Aliméntate ben

MERENDAS COMPARTIDAS DE ENTROIDO

merenda entroido

Xa chegou o tempo do Entroido e decidimos que como os luns son os días das merendas caseiras, que mellor que compartir nas aulas unha merenda de Entroido ( filloas, orellas, rosquillas...)

Xa nos explica Alba Otero que son moi saudables

 

 

MMM QUE RICAS E SANAS ESTÁN AS LARANXAS

Unhas cantas laranxas na clase e rapidamente fixemos uns riquísimos zumes de laranxa. Tan ricos estaban e tiñan tantas vitaminas que repetimos varias veces!!! Como nos gusta a froita e se é en zume moito mais.

 

COMENZA O REPARTO DE LEITE DIARIO

leite 2

Voltamos de vacacións de Nadal co reparto de leite  para as nosas merendas saudables. Os alumnos e alumnas de 5º e 6º  serán os repartidores e encargados de levar ás aulas as bebidas.

 Leite 1

 

Se premes nas fotos poderás observar como son as nosas merendas na hora do recreo

leite1

 

 

NOVO RETO SAUDABLE NO NADAL

Este mes voltamos a organizar un novo reto no Nadal xa que durantes o mes de novembro máis dun 75% de merendas saudables:

 Así que despois de pornos a pensar nas diferentes posibilidades, este foi o resultado:

 reto nadal 1

 

reto nadal 2

 

reto nadal 3

 

reto nadal 4

Reto conseguido !!!

Agora ímosvos mostrar todos os pasos que realizamos ata conseguir o reto:

Puxemos en común a froita para compartir e a pelamos.

Nunha bolsa recollemos os restos, que colocamos nun recipiente , para logo botar nun dos  cubos dos restos orgánicos do noso colexio.

Antes e despois de merendar e facer as nosas brochetas con chocolate, creamos diversos deseños artísticos coa froita e algún tamén en papel.

brochetas Nadal

Seguimos co preparado da froita

 

 

e xa por último as deliciosas brochetas con chocolate quente 

 

 

ANIVERSARIO DE NICO

Aniversario Nico

Unha vez máis o noso compañero Nico de 6°A , celebrou o seu aniversario convidándonos a un anaco de biscoito de cabaza moi saudable e orixinal, feito na casa.

Parabéns Nico!

Aniversario Nico 2

Moitas Grazas!

Powered by Drupal - Design by artinet