ENLACE XOGOS INTERACTIVOS:
Recursos didácticos
"Non hai fronteiras" en España: Entroido 2022
Os nenos e nenas de infantil eleximos diferentes traxes típicos de España e aprendemos os seus bailes tradicionais. Que ben o pasamos! Non hai fronteiras!
ENTROIDO (5 ANOS)
Aquí tedes unha mostra dos disfraces libres que trouxemos a clase (nótase que nos encantan os superheroes/superheroinas e os videoxogos).
E tamén unha mostra do día que nos vestimos como cataláns e catalanas, xa que estamos a coñecer o baile típico de Cataluña a Sardana!
Día de Rosalía de Castro 2022
Os nenos e nenas de infantil celebramos o "Día de Rosalía de Castro" bailando os seus poemas musicalizados, coñecendoa a través dun Genially e facendo unha carauta co seu retrato. Esperamos que vos guste!
¡
San Valentín 2022: "Eu teño alguén"
Os nenos e nenas de infantil desexámosvos un feliz San Valentín!
AS 3 ERRES
Na aula de 5 anos traballamos as tres erres: reciclar, (para xerar novos productos a partir dos que xa non nos serven), reutilizar (darlle unha segunda vida os obxectos) e reducir (consumir menos e gastar menos enerxía para disminuir o noso impacto no medio ambiente).
Para diferenciar estos termos fíxemos un mural, no que colocamos as imaxes no seu lugar correspondente, por exemplo a roupa en reutilizar, a auga en reducir e o papel en reciclar.
Reflectimos o aprendido no papel.
E por último, desfrutamos dun conto sobre reciclaxe!
Esperemos que vos animedes a aplicar as 3 R no voso día a día! Nos o faremos!
ANIVERSARIOS (5 ANOS)
En Febreiro está de aniversario Enzo. Felices seis voltas ao sol e moitos parabéns!
ANIVERSARIOS (5 ANOS)
Na clase de 6º de Educación Infantil o primeiro en estar de aniversario este ano é Gael. Que maior va que xa cumple 6 anos! Moitos parabéns e que desfrutes do teu día!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »