Recursos didácticos

ANIVERSARIOS (5 ANOS)

No mes de setembro na clase de 5 anos celebramos o aniversario de Emma e de Antía, dando 5 voltas ao Sol...

...e tamén soprando as velas e desfrutando dunha rica merenda!

Moitos parabéns as dúas!

Graduación de 6º de E.I. Xeración 2018- 2021

Chegastes con miradas de ilusión, sendo o noso colexio un novo mundo a descubrir pero isto só acaba de comezar.

A etapa de infantil remata pero empeza outra con novas aprendizaxes, amigos e amigas, e tamén mestres que están desexando coñecervos.

Ata pronto!

DESPEDIDA DE CURSO 2020/21

DESPEDIMOS ESTE CURSO 2020/21 CON MÁXIA!! FELIZ VERÁN A TÓDALAS FAMILIAS DO GÁNDARA-SOFÁN.

 

AS ONDAS DO MAR SOAN EN SOFÁN

Deixamosvos unha pequena mostra de actividades que fíxemos neste trimestre.

Traballamos a lectoescritura, escribindo o nome dalgúns animais do mar (utilizando paos de madeira, a pizarra, copiandoos co rotulador...) e colocando palabras relacionadas co proxecto (vehículos do mar,...) ao lado da imaxe correspondente.

Traballamos as matemáticas cos animais do mar, facendo sumas ou traballando a recta numérica e lateralidade.

Tamén nos iniciamos en xogos de mesa sinxelos como o tres en raia ou o dominó!

Traballaron moito, agora a desfrutar das vacacións!

ANIVERSARIOS (4 ANOS)

No mes de Xuño estiveron de Aniversario Mateo e Javier e celebramos as súas primeiras cinco voltas ao sol, seguindo a metodoloxía dos aniversarios Montessori. Desfrutaron moito!

...é aínda que Roque está de aniversario durante as vacacións de verán, no mes de Agosto, decidimos celebralo por adiantado para que puidese pasar tamén un bo rato cos seus compañeiros/as! Fíxolle moita ilusión dar as súas cinco voltas ao sol!

Moitos parabéns para todos eles! 

RECOPILACIÓN FOTOS BALARÉS

RECOPILACIÓN DE FOTOS DA SAÍDA A BALARÉS.

 

RECOPILACIÓN SAÍDAS. GABENLLE

RECIPILACIÓN DE FOTOS DA SAÍDA A GABENLLE.

 

RECOPILACIÓN SAÍDAS. CARBALLO. REXENERA

SAÍDA POR CARBALLO PARA DESCUBIR O ARTE URBANO DENTRO DA NOVA EDICIÓN DO REXENERA FEST.

As ondas do mar soan en Sofán e na aula de 5

Durante este trimestre, cos demáis compis de infantil, levamos a cabo este proxecto coñecendo o mar, Galicia e o camiño dos faros e... ata coñecemos a Traski!

 

Derrubando muros con pintura

Coñecemos máis sobre a arte urbana na saída durante o Rexenera Fest de Carballo e participamos pintando o muro do noso colexio

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design