Skip to Content

Novas 2017/2018

Proxecto do mar 2017-2018

Rematamos este curso co producto final do Proxecto Documental Integrado deste ano, e que tamén continuaremos para o seguinte, O MAR. En realidade son tres productos finais, o diccionario do mar, o museo do mar e creación e interpretación da canción Un mar de contos, e que podedes consultar todos eles premendo no seguinte enlace: blogue da biblioteca.

I DÍA DA CIENCIA E A TECNOLOXÍA

Este ano celebramos con gran éxito o I Día da Ciencia e a Tecnoloxía. Cada curso preparou duas prácticas, unha científica e outra tecnolóxica de maneira que tivemos un total de 18 talleres onde participaron todo o alumnado en grupos heteroxéneros onde os máis maiores guiaban os máis pequeniños. En cada un dos talleres, os encargados de explicalo eran os escolares do curso que o preparou. Foi unha excelente ocasión para practicar con todos os materiais novidosos, para convivir, para converter ao alumnado en docente... Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: I Día da ciencia.

 

UNHA EDUCACIÓN DE PREMIO

Xa está nas librarías, e tamén na nosa biblioteca o libro de Selina Otero: Unha educación de Premio, editado por Galaxia. A publicación recolle experiencias de 20 centros educativos galegos que están á cabeza da innovación no panorama educativo actual. Sentímonos moi orgullosos da nosa presenza nese listado tan exclusivo e agardamos que sirva, entre outras cousas para que cada familia sinta tamén ese orgullo: o de estar educando aos seus fillos/as nun centro que se esforza por ofrecer a mellor das educacións posibles. 

MES DAS LETRAS 2018

Chegou o mes das letras e con el moitas actividades que xa vimos realizando todos os anos, como por exemplo o Festival das Letras Galegas, que tivo como novidade este ano que o realizamos no centro cívico, moitas das actuacións as podedes ver nos diferentes blogues do centro e un resumo fotográfico no blogue da biblioteca. Ademais, unindo o noso tema do mar, que é o Proxecto Documental Integrado deste curso, cun dos libros de Mª Victoria Moreno "Mar adiante", escritora a quen se lle dedica as Letras Galegas deste ano, creamos un fermoso mural colectivo que preside a entrada da biblioteca, xunto coa exposición de lecturas recomendadas para esta época.

Plan proxecta: O sabor da aventura está no mar

Como xa sabedes no centro estamos traballando o Plan Proxecta: O sabor da aventura está no mar, dedicado ó saudable que é comer pescados e mariscos, e o martes 20 de febreiro tivemos no centro unha sesión na que puidemos aprender algo máis sobre algunhas especies mariñas, algunhas formas de pesca, oficios asociados e a importancia que ten o peixe e o marisco dentro das nosas dietas… Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas. Ademais coñecimos a uns grandes superheroes, cadanseu co seu superpoder!!!. Regaláronnos unhas gorras e un conto con varios recursos. 

Se pinchades na foto poderedes ver un resumo da xornada

E se queredes coñecer ou saber máis das aventuras dos nosos novos amigos podedes facelo no seguinte enlace http://osabordaaventuraestanomar.xunta.es/es

O sabor da aventura está no mar

O pasado venres os escolares de 5º e 6º achegáronse a Laxe dentro das actividades do Plan Proxecta. A idea era visitar o porto, a lonxa, o Museo do Mar e ter un taller de degustación de alimentos saborosos elaborados con peixe.
Un éxito. Aínda que a choiva acompañou toooodo o día!
Pero non nos quitou o placer de seguir aprendendo.

Picando na imaxe podedes acceder ás imaxes dese día: 

Día Mundial da Radio

Como sabedes, o noso centro foi seleccionado pola Consellería para formar parte da rede de Radios Escolares.
E xa temos a nosa primeira emisión: convidounos Rede Espora a participar na emisión internacional dedicada este ano ás mulleres deportistas
Do noso centro participou, como locutora Paula Veiga, alumna de 6º de Primaria. Velaí a pista: 

Día da PAZ

Como tódolos anos no CEIP Milladoiro, celebramos no centro A semana da Paz.  Estivo cargada de actividades para conmemorar o día da Paz, que foi o 30 de Xaneiro.

Durante todos os días da semana, en tódalas aulas do centro, os mestres/as léronnos libros coa temática da paz. Excepto o martes, o propio día da Paz, no que todos xuntos, baixamos o patio a cantar a canción de Macaco “Mensajes del agua”. Foi un día estupendo no que disfrutamos moito sentíndonos como artistas de verdade, ata fixemos un bis!!.

Se picades na foto podedes ver un resumo

IV Concurso de Traballos por Proxectos

O noso centro foi premiado pola Consellería de Educación no IV CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS, polo noso proxecto bianual PINTAMOS MOITO!

Podedes recordar o que foron estes dous anos de traballo visitando o noso blogue ou vendo un video-resumo picando na seguinte imaxe. 

NADAL 2017

Rematamos este primer trimestre con os festexos de Nadal. Primeiramente estivo no noso centro o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, para entregar o Premio do Concurso de debuxo de Nadal que foi para Tritán Shurick de 5º Educación Primaria. O mércores recibimos a visita dos Reis Magos, onde os máis pequenos entregáronlle as súas cartas e contáronlles o ben que se portaran. E o xoves festexamos a chegada do Nadal cunha actuación no centro cívico por parte da compañía A xanela de Maxín, co espectáculo O murmurio do mar, seguido por unha merenda de cholocate con churros ofrecida pola ANPA.

Distribuir contido


by Dr. Radut