Recursos didácticos

Coñecendo a natureza

Neste trimestre achegámonos máis a natureza a través do horto escolar e na saída ao paseo polo río por Gabenlle

Recunchos na aula de 5 anos no 3º trimestre

Neste terceiro trimestre xogamos coa mesa sensorial e aprendemos con novos xoguetes

Mochila viaxeira en 4 anos 2020-2021

Os nenos e nenas de 4 anos desfrutaron moito cos libros da mochila viaxeira!

Desfrutaron lendo algúns dos contos que había nela, o seu favorito foi: Es ti o meu amigo!

 

...facendo unha das cousas que máis lles gusta que é cociñar, seguindo as receitas de Dora a Exploradora!

 

...e por suposto tamén desfrutaroon moito facendo as súas grandes obras de arte seguindo un libro de manualidades, o que máis lles gustou foi o floreiro!

 

Mochila viaxeira en 5 anos 2020 - 2021

Todos os nenos e nenas da aula de 5 anos levaron para a súa casa a mochila viaxeira e coa súa axuda elaboraron un montón de actividades como as que mostramos de seguido:

Receitas de comida inspirándonos no conto de "La Superchef":

Tamén arte coa natureza, grazas ao libro "Fago cousas con follas":


ILUSTRACIÓN CON ANXO FARIÑA

O MARTES 25 DE MAIO CONTAMOS CA PRESENZA NO NOSO CENTRO DO ILUSTRADOR E ESCRITOR ANXO FARIÑA. FOI TODO UN LUXO PARA O NOSO ALUMNADO PODER APRENDER COUSAS MOI INTERESANTES SOBRE COMO DEBUXAR E ILUSTRAR!!

 

As ondas do mar soan en Sofán, Dígocho eu!

Os nenos e nenas de infantil elaboramos este vídeo no que vos ensinamos como se din os animais do mar en galego.

Dígocho eu!

TI SI QUE ES UN BO PEIXE

Dentro do Plan Proxecta esta semana tivemos a visita do obradoiro "TI SI QUE ES UN BO PEIXE". Os nenos aprenderon moito sobre os peixes e o marisco, e o seu valor nutricional!.

Peixe e marisco son indispensables nunha dieta equilibrada.

LETRAS GALEGAS 2021. TALLER DE PINTURA

PARA CONMEMORAR AS LETRAS GALEGAS, QUE ESTE ANO SE ADICAN A XELA ARIA, O CEIP GÁNDARA-SOFÁN ORGANIZOU (COA AXUDA DA ANPA) UN TALLER DE PINTURA PARA O MÁIS PEQUENOS. O TALLER FOI COORDINADO POR UN PINTOR/ILUSTRADOR DE CARBALLO; MON LENDOIRO.

 

 

ANIVERSARIO DANIELA

O PASADO 7 DE MAIO CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE DANIELA!,

PARABENS DANIELA!! 4 ANIÑOS!!

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design