Este martes, 19 de novembro, todos os alumnos/as de Primaria participamos dunha actividade moi distinta no noso centro. Un grupo de monitores veunos explicar o percorrido que realiza os peixes e moluscos dende o seu habitat ata o seu envasado en conserva e posteriormente, despois de realizar unha serie de xogos, elaboramos o nosos "bocatas" e disfrutamos deles. Despois desta sesión, descubrimos que as conservas do mar son ricas en proteinas moi importantes para crecer e que levan vitamina B12 que é fundamental. Un bocata de conservas de mar leva dentro toda a enerxía que necesitamos para alcanzar as nosas metas. Amosámosvos un álbume de fotos onde podedes observar a variedade de actividades que fixemos ao longo da mañá: Se premes na foto accedes ao álbum |
Para saber máis visita o seguinte enlace: