Aliméntate ben

MILLA EN FAMILIA

Tiñamos atrasado o premio dos supersaudables por mor do tempo pero como xa chega o sol a semana que ben, informámosvos dun novo acontecemento no noso cole que ademáis únese a celebración do día 15 de maio,

O Día da Familia.

 

 

 

 

 

 

 

VÍDEO DA MILLA EN FAMILIA 3º E 4º,

XENTILEZA DA MESTRA INÉS 

 

 

 

 

FACENDO SEMENTEIROS

Facemos sementeiros empregando material de refugallo: caixas de cartón, vasos de iogur, cáscaras de ovos, botellas plásticas…

 

 

Dándolle vida ao noso lixo!!

 

OBRADOIRO COCIÑA

O alumnado de 2ºP, despois de facer a colleita na horta, preparou dúas receitas ben saborosas: revolto de allos tenros e chícharos con xamón e allos.

 

 

Deliciosos!!

 

OBRADOIROS O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

sabor aventura cartel cole
Esta semana, o alumnado do cole aprendeu o valor alimenticio dos peixes máis comúns das nosas costas e os seu beneficios para a nosa saúde. Grazas aos personaxes dun simpático mariñeiro e dunha marisqueira moi xeitosa, xogaron a identificalos, a representar as tarefas para capturalos e comprometéronse a consumir máis peixe na súa dieta. 
Amosámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos e canto aprendimos:

Infantil de 4 e 5 anos

sabor aventura kinder 4-5

1º Primaria

sabor aventura 1º

2º Primaria

sabor aventura 2º

3º Primaria



5º Primaria

 

OBRADOIRO LÁCTEOS

Grazas ao Programa Escolar de Consumo de Leite e Productos Lácteos, estase poñendo en marcha o programa "Disfruta de Lucy e a Pandilla Láctea". 

lácteos 1

A semana pasada, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria, tivemos a oportunidade de coñecer a Lucy e a pandilla láctea, grazas á visita dunha monitora, que nos explicou a importancia de tomar leite, así como a procedencia deste produto tan cotiá nas nosas casas. 

lácteos 2

 

lacteos 2º

Ademais ensinounos algúns hábitos saudables relacionados co consumo diario do leite e dos derivados lácteos. 

lácteos 3

Se picades na vaca  Lucy podedes acceder á páxina web deste programa, onde atoparedes moitos xogos e actividades para disfrutar e aprender en familia.

vaca Lucy

Powered by Drupal - Design by artinet