Skip to Content

voz natura

AXENDA 20/30

 A axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible Ă© unha folla de ruta que todos os paĂ­ses membros da ONU asinaron en 2015. Esta axenda universal sitĂşa os dereitos humanos de todas as persoas no centro, sen deixar a ninguĂ©n atrás.

Entre os principais obxectivos que se propón están erradicar a pobreza no mundo, combater a desigualdade e o cambio climático, asegurar a igualdade de xénero e os dereitos humanos das mulleres e garantir o acceso universal ós servicios de saúde e educación de calidade, entre outros. É unha aposta universal que compromete a todos os países, calquera que sexa o seu desenvolvemento.

Dende BibliOia e o equipo de Voz Natura queremos poñer o noso gran de area no desenvolvemento destes obxectivos. É por iso que próximamente iniciaremos o desenvolvemento da actividade "O carriño 2030" unha actividade que pon a mirada na educación ambiental, o consumo e xira arredor dos valores anteriormente recollidos.

O CARRIĂ‘O 2030