Deixamosvos unha pequena mostra de actividades que fíxemos neste trimestre.
Traballamos a lectoescritura, escribindo o nome dalgúns animais do mar (utilizando paos de madeira, a pizarra, copiandoos co rotulador...) e colocando palabras relacionadas co proxecto (vehículos do mar,...) ao lado da imaxe correspondente.
Traballamos as matemáticas cos animais do mar, facendo sumas ou traballando a recta numérica e lateralidade.
Tamén nos iniciamos en xogos de mesa sinxelos como o tres en raia ou o dominó!
Traballaron moito, agora a desfrutar das vacacións!