Skip to Content

ESCALADA EN OIA

Como remate ao curso de Educación Física o alumnado de extraescolar de BOULDER, acompañado polas familias e os profes, subiu aos montes da Valga para iniciarse na escalada en rocha.

A actividade fixérona no sector de escalada de Oia chamado o MONASTERIO, unha parede ideal para a iniciación nos deportes da montaña e con unhas vistas impresionantes da costa oiense. Accedemos a estas paredes dende o Curro da Valga onde deixamos os coches, camiñando uns 15 minutos chegamos ao sector e comezamos a instalar as cordas e os seguros para facer as prácticas de escalada. As vías que escalamos están na parte central do muro e se chaman "Perros Voladores" e "A Gárgola"; asequibles pero algo técnicas e coa suficiente altura para as nosas intencións.

Foi unha xornada estupenda onde escalamos e compartimos momentos intensos alumnas e alumnos, pais e profes. Seguro que é a primeira de moitas máis xornadas de actividades na Natureza. Vémonos polas montañas, bo verán!!!



page | by Dr. Radut