Skip to Content

6º primaria

XORNADA DEPORTIVA CO CLUB CICLISMO OIENSE

REMATAMOS O TRIMESTRE CUNHA ESTUPENDA XORNADA DE CICLISMO. ASER ESTÉVEZ FOI O ENCARGADO DA ACTIVIDADE NA QUE REALIZAMOS UN CIRCUITO E PRACTICAMOS DISTINTAS HABILIDADES SOBRE A BICI.

REBUMBIO MATEMÁTICO

ANXO, DANIELA E CELIA VEÑEN HOXE DE PARTICIPAR NO XXI REBUMBIO MATEMÁTICO ORGANIZADO POR AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) NA SÚA FASE DE ZONA CELEBRADA NO CPR PLURILINGÜE ROSALÍA DE CASTRO.

TIVERON QUE RESOLVER 6 PROBLEMAS EMPREGANDO AS SÚAS DOTES MATEMÁTICAS. SE HAI SORTE PODERÍAN PASAR Á FASE FINAL, AÍNDA QUE A COUSA ESTÁ DIFÍCIL, XA QUE SE PRESENTARON 87 EQUIPOS DE TODA GALICIA E SELECCIONARÁN 15.

O IMPORTANTE FOI QUE O DISFRUTARON AÍNDA QUE CON ALGO DE NERVIOS E PRESIÓN.

GRAZAS RAPACES E RAPAZAS POLO VOSO ESFORZO!!!

 

NAVEGA CON RUMBO

Na xornada do venres 8 de abril o alumnado de 5º e 6º de EP tivo a portunidade de asistir a unha charla formativa sobre a importancia dunha navegación e uso seguro das novas tecnoloxías, redes, xogos... así como unhas pautas e reflexións de bo uso destes medios.

RADIO ARRABAL # 6

Xa rematou o trimestre e aquí tedes o sexto programa da Radio Arrabal. Neste programa tivemos un convidado moi especial...sabedes quen é? Fixemos varias entradas adicadas ás mulleres que cambiaron o mundo. 

Tamén contamos con novas seccións e informacións de rabiosa actualidade.

Disfrutade do programa e das vacacións!!!

 

VISITA DE ALICIA BORRÁS

Este mércores visitounos Alicia Borrás, escritora e actriz de dobraxe. Con ela compartimos un encontro de profundas reflexións en torno a dous dos seus libros "Nata y chocolate" e "Nata y chocolate invencibles" que o alumnado de 6º EP lemos na aula. Falamos de compañeirismo, solidariedade, igualdade, empatía, convivencia... aspectos vinculados ás súas obras e aos protagonistas das mesmas.

Tamén descubrimos que se esconde detrás das series animadas como "Los Green en la Gran Ciudad" emitida actualmente en importantes canles infantís e na cal Alicia pon voz ao entrañable e gracioso personaxe de "La Yaya".

Esperámoste en vindeiros encontros Alicia!

 

RADIO ARRABAL # 5

Esta semana o programa está adicado ao entroido xa que foi fai pouco, é un dos mellores programas deste curso e esta semana o personax é a profe María, estar moi atentos porque é unha entrevista moi entretida. Ademais falamos do libro doente, explicáronnos como se elaboran as orellas de entroido, entre outras moitas cousas, fademe caso, non vos arrepentiredes de escoitalo. Ata o próximo programa!!

PLAY HISTORIA

No grupo de sexto de primaria fixemos un percorrido polas distintas etapas da historia a través de figuras de Playmobil. Este é o resultado:

OBRADOIROS DE RADIO, CHAROPITA

Hoxe tivemos a segunda visita de CHAROPITA na que traballamos os contos de tradición oral. Comezamos preguntándonos as diferenzas entre homes e animais...poder contar historias. Claro, como non se nos ocurrira antes!!!

Despois imaxinamos a nosa árbore, recordamos historias que nos contaran na casa e estudamos a forma de contar un conto. Por último xogamos cos contos que nos contou Charopita: "O vendedor do gorras" e "A serpe e as 7 rapazas".

Seguimos a mellorar a nosa competencia como locutores de radio e lectores expertos. Agora toca aplicar todo o aprendido no seguinte programa da RADIO ARRABAL, ánimo periodistas!!!

RADIO ARRABAL # 4

Imágenes de Palomas Paz | Vectores, fotos de stock y PSD gratuitos

XA TEMOS NAS ONDAS O PRIMEIRO PROGRAMA DESTE 2022.

Adicamos unha sección ao día da paz, outra aos cabalos dos nosos montes, deportes, non me tomes o pelo, novas seccións, etc. Por suposto as cancións de eurovisión tamén aparecen neste programa e o personaxe da semana é Beni, a escaladora de Bembrive.

Non deixes de escoitar a RADIO ARRABAL!!!

 

VISITA DE CHAROPITA

Hoxe estivemos facendo un obradoiro para mellorar a nosa competencia como locutores de radio e lectores expertos. Empezamos coa presentación da profe, CHAROPITA. Despois apoiándonos en textos e xogos, fomos descubrindo como a lectura pode enriquecerse coa emoción que cada persoa aporta. Xogando coas vogais e as consonantes, co ritmo e a dramatización pasamos unha hora estupenda.

Agora toca aplicar todo o aprendido no seguinte programa da RADIO ARRABAL, ánimo periodistas!!!

 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut