Skip to Content

6º infantil

PLANTACIÓN DO HORTO ESCOLAR

 Xa chegou a primavera e o tempo de plantar...si, rapaces e rapazas no colexio traballamos a agricultura durante todo o ano. Agora tocan as verduriñas de primavera /verán. Ainda que cada semente quere o seu mes para ser plantada, nós planteremos todo xunto con moito mimo para ter unha boa colleita. Empezaremos polas cabazas, tomates, pementos. Unha semana despois as leitugas, acelgas, espinacas.

Que ricas van estar esas ensaladas, cremas e menestras de verduras ou esas verduras pasadas pola grella!!! Por non falar dos sustos que meterán as cabazas no Samaín!!!

Haberá que falar cos periodistas da sección de Masterchefs da semana e que nos busquen unhas receitas riquísimas para os productos da nosa horta.

Rematamos cun refrán da cultura agrícola:

Cava hondo, echa basura y ríete de los libros de agricultura”

Boa colleitaaaa!!!

 

 
 
 

ALBORADA, DE ROSALÍA DE CASTRO

PARA CONMEMORAR O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS, ILUSTRAMOS O SEU POEMA ALBORADA. 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE. 

VIVAN LAS MANOS DE COLORES

OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ CANTANDO E BAILANDO "VIVAN LAS MANOS DE COLORES" DE HAPPENING. 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE

 

Radio ARRABAL 10

Décimo programa da Radio Arrabal, a radio do CEIP Mestre Manuel García. Programa especial con música en directo a cargo do músico guardés Bruce Grinn. E coma sempre contidos moi interesantes: novas de actualidade, deportes, receitas riquísimas, cancións dos peques de 5 anos, ciencia cas nenas de terceiro, información do tempo, da biblioteca e moita, moita diversión!!! Ahhh, non esquezades de participar no gran concurso da Radio Arrabal. A voar polas ondas do Arraballlllll!!!!

UN CONTO CADA DÍA (5º INFANTIL)

Clica na imaxe si queres escoita o conto de hoxe.

DÍA DA PAZ 2020

Para conmemorar o día da paz no noso cole, estivemos recollendo alimentos non perecedeiros para colaborar coa asociación SOS TOMIÑO BAIXO MIÑO no que axudan a moita xente de Tomiño, Tui, O Rosal e Oia. No noso concello están axudando a 20 familias.

No colexio recaudamos 300 kg que llos demos a esa asociación, moitas grazas a todo o alumnado e profesorado pola labor feita.

Tamén fixemos un baile sobre a canción da violencia de xénero, "Depende de los 2". Foi tan famosa que ata aparece en "Just Dance".

LUCÍA FAJAR de 5º de primaria.

 

A HORTA DO CEDO

Xa temos plantada a horta do cedo, esa que se planta no inverno para dar o producto antes da primavera. Foi o alumnado de 3 anos axudados pola súa titora e Cecilia quenes fixeron o traballo...agora paciencia para ver os resultados.

Distribuir contido


by Dr. Radut