Skip to Content

Consellería

Distribuir contido
Actualizado: hace 3 anos 15 semanas

Convocatoria do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS para o curso 2020-2021

Lun, 16/11/2020 - 14:39
Idioma Gallego

Achégase arquivo coa Resolución de 16 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2020/2021. Esta iniciativa, que se leva a cabo coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, contempla tres posibles actuacións que se resumen no seguinte cadro, no que se detallen, así mesmo, as datas de presentación de solicitude en cada caso.

 

 

 

Iniciativa

Finalidade

Características

1   Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria” Recoñecer bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar.
  • Convocatoria anual.
  • Presentación de memorias por parte dos centros interesados: 10 de maio de 2021.
  • Concesión dos selos (un máximo de 15 selos por curso escolar)
  • As candidaturas deberán responder aos obxectivos da Axenda 2030 da ONU de desenvolvemento sustentable.
2 Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes.

Destinado a alumnado de ESO, BAC, FP ou ensinanzas de réxime especial.

  • As bibliotecas escolares deberán adherirse ao programa no momento que se estipule e levar rexistro das actividades do alumnado (data límite: 09/12/2020).
  • Remitir datos alumnado (data límite: 28/05/2021)
3 Voluntariado de lectura – A

(Primaria)

Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura entre o alumnado de 5º e 6º de primaria.
  • Inscrición con data límite 09/12/2020
  • Os centros inscritos presentarán memoria de actividades (data límite 27/04/2021).
  • Seleccionaranse un mínimo de 10 experiencias. Concreción en convocatoria complementaria (febreiro 2021)

 

File: 

Resolución de 16 de novembro de 2020: Convocatoria

Tema: 

Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Centros

Colectivo: 

Profesorado Alumnado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Publicación dos criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros públicos e concertados no curso 2020/21

Ven, 13/11/2020 - 14:20
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

File: 

Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG)

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros
Categorías: Novas

Publicada a orde que regula o acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado de Primaria, ESO

Ven, 13/11/2020 - 14:07

Summary: 

Aos alumnos que contan con axudas de material escolar da Xunta as máscaras seranlles asignadas de xeito directo, polo que non precisan tramitar a solicitude Unicamente terán que formalizar a solicitude os alumnos que reúnen os requisitos de renda aínda que non seu día non solicitaran as axudas de material escolar Con cargo ao fondo de Reserva de Garantía Educativa, dotado con 7 millóns de euros, os centros poderán adquirir todas as máscaras necesarias para atender ás familias que máis o precisen durante este curso Idioma Gallego

A Xunta de Galicia vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras hixiénicas entre o alumnado matriculado nas etapas de Primaria, ESO e Educación Especial dos centros sostidos con fondos públicos que máis o necesite.

Tal e como establece a convocatoria, todos os alumnos que contan con axudas de material escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no presente curso 2020-21 serán beneficiarios directos das máscaras, polo que neste caso non terán que formalizar ningunha solicitude.

O resto do alumnado −aínda que non conte con axuda de material escolar− tamén poderá beneficiarse do subministro de máscaras sempre que reúna o requisito de renda per capita igual ou inferior a 6.000 euros. Así mesmo, disporán de máscaras os alumnos que, independente da renda da unidade familiar, estean matriculados nun centro de Educación especial, suxeitos a garda ou tutela da Xunta de Galicia, ou teñan unha discapacidade igual ou superior ao 65%. En todos estes casos, para poder beneficiarse do reparto de máscaras, é obrigado que tramiten a correspondente solicitude, cuxo prazo para formalizala permanecerá aberto desde o luns día 16 ata o 27 de novembro.

Tendo en conta os criterios xa aplicados para as axudas ao material escolar, a previsión é que se beneficien do reparto gratuíto de máscaras de protección durante todo o curso escolar arredor de 100.000 alumnos de centros sostidos con fondos públicos.

Os encargados da adquisición e reparto de máscaras serán os propios centros educativos, seguindo o procedemento análogo que realizan anualmente co reparto das axudas de material escolar.

Máscaras transparentes para a aula de audición e linguaxe

Os centros adquirirán o material con cargo ao fondo de 7 millóns de euros de Reserva de Garantía Educativa habilitado pola Xunta de Galicia para o reforzo de medidas de seguridade para facer fronte á pandemia no eido educativo. Tamén adquirirán máscaras hixiénicas reutilizables transparentes para a atención na aula de audición e linguaxe, para o seu uso neste espazo tanto por parte do alumnado coma do profesorado.

