Skip to Content

TACs

MEMBROS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE TIC

* A coordinadora do equipo é Patricia Aldao Morgade.

Código Cyberético

Dende o Equipo de TICs queremos lembrar que para navegar pola Rede hai que ter moi presentes os seguintes puntos do Código Cyberético:

  • Gardarei os meus contrasinais e datos persoais coma información confidencial. Non compartirei estos datos con ninguén máis que non sexan os meus pais.
  • Non entregarei información persoal (enderezos, teléfono, rutas, etc.) a descoñecidos na Rede; e cando algún sitio a pida consultarei antes cos meus pais ou adultos cercanos.
  • Cada vez que empregue material na Internet (libros, revistas, imaxes, etc.) debo citar ao autor ou o sitio onde obtiven a información.
  • Usarei os contidos da Internet para crear os meus propios materiais e compartilos cos meus amigos.
  • Non contestarei mensaxes que me fagan sentir incómodo/a ou asustado/a. De ocorrer falareino cos meus pais.
  • Non abrirei archivos que estean adxuntos en mensaxes de descoñecidos e non contestarei nin reenviarei "spam" ou mensaxes lixo.
  • Ensinareille aos meus pais todo o que aprenda nos sitios que visite e as ferramentas ou programas que utilice.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut