Recursos didácticos

ANIVERSARIO IZAN.

Moitos parabens Izan!. O xoves 15 de febreiro estivo de aniversario o noso Izan.

Moitos parabens no teu 4 aniversario!

 

 

Horto escolar

Este luns , 5 de febreiro, estivemos traballando no horto da escola xunto cos nenos de 4 anos!. Visitamos o composterio e ata vimos varias miñocas. Despois de recoller o compós preparamos a terra da nosa parcela no horto. Tamén aprendemos moitas cousiñas das necesidades das plantas.

Preparando o Entroido

Aquí estamos preparando a chegada do Entroido.  Pronto subiremos as fotos dos disfraces!

Aniversario de Delia!

ANIVERSARIO DE DELIA!

Hoxe celebramos na escola o aniversario de Delia! moitos parabens !! Cumplimos 4 aniños!!

 

A auga

Chegou o inverno e a auga está moi presente nas nosas vidas. Aquí vos deixo algunha foto dos traballos relacionados con este elemento. 

xogando coa pingueira!

Colgando as nosas pingueiras e paraugas no mural de inverno!

Preparando un fogar acolledor para os nosos peixes!

Magosto 2017

Chegou o Magosto! Época de degustar castañas e sacar os peóns á rúa!. No C.E.I.P gandara sofán celebramos esta festa tan significativa polo San Matiño, como dí o refrán : "Polo San Martiño peóns ao camiño"

 

LEMBRANZAS.

Este mes de novembro continuamos co proxecto"Familia" e gracias a  vosa colaboración recibimos unhas caixas moi fermosas cheas de lembranzas familiares. Aquí vos deixo unhas fotos das caixas da aula de 3 anos. 

Lucía trouxo na caixa a súa boneca "Nenuco" e tamén unha taza que lle regalou seu curmán dunha visita a Marcelle. 

O pai de izan participa en carreiras de coches e Izan trouxo os cascos e as gafas que emprega cando acude ás mesmas. Na foto tamen podemos ver o seu boneco favorito.

 

Samaín 3 anos

Hoxe 31 de outubro celebramos no C.E.I.P Gandara -Sofan o Samaín. Na tradición celta era un día especial onde celebran o remate do verán e o comezo do Outono,  durante esta noite máxica os mortos podían achegarse ao mundo dos vivos e para escorrentalos deixaban cabazas con candeas nas portas das casas  e dos camiños.

Non teñades medo!! Chegou o Samain! !

 

ANIVERSARIO PAULA IGLESIAS

Moitos parabens Paula Iglesias no día do teu aniversario , luns 16 de outubro. 

PARABENS!!!

 

Outono 2017. 3 anos

Chegou o Outono! Esta estación veu cargadiña  de novos descubrimientos: as cores, os sabores...Esperamos que vos guste a nosa exposición do Outono!!

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design