Con esta Reserva de Garantía Educativa o Goberno galego amplía a partida total de gastos ordinarios dos centros para o presente curso, que ascende a 23,5 millóns de euros, o que supón un 42% máis ca o inicialmente previsto. Con esta dotación orzamentaria, os centros poderán adquirir material vencellado á prevención do risco sanitario e á loita contra a covid-19, como máscaras hixiénicas reutilizables para o alumnado, pantallas faciais ou xel hidroalcohólico, entre outros.

Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade Alumnado Familias Centros
Categorías: Novas

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de FP, especialidade de servizos de restauración

Ven, 13/11/2020 - 13:19
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 13 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesonal, especialidade de servizos de restauración (591226).

Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade latín

Ven, 13/11/2020 - 10:48
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 12 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de latín (590003).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade grego

Ven, 13/11/2020 - 10:44
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 12 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de grego (590002).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Román Rodríguez chama a fixarse no legado de Carvalho Calero para que a lingua continúe sendo un elemento de unión cultural

Xov, 12/11/2020 - 21:55

Summary: 

Lembrou que segundo o último informe PISA Galicia é a comunidade autónoma onde o alumnado fala dúas linguas con máis facilidade O estudo conta coa participación de 19 expertos que debullan a vida e obra do homenaxeado nas Letras Galegas deste ano O profesor ferrolán destacou tanto no ámbito cultural como no educativo, onde foi un pioneiro ao ser o primeiro catedrático de Lingüística e literatura galega Idioma Gallego Román Rodríguez chama a fixarse no legado de Carvalho Calero para que a lingua continúe sendo un elemento de unión cultural

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou hoxe, xunto ao presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, na presentación dos XL Cadernos Ramón Piñeiro. Estudos arredor de Ricardo Carvalho Calero, unha publicación que conta coa colaboración de 19 expertos que, a través dunha vintena de artigos, debullan a vida e obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas.

Durante o acto de presentación, ao que tamén asistiu a filla do homenaxeado Margarita Carballo Ramos, o titular de Cultura e Educación da Xunta chamou a fixarse no legado de Carvalho Calero para que a lingua “continúe sendo un nexo cultural e un elemento de cohesión entre as persoas”. Neste sentido, lembrou que a Comunidade galega é “un referente en materia lingüística ao contar cun modelo de convivencia totalmente normalizado”. Proba disto son os resultados do último informe PISA nos que se constata que Galicia é a autonomía onde o alumnado fala dúas linguas con maior facilidade. Un modelo que, tal e como engadiu, é unha herdanza do legado de autores que como Carvalho Calero traballaron sempre “a prol do noso país e da nosa lingua”.

Por outra banda, Román Rodríguez afirmou que a crise do coronavirus provocou que a folla de ruta cultural para este ano coa conmemoración do centenario da Xeración Nós ademais do propio Carvalho Calero, tivese que mudar para adaptar as actividades a un novo escenario marcado pola pandemia. “Neste contexto, o importante é que sexamos capaces de seguir avanzando para que a cultura non se pare e se ofrezan alternativas seguras e de calidade como a de hoxe”, sostivo.

Unha vintena de artigos

A publicación presentada hoxe supón o volume número 40 dos Cadernos Ramón Piñeiro, un facsímile que ano tras ano ofrece documentos espistolares inéditos, semblanzas ou análises da obra dos autores máis relevantes da literatura galega contemporánea. No caso do último exemplar, a publicación pon en valor a traxectoria do autor como poeta, ensaísta, crítico e estudoso a través dunha vintena de artigos que, tal e como afirmou o conselleiro de Cultura e Educación, “deixan patente, unha vez máis, o acerto da Real Academia Galega ao escoller a figura homenaxeada nas Letras”.

“Estas páxinas recollen a traxectoria de Carvalho Calero, un traballador incansable que recolleu da Xeración Nós o imperioso deber de crear para sempre a cultura galega e que o asumiu como propio sendo un adolescente”, subliñou Román Rodríguez. Así, o conselleiro referiuse a Carvalho Calero como “unha das mentes máis brillantes e activas da súa xeración” capaz de destacar tanto no mundo da cultura desde moi novo, como de abrir novos camiños no ámbito educativo onde, entre outras cousas, se converteu no primeiro catedrático de Lingüística e literatura galega da Universidade de Santiago.

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade Consellería
Categorías: Novas

Resolución provisional dos Premios Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020

Xov, 12/11/2020 - 18:40
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Convocatoria do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020

Xúntase a Resolución provisional do 9 de novembro de 2020, pola que se fai pública a relación de centros premiados conforme ao disposto no apartado 7 da Resolución do 29 de xuño de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020 para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2019/20. 

 

Tema: 

Atención á diversidade Premios autonómicos

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas

Departamento: 

Servizo de Inclusión e Orientación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Atención á diversidade e orientación
Categorías: Novas

Resolución provisional dos proxectos admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2020/21

Xov, 12/11/2020 - 15:37
Idioma Gallego

Publícase a listaxe provisional dos proxectos admitidos en cada programa educativo para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2020/21.

Tal e como se establece no apartado 10 da Resolución do 2 de outubro de 2020 que regula o Plan Proxecta, ábrese un prazo de 5 días hábiles (ata o 19 de novembro de 2020, inclusive) para efectuar reclamacións e/ou renuncias a esta listaxe provisional, dirixidas á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional. Deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A), xunto coa documentación complementaria.

Achégase un modelo orientativo de reclamacións ou renuncias.

File: 

Listaxe provisional dos proxectos admitidos en cada programa educativo no Plan Proxecta durante o curso 2020/21 Modelo orientativo de reclamacións ou renuncias (pdf) Modelo orientativo de reclamacións ou renuncias (odt)

Tema: 

Plan Proxecta

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Profesorado Centros
Categorías: Novas

A Xunta recoñece o traballo de 20 estudantes cos premios extraordinarios de ESO ao rendemento do curso 2019/2020

Xov, 12/11/2020 - 14:35

Summary: 

A Consellería de Educación convoca cada ano estes galardóns que teñen como obxectivo valorar o esforzo e dedicación do alumnado que cursou educación secundaria obrigatoria en Galicia cun excelente aproveitamento Idioma Gallego

A Xunta ven de recoñecer o traballo de 20 estudantes de centros educativos galegos cos Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/2020. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destes galardóns, que teñen como obxectivo dar valorar e dar visibilidade pública ao esforzo e dedicación do alumnado que cursou esta etapa educativa cun excelente aproveitamento.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade dota cada un destes premios cun galardón de 750 € un diploma acreditativo. O recoñecemento figurará, ademais, no expediente académico de cada persoa galardoada.

Puideron acceder a esta convocatoria as alumnas e alumnos que cursasen o pasado ano académico o cuarto curso da Educación Secundaria Obrigatoria e que obtivesen no conxunto da etapa unha nota media igual ou superior a nove puntos. Os presentados deberon, así mesmo, realizar unha proba específica.

Alumnos premiados

Nesta edición na provincia da Coruña resultaron galardoados seis alumnas e alumnos, en concreto Mateo Pérez Soto (IES Agra de Raíces, Cee), Marta Duckworth Juárez (CPR Plurilingüe Compañía de María, A Coruña), Eva Montoto Pintos e Samuel Vidal Mariño (ambos do IES de Cacheiras, Teo), e Alejandro Amoedo Fontoira, Claudia Santos Freire e Tomás Pereira Angueira (os tresdo CPR Manuel Peleteiro, Santiago de Compostela).

Na provincia de Lugo resultaron premiados Antía Carpintero Ramos (IES da Terra Chá, José Trapero Pardo, Castro de Rei), Antía Castro Díaz (IES Lucus Augusti, Lugo), Aram Reza Mirabedini Álvarez (IES Lama das Quendas, Chantada), Gabriel Prieto Cabarcos (IES Santiago Basanta Silva, Vilalba) e Rachel Elizabeth Rodríguez José (IES Xoán Montes, Lugo); mentres que en Ourense o galardoado é Roi López Barata (CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús).

Pola provincia de Pontevedra reciben o recoñecemento Sanaa Aboufaris Ouahlim (CPI do Toural, Vilaboa), Diego Fariña Rodríguez (IES Rosais 2, Vigo), Carmen Nimo Piñeiro (CPR Sek-Atlántico, Poio), Candela Rivas López (CPR Plurilingüe San José de Cluny, Vigo), Clara Senín Sánchez (IES Castro Alobre, Vilagarcía de Arousa, Josué Troncoso Campos (IES Plurilingüe Terra de Turonio, Gondomar) e Claudia Villar Cebada (IES República Oriental do Uruguai, Vigo).

Información xeral Axudas e premios Premios autonómicos Educación secundaria obrigatoria Consellería de Cultura, Educación e Universidade Alumnado Familias Centros
Categorías: Novas

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de FP, especialidade soldadura

Xov, 12/11/2020 - 14:25
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 12 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de soldadura  (591228).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de FP, especialidade patronaxe e confección

Xov, 12/11/2020 - 14:17
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 12 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de patronaxe e confección (591217).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de FP, especialidade cociña e pastelaría

Xov, 12/11/2020 - 14:04
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 12 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de cociña e pastelaría (591201).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de francés

Xov, 12/11/2020 - 11:25
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES e profesores técnicos FP

Resolución do 11 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de francés (590010).

Achégase resolución, o baremo provisional así como a relación provisional de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico 2019/20

Xov, 12/11/2020 - 10:30
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2019/20

Xúntase a Orde do 4 de novembro de 2020 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20, convocados pola Orde do 13 de xullo de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 24 de xullo).

Servizo relacionado: 

Premios ao alumnado

Tema: 

Axudas e premios Premios autonómicos

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros
Categorías: Novas

Román Rodríguez subliña que Galicia é a única comunidade onde os universitarios pagan as mesmas taxas que hai dez anos

Mér, 11/11/2020 - 21:15

Summary: 

O conselleiro de Educación destaca que a conxelación, por décimo ano consecutivo, dos prezos públicos universitarios garante a igualdade de oportunidades no acceso á universidade As políticas da Xunta de Galicia a prol do ensino universitario xeran un aforro estimado de 21,3 millóns de euros en matrículas para as familias galegas con estudantes universitarios, a razón de entre 308 e 1.150 €/familia en función do tipo de estudos Idioma Gallego

Galicia é a única Comunidade Autónoma no que un estudante universitario vai seguir pagando pola súa matrícula de grao exactamente o mesmo que hai unha década; e sitúase, de novo, entre as comunidades autónomas coas taxas máis baratas do Estado para cursar estudos de grao e máster universitario.

Así o explicou hoxe no Pleno do Parlamento o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, que subliñou o compromiso do Goberno galego coas familias para garantir o acceso dos seus fillos á universidade nas mellores condicións e sen que a situación económica supoña un freo, máxime no actual contexto de pandemia. Neste senso recalcou que a conxelación dos prezos públicos “é unha medida fundamental para acadar un acceso en igualdade de oportunidades aos estudos universitarios”.

Así, o Decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos no Sistema Universitario de Galicia, para o presente curso académico 2020/21, establece a conxelación por décimo ano consecutivo das taxas de grao; e, por terceiro ano, de máster habilitante (necesarios para exercer unha profesión). Así mesmo, establécese a baixada dos prezos públicos das primeiras matrículas de Máster non habilitante (enfocados a unha especialización de coñecementos ou á investigación científica), ata equiparalos aos prezos de grao universitario.

Esta medida supón aforro de máis de 21 millóns de euros en matrículas para as familias galegas con estudantes universitarios, que se reparten en contías que van de entre os 308 €/curso para un estudante de grao, os 660 €/curso para un estudante dun máster habilitante e os 1.150 €/curso no resto de máster universitarios.

Ademais somos a única comunidade autónoma do Estado que estamos cumprindo co obxectivo marcado polo Goberno de España de manter conxelados os prezos públicos universitarios para o vindeiro ano, ao mesmo nivel do curso 2011-12.

Matrículas de grao

No caso das matrículas de grao o prezo medio mantense por décimo ano consecutivo en 11,89 €/crédito, o que supón un aforro de 5,14 euros con respecto aos 17,03 €/crédito de media de España, sendo Cataluña a comunidade autónoma coas taxas máis elevadas, cunha media de 33,52 €/crédito.

As de grao acaparan o 90% do total de matrículas do Sistema Universitario Galego, polo que con esta conxelación de taxas, un estudante galego de grao pode aforrar, con respecto á media de España, un total de 308,40 euros ao curso en matrículas.

Matrículas de máster

No que atinxe aos máster, este curso tamén se manteñen conxeladas as taxas dos Máster habilitantes e se rebaixan as dos non habilitantes ata unificalas cos dos habilitantes dos graos.

Coa rebaixa dos Máster non habilitantes dos 26,49€/c este ano aos a 11,89 €/c do vindeiro curso, Galicia escala da quinta á primeira posición no ránking de CCAA canto ao prezo das matrículas nestes estudos. Falamos de 19,17 €/crédito menos cá media estatal, que se sitúa nos 31,06 euros.

O alumnado que cursa este tipo de máster non habilitantes representa o 7% do sistema. Canto ao aforro das familias con respecto á media estatal, sitúase nuns 1.150,20 €/curso e por estudante.

No caso dos máster habilitantes (necesarios para exercer unha profesión), a taxa media de matrícula mantense nos 11,89 €/crédito (igual que os estudos de grao), cun aforro de 11 € con respecto ao prezo medio do Estado, que se sitúa nos 22,89 €/crédito. Isto fai que as familias galegas cuxos fillos cursen o vindeiro ano un máster habilitante nalgunha das universidades galegas aforren unha media de 660 euros por curso en comparación coa media de España. As matrículas nesta modalidade representan o 3% do conxunto do sistema.

Información xeral Universidade Consellería de Cultura, Educación e Universidade Alumnado Familias
Categorías: Novas

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de FP, especialidade de peiteado

Mér, 11/11/2020 - 10:52
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 10 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de peiteado (591218).

Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

A Xunta edita unha guía para que o alumnado galego continúe a ser referencia en concienciación fronte á violencia de xénero

Mar, 10/11/2020 - 15:17
Idioma Gallego

Summary: 

Os conselleiros de Educación e de Igualdade presentaron hoxe a publicación Segundo os últimos datos do informe PISA, os escolares galegos son os máis informados de toda España nesta materia O documento ten por obxectivo axudar a detectar e atallar comportamentos de risco neste eido no ámbito educativo

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentaron hoxe a Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo, un documento elaborado polo Observatorio Galego da Violencia de Xénero que vai contribuír a que o alumnado galego continúe a ser referencia en concienciación fronte a esta lacra social. O documento, en concreto, deseñouse, redactouse e validouse no grupo sobre abordaxe da violencia de xénero coa mocidade desde o ámbito educativo.

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia lembrou que, segundo os últimos datos coñecidos do informe PISA, “os estudantes galegos son os máis informados de España nesta materia”, cun 93,6% de alumnos que afirma coñecer o tema e estar familiarizado con el.

Neste sentido, PISA sitúa os estudantes galegos tamén como unha referencia no que atinxe ao respecto polas persoas doutras culturas, “unha área na que España é líder a nivel mundial e a nosa Comunidade ocupa o segundo posto dentro de España”. Uns datos que, resumiu Román Rodríguez, “demostran que o sistema educativo galego non só forma bos profesionais, senón tamén boas persoas”.

O conselleiro de Educación explicou, así mesmo, que a guía presentada hoxe é un paso máis no traballo continuado que vén desenvolvendo a Xunta de Galicia neste eido, e que conta con acción como o Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020 ou a posta en marcha –no curso2017/18– do ciclo de FP de grao superior de Promoción de Igualdade de Xénero. Así mesmo, o sistema educativo galego oferta tres materias en estreita relación con este eido como son Igualdade de xénero (para 1 e 2º de ESO), Coeducación para o século XXI (en 1º de Bacharelato) ou Sociedade inclusiva (1º e 2º de ESO).

“Queda moito por mellorar pero podemos estar orgulloso do camiño feito até o de agora para situar o noso sistema educativo como un referente de inclusión, equidade e igualdade”, subliñou Román Rodríguez.

A titular de Emprego e Igualdade, pola súa banda, destacou o convencemento de que “o camiño para avanzar cara á igualdade e na loita contra a violencia de xénero é a educación” e reafirmou o compromiso da Xunta para consolidar un sistema educativo comprometido coa igualdade de oportunidades, sen estereotipos de xénero, baseado na educación en valores e no respecto e, libre de violencias machistas.

Lorenzana, ademais, resaltou que a prevención neste ámbito é clave e, por iso, indicou que as administracións deben poñer en funcionamento todos os recursos preventivos posibles como é ofrecer unha educación en igualdade e libre de prexuízos. “Desde a Xunta queremos previr e sensibilizar, visibilizar e crear conciencia social porque queremos unha sociedade construída sobre a liberdade, a tolerancia e o respecto”, engadiu.

Dirixido ao profesorado

A Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo será distribuída nos centros educativos de todos os niveis, principalmente en formato electrónico, aínda que se enviarán aos centros galegos 1.500 exemplares. Así, o documento está dirixido a todo o profesorado e a través da plataforma de Educación Educonvives calquera centro pode consultala e aplicala.

O obxectivo é abordar a violencia de xénero desde unha perspectiva integral, axudando aos estudantes a detectar e atallar comportamentos de risco neste eido a través dunha serie de orientacións básicas e información precisa sobre os sinais de alarma. Ao mesmo tempo, ofrece pautas de actuación e procedementos de intervención tanto nun primeiro momento como a medio e longo prazo, en coordinación cos servizos e recursos de atención especializada competentes.

A guía contempla catro supostos ou situacións que poderían darse, identificando os sinais de alarma que poden axudar á súa detección. Especifícanse ademais os esquemas de actuación das diferentes pautas de intervención que cada un deles require para abordalos de forma adecuada e eficaz.

A maiores a guía achega recomendacións, facendo fincapé na educación para a igualdade como o recurso máis potente para a prevención deste tipo de violencia, así como estratexias de comunicación para reunións e entrevistas ante posibles casos, tanto coa vítima e a súa familia como co presunto agresor e a súa familia.

Por outra banda, inclúese tamén unha compilación de recursos existentes no eido da loita contra a violencia de xénero, tales como o Teléfono da Muller ou os Centros de Información á Muller (CIM), entre outros.

O documento complétase cunha serie de fichas que permitirán rexistrar a información de cada caso, para a súa remisión a aqueles servizos ou instancias que teñan competencia na súa resolución, co gallo de asegurar a necesaria coordinación institucional entre a administración educativa, sanitaria, sociocomunitaria, policial e xudicial.

A Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo sistematiza, polo tanto, as accións que deben desenvolver os centros de ensino nestes casos, facilitando o traballo do persoal que traballa neles diante destas situacións, así como a súa rápida actuación. Deste xeito, pretende ser unha ferramenta práctica que contribúa á prevención e á erradicación da violencia de xénero desde o sistema educativo. Na elaboración deste documento participaron tres mesas de traballo nas que estaban representadas todas as institucións e entidades que conforman o Observatorio Galego da Violencia de Xénero.

File: 

Guía de actuación ante casos de violencia de xénero Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas Consellería de Cultura, Educación e Universidade Centros
Categorías: Novas

Publicación definitiva das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Pedagoxía Terapéutica (597036)

Mar, 10/11/2020 - 14:38
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de mestres/as (597)

Xúntase a Resolución do 10 de novembro da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Pedagoxía Terapéutica (597036).

As persoas interesadas poderán consultar o seu baremo definitivo no enderezo web: www.edu.xunta.es/substitutoslistas

 

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación infantil Educación primaria

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

A Cidade da Cultura acollerá a presentación de proxectos tecnolóxicos e educativos de seis países na 'Maker Faire Galicia'

Mar, 10/11/2020 - 13:40
Idioma Gallego

Summary: 

Do 18 ao 22 de novembro terá lugar a sexta edición, e primeira virtual, deste escaparate para a creatividade e o enxeño, que inclúe como novidade unha xornada exclusivamente centrada en innovación educativa O secretario xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta, José Luis Mira, destacou que esta Maker Faire permitirá coñecer proxectos didácticos innovadores e afondar en temas como tecnoloxía e educación inclusiva O encontro poderá seguirse ao completo por videoconferencia, a través dunha plataforma que converte o Museo Centro Gaiás nun entorno en 360 graos

A Cidade da Cultura, transformada nesta ocasión nun entorno virtual en 360 graos, acolle un ano máis a Maker Faire Galicia, que estrea un formato totalmente en liña no que argalleiros e argalleiras de seis países diferentes –España, Francia, Portugal, México, Colombia e o Brasil– presentarán os seus proxectos. A través dunha plataforma dixital que recrea o Museo Centro Gaiás, as persoas asistentes poderán interactuar con makers de todas as idades, ademais de participar en obradoiros e asistir a charlas e mesas redondas con referentes nacionais e internacionais. O encontro reinventa así o seu formato tras cinco edicións polas que pasaron máis de 50.000 visitantes.

O secretario xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta, José Luis Mira, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación do evento, onde destacou que “a innovación educativa teña tamén o seu espazo neste encontro no que tecnoloxía, cultura e educación van da man”. Quixo ademais felicitar á organización por dar “este salto dixital co que o encontro continúa a eliminar fronteiras e achegar o coñecemento, a innovación e a creatividade a todo tipo de públicos, e moi especialmente aos máis novos, algo aínda máis importante se cabe nestes tempos de pandemia”.

A rolda de prensa, emitida a través de videoconferencia, contou tamén coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; o director de operacións da Asociación para o Progreso da Dirección, Santiago Sesto, e o responsable do encontro, Marcos Saavedra, que debullaron polo miúdo o programa do evento.

Tecnoloxía, innovación e educación inclusiva

Mira quixo tamén deterse nalgúns dos contidos que incluirá a xornada da Maker Faire dedicada á educación, que dará “a oportunidade de afondar nas realidades da innovación educativa, a educación inclusiva ou a aplicación das tecnoloxías no ámbito didáctico”. Así, o programa permitirá coñecer o traballo de docentes galegos como José Viñas ou María del Camino Pereiro, recoñecidos polos premios Educa Abanca como algúns dos mellores docentes de España; ou Javier Mur –docente no IES Illa de Tambo de Marín– que recibiu a máxima distinción do Ministerio de Educación pola súa iniciativa Proxecto Guillén, para integrar na dinámica da aula a un alumno con cancro, un proxecto que inspirou a historia do recentemente estreado filme Uno para todos.

Ademais das mesas redondas e charlas, desenvolveranse tamén actividades como a Game Maker Jam, unha competición para crear un videoxogo en dous días, ou obradoiros destinados a docentes e tamén á cativada, sobre temas como computación cuántica ou robótica virtual.

Outros contidos e relatores destacados

Durante os cinco días da Maker Faire Galicia 2020, a plataforma do encontro –á que xa se pode acceder rexistrándose de balde en https://makerfairegalicia.com/gl– dará opción ás persoas visitantes circular, dun xeito similar ao coñecido sistema do Google Street View, polo interior do Museo Gaiás, podendo informarse sobre os diferentes proxectos expostos e conectando en directo cos seus promotores. Tamén desde esta mesma web poderase acceder a todos os obradoiros, charlas e mesas redondas programadas, nas que ademais de educación se tratarán temas como aeronáutica, automoción, alimentación, enerxía, saúde, economía circular, videoxogos ou innovación social.

Entre os relatores máis destacados do encontro atópanse Yannick Roy, co-fundador e director da comunidade máis grande do mundo de neurotecnoloxía (NeuroTchX); Sofía Belenguer, co-creadora e CEO de MyRealFood, a app que axuda a levar unha dieta saudable baseada en comida real; Maitane Alonso, a maker que con só 18 anos sorprendeu á NASA coa súa máquina de conservación de alimentos; ou Antón Vázquez, de Alén Space, a empresa galega dedicada ao deseño e construción de satélites dixitais, cuxo orixe se remonta ao ano 2008 co deseño e fabricación do primeiro nanosatélite español lanzado ao espazo: o Xatcobeo.

Completan o programa unha mentoría para startups ofrecida por Startup Galicia e diversos obradoiros para todas as idades, que nos permitirán desde aprender a crear unha app de realidade aumentada en tan só unha hora, a construír un levitador ultrasónico ou aprender nocións básicas de robótica, desenvolvemento de videoxogos, ciencia espacial ou electrónica creativa con plastilina condutiva.

Unha edición que perdurará

Ao final das xornadas premiaranse os mellores proxectos e, a diferenza doutros anos, esta feira virtual non será efémera, senón que os contidos permanecerán en aberto ata a celebración da seguinte edición e engadiranse outros novos que poidan resultar de interese aos rexistrados.

A Maker Faire Galicia 2020 celebrarase co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e Asociación para el Progreso de la Dirección (APD).

Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Novas


by Dr. Radut