Skip to Content

Voz Natura

A HORTA DO CEDO

Chegou o outono e é o tempo de plantar a horta do cedo. Nós xa temos plantado todo para ter unha boa colleita. Plantamos porro, repolo, col de bruselas, coliflor, berza e patacas do cedo.

A ver si crece todo para poder comelo que está moi rico.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE ♻️

O pasado cinco de Xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente.

Bailamos e cantamos pola saúde da Terra!!!! 

Tamén limpamos unha praia, a de lixo que atopamos!!!! 

PELIPÉTALOS

A PRIMAVERA CHEGOU E ENGUEDELLOUSE NOS NOSOS CABELOS.

QUE CHULADA!!

PRIMAVERARTE

PRIMAVERARTE!!!!

Un proxecto para explorar cos cinco sentidos.

Co oído investigamos e fomamos tesoreiros dos sons da natureza, para despois escoitar e ilustrar obras musicais como:

A PRIMAVERA de Vivaldi, O AMENCER de GRIEG ou o VALS DAS BOLBORETAS.

Co olfacto e o tacto descubrimos, clasificamos, exploramos e investigamos as plantas, as flores, e mesmo as súas partes facendo pequenas e xustificadas desfeitas en partes das mesmas. 

Coa vista, creando e organizando grandes paneis de porexpán para crear un fermoso cadro sobre a primavera. Organización visoespacial, imaxinación, creatividade, comunicación, cooperación...

DISFRUTADE DA EXPERIENCIA PRIMAVERARTE!!!!!!

PLANTACIÓN DO HORTO ESCOLAR

 Xa chegou a primavera e o tempo de plantar...si, rapaces e rapazas no colexio traballamos a agricultura durante todo o ano. Agora tocan as verduriñas de primavera /verán. Ainda que cada semente quere o seu mes para ser plantada, nós planteremos todo xunto con moito mimo para ter unha boa colleita. Empezaremos polas cabazas, tomates, pementos. Unha semana despois as leitugas, acelgas, espinacas.

Que ricas van estar esas ensaladas, cremas e menestras de verduras ou esas verduras pasadas pola grella!!! Por non falar dos sustos que meterán as cabazas no Samaín!!!

Haberá que falar cos periodistas da sección de Masterchefs da semana e que nos busquen unhas receitas riquísimas para os productos da nosa horta.

Rematamos cun refrán da cultura agrícola:

Cava hondo, echa basura y ríete de los libros de agricultura”

Boa colleitaaaa!!!

 

 
 
 

RESIDUOS CERO NO RECREO

Unha medición máis dos residuos que xeramos no recreo, indícanos que pouco a pouco imos reducindo o lixo. Esto significa que imos concienciándonos da importancia de coidar o noso planeta.

 

O XOVES, 25-2-2021, recollemos 3.2 kg de lixo xerado no recreo!!!

 

Recordade que debemos eliminar os plásticos e envases dun só uso nas merendas. Durante o curso comprobaremos se somos capaces de acadar o noso obxetivo: CERO RESIDUOS!!!


NADAL 2020

ESTA É A ÁRBORE DE NADAL QUE FIXEMOS OS NENOS E NENAS DO COLEXIO. EMPREGAMOS TRIÁNGULOS EQUILÁTEROS DECORADOS DE FORMAS MOI CREATIVAS E CON DIFERENTES TÉCNICAS. É UNHA ÁRBORE XIGANTE.

RECREOS RESIDUOS CERO

Este curso, como o ano pasado, queremos reducir os residuos dos recreos. O mellor xeito de loitar contra o cambio climático é reducir o consumo de plásticos.

 

O venres, 9-10-2020, recollemos 3.5 kg de lixo xerado no recreo!!!

 

Dende o cole, propomos eliminar os plásticos e envases dun só uso nas merendas. Durante o curso comprobaremos se somos capaces de acadar o noso obxetivo: CERO RESIDUOS!!!

HORTA DO CEDO

Xa temos plantada a horta do cedo, esa que se planta no outono para dar o producto antes da primavera. Foi o alumnado de 4 anos axudados pola súa titora e os nenos e nenas de 5º de primaria co profesor de ciencias, quenes fixeron o traballo. As verduras que puxeron foron:

  • Coliflor
  • Coles de bruselas
  • Repolo
  • Porro
  • Lombarda
  • Acelgas
  • Brócoli
  • Berzas

Agora paciencia para ver os resultados.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Aquí tedes os videos da celebración do pasado venres, 5 de xuño de 2020. Xa vedes que somos uns ecoloxistas convencidos. Moitas grazas a tod@s e non esquezades disfrutar da natureza.

Distribuir contido


by Dr. Radut