Skip to Content

Novas 2015/2016

ENTROIDO 2016

Este ano tivemos un entroido moi artístico xa que contamos con pintores, ceras, lápices, afilas, as menimas de Velázquez, unha representación de Dalí, superpintores... e, incluso, un ladrón de arte. O tempo acompañounos así que tivemos un gran día de festa, desfilando e queimando o farruco na praia. Todas as imaxes resumo deste entroido no blogue da biblioteca e no blogue "pintamos moito".

SEMANA DA PAZ

Este ano festexamos a PAZ a través da pintura, cun mural no que participou todo o alumnado do centro tomando como referencia o cadro La Gerbe de Matisse. O título do cadro tradúcese por "O manoxo" que é o que precisamos para construír a paz, un manoxo de bos sentimentos e boas accións. Ademais, seguindo esta mesma línea os alumnos de 5º e 6º de E.I. elaboraron a réplica doutro cadro de Matisse, El cielo de la Polinesia, traballando todos xuntos e resumido todo o esforzo neste vídeo.


Foron outras moitas as actividades que realizáronse para conmemorar esta data tan importante, por exemplo, os alumnos e alumnas de 5º de E.P. representaron na biblioteca para todo o centro La ovejita que vino cenar; o xoves o alumnado de infantil e do primeiro ciclo de primaria visionaron o conto Marce, o carteiro e o venres, os nenos e nenas de 6º de E.P. prepararon unha presentación na que recolleron feitos históricos que promoveron diferentes movementos de paz.

Finalmente, pechamos esta semana da paz cun acto simbólico de unión onde o alumnado, as mestras e os metres baixamos o patio a cantar e bailar todos xuntos a canción de Mama Cabra, Baile da paz.

FELIZ 2016

O pasado venres, 18 de decembro, despedimos o trimestre por todo o alto. Despois de entregar as notas fumos o centro cívico a festexarlo con Paco Nogueira que presentounos as cancións recollidas no seu libro-CD "Brinca Vai". Os nenos e nenas non pararon de cantar e bailar xa que coñecían e sabían a maior parte das cancións, foi unha gran experiencia. Rematamos a xornada repoñendo forzas cuncha chocolata con churros, foi un día máxico e soamente podemos dicir FELIZ ANO 2016  e voltamos o 7 de xaneiro.

CARTEL E POSTAL DE NADAL

Martina Casal Varela, de 2º de Educación Primaria, levou o segundo premio do concurso de Nadal do Concello de Malpica. O seu debuxo será o encargado de felicitar o Nadal mediante as postais que envía o Concello. O primer premio levouno un alumno do CEIP Otero Pedrayo de Buño e co seu debuxo farán os carteis da promagación do Nadal do Concello de Malpica. O encargado de entregar os premios foi o alcalde, Eduardo J. Parga Veiga.

VISITA DOS REIS MAGOS

Hoxe os Reis Magos fixeron unha parada no CEIP Milladoiro. A emoción dos nenos e nenas palpábase dende as primeiras horas da mañá e coa súa aparición non estivemos exentos de bágoas e choros. Os Reis Magos moi pacientemente antenderon as peticións de todos os cativos, recolleron as súas cartas, repartiron caramelos e déronlles algúns consellos de como se tiñan que portar, foi un día cargadiño de emocións. Todas as imaxes dos nenos e nenas no blogue da biblioteca.

ROSA CARAMELO

O pasado venres, 11 de decembro, os alumnos e alumnas de Infantil e do primeiro ciclo de Primaria, acompañados de compañeiros do CEIP Otero Pedrayo de Buño , acudieron a disfrutar da función escolar "Rosa Caramelo" a cargo da compañía Rosalía Teatro.

CONCURSO DE CABAZAS

Estas foron as cabazas finalistas, é as gañadoras (todas as fotos das cabazas no blogue da biblioteca):

CABAZA MÁIS ACTUAL

CABAZA MÁIS CÓMICA

CABAZA MÁIS TERRORÍFICA

CABAZA MÁIS ORIXINAL

CHEGOU O SAMAÍN

Estamos en tempo de Samaín e para festexarlo tivemos na hora de ler a VI SEMANA DAS LECTURAS TERRORÍFICAS (podedes ver todas as fotos no blogue da biblioteca), onde os alumnos e alumnos contan contos de medo, cantan cancións... Tamén temos un concurso/exposición de cabazas decoradas, este ano con a novidade de que vanse otorgar catro premio, pronto mostraremos as fotos das cabazas premiadas. E dentro da PDI do cole: Pintamos moito!, realizamos a actividade CÓNTAME UN CADRO... DE MEDO!!. Traballamos nas aulas un cadro de medo e a partir del elaboramos un relato terrorífico,podedes ver todos os contos no blogue pintamos moito.

NOVO CURSO

Distribuir contido


by Dr. Radut