Festexamos

Estreamos estación meteorolóxica

Rematamos o traballo da biblioteca, sobre Baltasar Merino e a meteoroloxía, coa actividade da visita a nosa estación meteorolóxica e o xogo das adiviñas.

 

Entre todos fomos descubrindo os aparellos da estación e a súa función. Observamos, medimos, descubrimos e aprendemos a utilizar e coidar as novas instalacións. 

 

 

 

Grazas rapaces e rapazas polo voso traballo e a seguir investigando sobre meteoroloxía!

 

Conmemoramos o Día da Paz 2018

O martes 30 de xaneiro, conmemoramos o "Dia Escolar da Paz e a non violencia 2018";cun acto sinxelo no patio, a unha, tamén quixemos sumarnos a inicitiva da asociaión "Bicos de Papel" para conmemorar o "Día do cancro infantil" que se conmemora o vindeiro 15 de febreiro.

Construímos un lazo con todo o alumnado do colexio, poñendo enriba das nosas cabezas un papel dourado, mentres cantabamos a canción "Quero verte feliz outra vez"de IMusicar.

 

A nosa estación meteorolóxica

En novembro co gallo da celebración do mes da ciencia no cole e aproveitando que este ano o Día da Ciencia en Galego estivo adicado a Baltasar Merino.

Nós, investigamos a este científico galego e descubrimos que ademais de adicarse á botánica tamén foi un gran meteorólogo.

Imitando a Baltasar Merino, fixemos un traballo de botánica catalogando ás arbores que temos no cole. E por outra banda, coñecimos os aparellos meteorolóxicos que utilizou nas súas investigacións sobre o estudo da climatoloxía.

Como este curso estamos no programa de meteoescolas, instalamos a nosa propia estación meteorolóxica.

 

Ao longo desta semana, na hora de biblioteca, visitaremos a estación meteorolóxica para coñecer os aparellos de que consta. E imitando ao noso científico galego, Baltasar Merino, faremos medicións co pluviómetro, termómetro, viraventos e anemómetro.

Ánimo meteorólogos/as, a investigar!

Se queredes, podedes botarlle unha ollada  á seguinte ligazón, donde faciamos a proposta de traballo: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrian/node/3241

 

 

Apadriñando árbores no cole

En novembro co gallo da celebración do mes da ciencia no cole e aproveitando que este ano o Día da Ciencia en Galego estivo adicado a Baltasar Merino.

Nós, investigamos a este científico galego e descubrimos que foi un botánico do século XIX. Realizou unha das obras pioneiras sobre a flora galega. O seu traballo de recolección abarca moitos concellos de Galicia e quedou rexistrado nas súas publicacións.

Imitando a Baltasar Merino, fixemos un traballo de botánica catalogando ás arbores que temos no cole. Cada aula apadriñou unha árbore e ó longo do curso vai facer o seu seguimento.

Podedes desfrutar do momento no que colgamos a etiqueta da catalogación nas árbores:

Powered by Drupal - Design by artinet