carácter xeral, en ESO titulará o alumnado que ao terminar teña avaliación positiva en todas as materias e acade os obxectivos da etapa e adquirido as competencias correspondentes. Tamén poderán titular, se así o considera o equipo docente, os que despois de realizar as probas extraordinarias teñan dúas materias pendentes, sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas.

En Bacharelato obterá o título o alumnado con avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos.

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade Profesorado Alumnado
Categorías: Novas

Resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de PES e de profesores técnicos de FP

Mar, 17/11/2020 - 12:01
Idioma Gallego

Publícase resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e de profesores técnicos de formación profesional (591). As especialidades convocadas son:

 

1. Corpo de profesores de ensino secundario (590):

CÓDIGO

DENOMINACIÓN ESPECIALIDADE

590007

Física e química

590016

Música

590019

Tecnoloxía

590053

Lingua e literatura galega

590107

Informática

 

2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

CÓDIGO

DENOMINACIÓN ESPECIALIDADE

591211

Mecanizado e mantemento de máquinas

591222

Procesos de xestión administrativa

591227

Sistemas e aplicacións informáticas

 

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ mércores día 18 de novembro ata o día 24 de novembro de 2020, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ mércores día 18 de novembro.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.

  • Resolución do 13 de outubro de habilitación do procedemento ED003A (enlace DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201021/AnuncioG0598-151020-0003_gl.pdf)
  • Resolución do 17 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)  e de profesores técnicos de formación profesional (591) (código de procedemento ED003A).

File: 

Resolución do 17 de novembro de 2020: Convocatoria

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de FP, especialidade de fabricación e instalación de carpintería e moble

Lun, 16/11/2020 - 15:20
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES e profesores técnicos FP

Resolución do 16 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesonal, especialidade de fabricación e instalación de carpintería e moble (591204).

Achégase resolución, o baremo provisional  e a relación provisional de persoas excluídas.

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Creación do Grupo Técnico Covid19 no ámbito da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Lun, 16/11/2020 - 15:01
Idioma Gallego

Achégase a resolución do 16 de novembro de 2020 pola que se constitúe o Grupo Técnico Covid19 no ámbito da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

File: 

Resolución do 16 de novembro de 2020

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Familias Centros
Categorías: Novas


by Dr. Radut