Skip to Content

Novas

FIN DE CURSO

Chegou o momento de rematar o curso, para iso todos os alumnos e alumnas deléitannos con os seus bailes cheos de ledicia, ilusión, nervios e risas (o vídeo completo podedes visionalo no blogue da biblioteca).

Soamente quédanos despedímonos por este curso 2014/2015 e desexarvos un feliz verán a todos e todas!!!

VISITA DE SUSA HERRERA

Este mes de xuño vén cargadiño de actividades e comezamos coa visita de Susa Herrera, a cal transportounos a ambientes musicais de diversos estilos, animándonos a cantar e bailar mediante as cancións que se recollen no seu libro "Cantos animales". Mais información no blogue da biblioteca.

A PALABRA TEN VIDA

Con motivo do Día das Letras Galegas este ano 2015 fixemos un vídeo para homenaxear a vida das palabras da nosa terra, a través da canción A palabra ten vida de Paco Nogueiras de Brinca Vai! Podedes verlo a través do blogue da biblioteca.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado venres 15 de maio festexamos o día das Letras Galegas, cunha gran variedade de actividades dende a grabación dun vídeo onde lles damos vida as palabras, seguido dun recital poético, a actuación das gaitas e panderetas, rematando pola tarde coa tómbola e os xogos populares. O resumo da nosa festa das letras está no blogue da biblioteca.

DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de abril festexamos o Día do libro, coa actividade inaugural do Mes das letras, dos padriños e as madriñas lectoras. Para tal ocasión os nenos e nenas maiores indagaron sobre os gustos lectores dos pequenos e, posteriormente, contáronlles un conto no patio. No blogue da biblioteca recóllese un resumo das imaxes da celebración.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Programa desta semana no CEIP Milladoiro para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo).

No blogue da biblioteca poderedes ver a vida de grandes mulleres, como por exemplo, Wangari Maathai elaborada polos nenos e nenas de 2º E.P.; tamén a bibiografía de Gloria Fuertes (4º E.P.); de Aminatou Haidar (5º E.P.) e Exeria (6º E.P.)

EU SON ROSALÍA...

Sumámonos á actividade da Asociación de escritores en Lingua Galega (AELG) na súa proposta anual para festexar o día de Rosalía, facendo un mural colectivo cheo dos nosos pensamentos de cando somos Rosalía, como por exemplo, EU SON ROSALÍA porque me gusta escribir poesía en galego; cando canto cancións galegas; porque lle teño amor os libros... e dende a biblioteca realizaron un fermoso vídeo recollendo parte destes pensamentos.

ENTROIDO

Outro ano máis o Entroido do CEIP Milladoiro foi todo un éxito, podedes ver o resumen no seguinte vídeo.

Distribuir contido


by Dr. Radut