Skip to Content

Novas 2015/2016

I DÍA DA FAMILIA (23 de xuño)

Chegou o fin de curso e este ano graduamos aos nenos e nenas de 6º E.P. que comezan unha nova etapa e os cativos de 6º E.I. que abandonan o ciclo de Infantil para empezar a súa andaina na primaria. Foi un día cheo de emocións, lágrimas, despedidas e novas ilusións que rematou no centro cívico coa actuación do Mago Pablo. A continuación festexamos o I Día da Familia (vídeo resumo no blogue da biblioteca) compartindo xogos populares no patio, merenda e mostrando todos os traballos realizados neste curso.

Soamente queda desexarvos a todos un FELIZ VERÁN! para todos de parte do equipo que conforma o CEIP Milladoiro.

FESTA MUNICIPAL DA CONVIVENCIA 2016

O martes 21 de xuño festexamos o Día de convivencia xunto co CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño e o CRA Nosa Señora do Faro. Antes de comenzar a pasalo en grande coas colchonetas e as actividades que estaban programadas, entregáronse os premios da I Xornada do Deporte, estando na foto que sigue os gañadores das distintas probas. O vídeo resumo da xornada podedes velo no blogue da biblioteca.

XOGOS TRADICIONAIS NA TÓMBOLA

O pasado luns 20 de xuño celebramos unha das actividades máis esperadas polos cativos/as, a TÓMBOLA!!! Todos os alumnos do centro participaron en diferentes xogos tradicionais competindo entre eles para conseguir puntos que despois intercambiaron por agasallos. Todas as imaxes e un vídeo resumo da xornada o podedes ver no blogue da biblioteca.

Entrega de premios na Biblioteca

O pasado 10 de xuño foi o día de entregar os premios na biblioteca a todos os participantes que ben o teñén merecido. Por unha banda, os 13 membros do equipoSTAB (Servicio Técnico de Apoio á Biblioteca) pertencentes a 6º E.P. facéndolles entrega dun diploma de colaboradores e un pequeno agasallo. Tamén recibiron o seu premio as máis leoanas deste curso, que foron Paula de 4ºB e Jessica de 5º E.P. E. Por último, o ser o primeiro ano tamén conseguiron o seu diploma todos os nenos e nenas de Educación Infantil que participaron de forma activa na aula de cociña.

 

 

Festival dos soños 2016

O pasado venres, 20 de maio, vivimos unha xornada de convivencia no Couto para festexar o Día das Letras Galegas. Alumnos e alumnas de distintos centros escolares, Cabana, Laxe, Malpica, Ponteceso, Buño...participaron no Festival dos soños con  interpretacións de cancións e poemas de Manuel María, autor homenaxeado este ano.

A xornada terminou coa actuación de Uxía Senlle, Santi Cribeiro e Magín Blanco que interpretaron cancións do seu albúm Canta o cuco.

O resumo de esta xornada quedou recollido en La Voz de Galicianun vídeo resumo e no seu albúm fotográfico.

No mes das Letras... Manuel María

O mes de maio no CEIP Milladoiro é o mes das letras, realizando múltiples actividades que este ano xiran entorno a Manuel María, escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2016. Entre todo os membros do centro fixemos esta fermosa decoración que adorna a entrada da biblioteca, baseándonos no seu libro Soños na gaiola. Tamén fixemos a nosa propia versión do poema O galo, podendo ver o vídeo no blogue da biblioteca.

Onte foi o Festival das Letras onde os nenos e nenas participaron co recitado dos seus poemas, a ledicia das súas cancións, co rapeado dos versos de Manuel María, a narración da súa historia, das curiosidades dos seus poemas...

Podedes ver todas as imaxes do festival na entrada do blogue da biblioteca.

DÍA DO LIBRO (23 de abril)

O pasado venres, 22 de abril, festexamos no centro o Día do Libro. Xa son varios anos que levamos a cabo esta actividade na que os maiores convértense en madriñas e padriños lectores dos mais pequenos. Todas as fotos as podedes ver no blogue da biblioteca.

VISITA DE VIKI RIVADULLA

O pasado mércores, 9 de marzo, recibimos a visita da artista galega Viki Rivadulla. Mostrou os cativos parte do seu traballo onde plasma moi ben a forza das mulleres traballadoras, así que con ela  e coa súa obra conmemoramos tamén o Día da muller. Fotos da súa visita e traballos realizados a partir da súa visita podedes encontralos no blogue do proxecto do centro Pintamos moito.

INAUGURACIÓN AULA DE COCIÑA

O pasado luns 29 de febreiro inauguramos a AULA DE COCIÑA, un proxecto moi codiciado no que participou toda a comunidade educativa: mestres, equipo directivo, ANPA e o concello. Como convidados de honra acompañounos Fernando Agrasar, estrela Michelín e dono do restaurante As Garzas e Carmen Trigo, cociñeira aficionada que imparte cursos de cociña na localidade. Mais información e as fotos da inauguración podedes atopalas no blogue da biblioteca.


DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Entre todo o alumnado do cole elaboramos un mural para conmemorar o día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, coa técnica de colaxe seguindo o estilo de Andy Warhol. Ademais, a partir da proposta de AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) os nenos e nenas elaboraron unha postal cun verso dun poema de Rosalía e un debuxo que represente dita composición.

Distribuir contido


by Dr. Radut