Skip to Content

Novas de Interese

Pequenos cambios

Estimadas familias:

A partir deste luns faremos uns pequenos cambios nas entradas e nos patios.

Os horarios de entrada da maña serán os que seguen:

- 9:20 a 9:25 alumnado transportado.
- 9:25 a 9:35 o alumnado do pobo (cadaquén pola porta que estaba a empregar).

Na hora do patio o alumnado do mesmo nivel poderá compartir a súa zona e xogar os dous grupos xuntos.

Grazas.

Uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia - 21/04/2022

 

Resumo uso da máscara:

OBRIGATORIO

Transporte escolar(salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)

RECOMENDADO

Persoal traballador do centro educativo.
Alumnado do centro educativo.

Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia:
Persoas traballadoras.
Visitas cando estean en zonas compartidas.

Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos.

Comunicación e rexistro dos test.

Todos/as os/as nenos/as que obteñan un resultado positivo na proba de antíxenos de autodiagnóstico serán consideradas directamente como caso confirmado de infección activa polo SARS-CoV-2. Polo tanto, estes/as nenos/as deberán seguir as medidas de illamento dispoñibles na páxina web do coronavirus (ligazón). En todo caso, o caso confirmado sempre deberá seguir as indicacións dos profesionais sanitarios que se encarguen do seu seguimento clínico.

Co fin de realizar o seguimento e estudo do caso confirmado, a persoa responsable do/a neno/a deberá notificar o positivo a Saúde Pública a través do formulario de declaración responsable de autotest positivo dispoñible na páxina web do coronavirus (ligazón) ou chamar ao  881 540 045.

En ningún caso notificaranse resultados negativos.

Novas medidas

Novas medidas

Reforzo medidas covid-19

Destacamos a continuación os aspectos principais a ter en conta:

As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.

Nin o alumnado, nin o persoal do centro, en ningún caso require de proba algunha para reincorporarse ao centro.

Os autotest non requirirán dunha proba complementaria para confirmar o caso.

A definición e contacto estreito non variou: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2m dun caso positivo ata as 48h antes da consideración de inicio da enfermidade (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara).

O persoal docente e non docente, así como o alumnado de 12 ou máis anos, que teña a consideración de contacto estreito seguirá as indicacións de corentena que se propoñen para a poboación xeral de acordo á Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control, publicada o día 30 de decembro de 2021. Así, as persoas con pauta vacinal completa, salvo as excepcións previstas no documento citado, non terán que facer corentena.

No caso de alumnado menor de 12 anos, ante a aparición dun primeiro caso nunha aula e ata un total de 4, o alumnado non realizará corentena, independentemente do seu estado vacinal.

Ante agrupacións de casos (5 ou máis casos confirmados de infección activa), seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas dos contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas durante este período).

Reforzo medidas covid-19

Distribución das máscaras

Estimadas familias:

No DOG do 12 de novembro de 2021 publicouse a O do 28 de outubro que regula os criterios e procedemento  para a distribución de máscaras entre o alumnado  (hixiénicas reutilizables).

(www.edu.xunta.gal/portal/node/35621)

É beneficiario o alumnado que recibiu a axuda de material escolar neste curso.

Tamén pode solicitar a entrega de máscaras aquel alumnado que cumpra as condicións que aparecen na orde entregando a solicitude no centro antes do 26 de novembro. Estas son:

 

- Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

- Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 

En canto teñamos todos os datos, informaremos de cando e como se fará a distribución.

Autoenquisa Covid

Organización de entradas e saídas

Estimadas familias:

A organización das entradas será idéntica a do curso pasado, será escalonada para garantir que se respecten as distancias e así evitar aglomeracións 

O profesorado que teña clase a primeira hora estará nas aulas agardando o alumnado.

 

Quendas de entrada pola maña:

9.15 - 25:  entrará o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria  pola porta 1 (porta pequena) e 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria pola porta 2 ( porta de provedores). Alumnado Non transportado.

9.25 - 30: entrará o alumnado de Transporte de E. Primaria pola porta 3 ( porta de transporte)

9:35 - 40: entrará o alumnado transportado de E. Infantil (mesma porta).

9,40 - 45: entrará o alumnado de E, Infantil Non transportado pola porta 1 ( porta pequena).

Aqueles alumnos/as que cheguen tarde á súa quenda terán que esperar o final para poder acceder o centro ( logo das 9.45 h).

 

Quendas de saída

- Mediodía (o alumnado que non se quede a comedor)

14.15 -25 h; sairá o alumnado de E Infantil e 1 º de E, Primaria (porta de transporte)

14.25-35 h: sairá o alumnado de 2º a 6º de E. Primaria (pola porta de provedores).

 

- Tarde

En setembro e xuño

O alumnado transportado entrará no bus de 15.15-30 h.

O alumnado Non transportado sairá entre as 15.30 e 15.40 h (saen pola porta 1 E. Infantil e 1º de EP e resto pola porta 2, a de provedores)

 

De outubro a maio

O alumnado transportado entrará no bus de 15.40 a 15,55 h

O alumnado Non transportado sairá do centro entre as 15.55 e as 16.05 h (mesmas portas que antes).

 

Pregamos as familias que sexan puntuais, dependendo das quendas pecharanse as portas de acceso, tendo que esperar fora ata que se volvan abrir.

Tamén vos pedimos que esperedes fora do recinto, un mestre acompañará o alumnado ata o súa porta de saída. E moi importante que non se formen grupos nese momento, cada proxenitor debe recoller o seu fillo e filla e deixar sitio libre para o seguinte curso.

 

Moitas grazas pola vosa comprensión e paciencia. Ante calquera dúbida poñédevos en contacto co voso titor/a ou co centro educativo.

Todas estas medidas facémolas tendo en conta as medidas que se nos piden e minimizando os posibles riscos.

 

Unha aperta.

Comedor e Transporte

Estimadas familias.

O vinderio luns volverá abrir o comedor, e o transporte regresará ó seu horario habitual.
Volveremos facer fincapé nas normas que rexen estes dous servizos e o resto do centro, para que ninguén esqueza que temos que seguir extremando as precaucións.
Ante calquera cambio ou problema que se poida producir nestes servizos, pedimos que nolo comuniquedes coa maior brevidade posible.
Insistir tamén en que no momento que detectedes calquera síntoma ou malestar tanto no alumnado coma en vós, non o enviedes o centro.

Unha aperta.

Horarios para o Xoves

Estimadas familias.

O cribado realizarase no pavillon municipal( entrada principal).

O profesorado titor comunicará a cada grupo a franxa horaria que lle corresponde( nos casos abaixo indicados ). Loxicamente rógase puntualidade.

5° EI - A debe acudir.as 16.00 h.

6° EI - debe acudir entre as 16.00 e as 16.15 h

1° EP- B debe acudir as entre as 16.15  e as 16.30 h

2° EP - A debe acudir as 16.30.h

3° EP - B debe acudir entre as 16.30 e as 16.45 h

4° EP - A debe acudir as 16.45 h.

4° EP - B debe acudir entre as 16.45 e as 17.00 h

5° EP debe acudir entre as 17.00 h e as 17.15 h

6° EP - A debe acudir as 17.15 h

6° EP - B debe acudir entre as 17.15 e as 17.30 h

 

Unha aperta 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut