24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

   O 24 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS E DENDE O CEIP PLURILINGÜE GÁNDARA-SOFÁN ENLAZAMOS ESTA FESTIVIDADE CO NOSO PROXECTO DE CENTRO "QUE CONTAN OS CONTOS" ONDE O CENTRO DE INTERÉS DO MESMO SON AS EMOCIÓNS. AO LONGO DESTE CURSO PROFUNDIZAREMOS NESTE PROXECTO PARA QUE O ALUMNADO IDENTIFIQUE E MANEXE AS EMOCIÓNS O MELLOR POSIBLE. 

   COMEZAMOS O PROXECTO PARTINDO DO CONTO" O MONSTRO DE CORES", ONDE UN PEQUENO MONSTRO CONFUSO NON DISTINGUE AS SÚAS EMOCIÓNS. COA AXUDA DUNHA AMIGA VAI SEPARANDO AS CORES QUE ESTÁN REVOLTAS NO SEU CORPO E ASOCIANDO CADA COR CUNHA EMOCIÓN. ESTA MESMA ACTIVIDADE A FIXO TODO A ALUMNADO DO CENTRO. A CADA CURSO ASIGNOUSE UNHA COR E ESTIVERON TRABALLANDO A EMOCIÓN ASOCIADA A ESA COR. 

  O DÍA DAS BIBLIOTECAS XUNTÁMONOS TODOS E CADA AULA COMENTOU COMO FOI TRABALLANDO A  SÚA EMOCIÓN , SACANDO DO SEU BOTE DE EMOCIÓNS AS PALABRAS E IMAXES TRABALLADAS ASOCIADAS A EMOCIÓN CORRESPONDENTE. 

COR AMARELA: LEDICIA.

COR VERDE: CALMA.

COR AZUL: TRISTEZA.

COR NEGRA: MEDO

COR LARANXA: ANSIEDADE

COR VERMELLA: ENFADO.

COR ROSA: AMOR.

 

 

 

 

 

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design