XA TEMOS NAS ONDAS O PRIMEIRO PROGRAMA DESTE 2022.
Adicamos unha sección ao día da paz, outra aos cabalos dos nosos montes, deportes, non me tomes o pelo, novas seccións, etc. Por suposto as cancións de eurovisión tamén aparecen neste programa e o personaxe da semana é Beni, a escaladora de Bembrive.
A música é unha linguaxe, e como tal, aprendemos a escoitala, a entendela e a empregala para expresarnos, neste caso, mediante o noso corpo e diferentes tipos de movementos, tempos, expresións, e incluso empregando diferentes roupas e cores.
Este ano a celebración do Día da Paz estivo marcado pola mala meteoroloxía. Tíñamos prevista unha actividade para facer voar cometas decoradas pero foi imposible polo mal tempo. Aínda así cantamos a canción de Paco Nogueiras "Apertas que voan". foi moi divertido e bailamos todo@s xuntos dándonos un monton de apertas.