Skip to Content

1º primaria

PRIMAVERARTE

PRIMAVERARTE!!!!

Un proxecto para explorar cos cinco sentidos.

Co oído investigamos e fomamos tesoreiros dos sons da natureza, para despois escoitar e ilustrar obras musicais como:

A PRIMAVERA de Vivaldi, O AMENCER de GRIEG ou o VALS DAS BOLBORETAS.

Co olfacto e o tacto descubrimos, clasificamos, exploramos e investigamos as plantas, as flores, e mesmo as súas partes facendo pequenas e xustificadas desfeitas en partes das mesmas. 

Coa vista, creando e organizando grandes paneis de porexpán para crear un fermoso cadro sobre a primavera. Organización visoespacial, imaxinación, creatividade, comunicación, cooperación...

DISFRUTADE DA EXPERIENCIA PRIMAVERARTE!!!!!!

O SON DO CAMIÑO

O SON DO CAMIÑO

As nenas e nenos de primeiro fixemos unha muñeira na que mediante o canto vos contamos moitas cousas sobre o Camiño de Santiago.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!

MARIA PITA

MARIA PITA

Aos alumnos e alumnas de primeiro comprácenos presentarvos a nosa primeira obra musical. Unha cantiga que nos encanta, nos alegra e da cal aprendemos un montón.

Unha cantiga transformada en obra teatral e baile mediante a cal descubrimos a Maria Pita dunha forma moi divertida.

Radio ARRABAL #20

Vixésimo programa da Radio Arrabal, a radio do CEIP Mestre Manuel García. Programa especial sobre o Día Internacional da Muller Traballadora. A piques de superar todas as marcas, o equipo da radio do colexio fai un esforzo extra e tráenos un programa superior cheo de contidos interesantísimos. A voar e participar nas ondas do Arrabal!!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut